A axenda deportiva desta fin de semana do 21 e 22 de abril de 2012 terá un foco de atención no Rali de Noia, no que estaremos dende QPC MOTOR. Ademais o sábado, día 21 de abril, o alcalde de Vimianzo faralle unha recepción oficial no concello ás xogadoras e á directiva do Fisober Concello de Vimianzo, como campionas da Liga Autonómica de fútbol sala.
A xornada na Preferente será unha boa oportunidade para que os nosos escaden posicións a base de favores. O Xallas poderá gañar a un Santiago que está xusto debaixo do Soneira; pola súa banda o Soneira terá un choque complicado ante O Val (7º); o Dumbría pode afundir defintivamente ao Xove mentres que o Santa COmba enfróntase ao Viveiro, que está en plena loita con Soneira, Xallas e Dumbría por evitar a zona de perigo de cascada.
A xornada ben marcada ademais polo derbi de 1ª, no que o Ponteceso necesita sumar para romper a mala racha e non ter presa neste treito final de campaña.
Na Liga da Costa, o Club do Mar-Muros é en Laracha, e dende o Clube caionés (sen Repi para o resto da tempada pola súa operación no nariz) queren agradecer ao Concello e ao equipo larachés as facilidades prestadas. O sábado xogarase tamén un O Pindo-Corcubión que pode ser a salvación definitiva dos corcubioneses. O domingo o Camariñas pode afundir ao Nantón, que terá un ollo no Malpica-Zas.
A 3ª terá o foco de atención dun importantísimo Volantes-Montelouro na loita por meterse entre os 6 primeiros.
E ollo comezan os Cuartos da Copa Xuvenil, mentres que a Liguilla Previa á Fase de Ascenso segue intensa e esta semana terá un importante Dumbría B-Cee. Ademais, en Veteranos só faltan dúas xornadas e só queda coñecer ao campión da 1ª, na que o Castriz ten todo de cara, con 2 puntos sobre o San Román e un partido menos.