![Iago e Fernando no Dumbria-Cee da primeira volta - Foto-Marcos Rodriguez]()
Pasou a Semana Santa e volve a normalidade. Ou podemos dicir a completa normalidade porque esta fin de semana haberá máis partidos que nunca. Os dezaseisavos da Copa fan que moitos equipos teñan ata 3 partidos na fin de semana, como
o Corme ou o Soneira que terán 3 citas en 2 partidos. Outros como
o Carnota, quedan só con un partido trala súa renuncia á Copa.
Precisamente a
Final da Copa Xuvenil será unha das atraccións da fin de semana, onde cormeláns e soneiráns medirán o seu poderío.
O
Soneira, que segue na Liga esforzánsose ao máximo para non alterar a competición, terá sesión copera ante o Club do Mar o sábado ás 16:00h antes da fina xuvenil.
Na 1ª as citas son máis importantes, con xalleiros e dumbrieses xogándose todo polo ascenso a falta de 2 xornadas. O
Xallas prepara o vital encontro en Pontedeume fletando un bus e todo. E o
Dumbría buscará un Cee relaxado tralo partidazo do sábado ante o Ponteceso, sen dúbida, a eliminatoria estrella destes Dezaseisavos.
E antes de ir cas citas de MOTOR, traemos os partidos:
Preferente, xornada 39
Soneira | 01/05 - 17:00 | Flavia |
1ª Autonómica, xornada 33
Cee | 01/05 - 17:00 | Dumbría |
Zas | 01/05 - 17:00 | Perlío |
Eume | 01/05 - 17:30 | Xallas |
2ª Autonómica, xornada 33
Dumbría B | 01/05 - 17:00 | Baio |
Sofán | 01/05 - 17:00 | Vimianzo |
Muros | 01/05 - 17:00 | Porteño |
Carnota | 01/05 - 17:00 | Fisterra |
Camariñas | 01/05 - 17:00 | Esteirana |
Castriz | 01/05 - 17:00 | Malpica |
Ponteceso | 01/05 - 17:00 | San Lorenzo |
Corme | 01/05 - 19:05 | Buño |
Club do Mar | 3-0 | O Pindo |
Copa da Costa, dezaseisavos
Copa Xuvenil, Final
30/04 19:00h |
Soneira - Corme |
07/05 18:30h |
Copa de Veteranos, Volta dos Oitavos
Citas co MOTOR
QPC MOTOR ten esta fin de semana 2 citas. O primeiro será
o II Trial Trofeo de Carnota, que se disputará este 1 de maio a partir das 10:00h nas inmediacións do Pavillón Polideportivo de Lamas de Castelo.
Tamén para o domingo, estaba prantaxedo o
V Slalom de Muros, pero tivo que suspenderse. Iso si, teredes oportunidade de ver ducias de cabalos cabalgando polo sur da bisbarra coa
Xuntanza Cabalar Carnota-Muros.
Ruta BTT Terras do Xallas
Este domingo 1 de maio poderás
descubrir as Terras do Xallas coa nova Ruta BTT. A ruta percorre lugares simbólicos do termo municipal xalleiro, como o nacemento do Xallas, as fervenzas de Castriz ou Barilongo, unha mina que foi un enclave estratéxico na II Guerra Mundia.
Campionato de Pesca sen morte no Xallas
![Open de Pesca no Xallas]()
Ourras das citas é o
III Open de Pesca a Mosca por parellas Río Xallas, cita internacional de pesca sen morte. Terá lugar ao longo do venres e o sábado no Coto de Xallas-Beba, que se sitúa no tramo do río Xallas, comprendido entre o encoro da Fervenza e a desembocadura do río Beba.
Máis información
Novas relacionadas
Entrevistas QPC Deportes
Artigos relacionados
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).