Como cada venres traemos a completa axenda deportiva para a fin de semana. Estes 25 e 26 de febreiro virán cargados de fútbol, pero tamén de fútbol sala, baloncesto, balonmá...
E imos xa coa previa da fin de semana futboleira tra ollar o Parte de sancións atencuado. E comezando por un novo derbi na Preferente en Fontenla que será o partido da xornada. O Santa Comba recibe ao Dumbría nun bo partido para medir as posibilidades dos laranxas de meterse entre os 4 primeiros. Ademais o Soneira, en cadro polas lesións dos seus porteiros, ten unha final ante o Ribadeo, equipo que iguala na 15ª posición cos soneiráns. Pola súa banda, o Xallas poderá facerlle un favor aos seu veciño se vence ao Grixoa, que se atopa 5º con 4 puntos de vantaxe sobre o Santa Comba.
Na 1ª, os nosos teñen partidos máis que complicados. O Ponteceso recibirá a todo un líder sólido, o Sada, mentres que o Cee viista a cancha do 3º, o Noia.
No tocante á Liga da Costa a xornada ten un claro foco de atención no Fisterra-Camariñas do sábado. 4 puntos tan só os separan e o Fisterra que dar o asalto definitivo, cando menos á 2ª praza. O Club do Mar terá tamén un partido complicado ante un desacarado Corme. O Malpica-Sofán tamén será un partidazo, mentres que por abaixo hai varios partidos claves: Zas-Corcubión e San Lorenzo-Nantón serán vitais para os 4 equipos.
Na 3ª da Costa non hai enfrontamentos directos na parte alta. O líder, Carnota, recibe ao Muxía; o Outes visita ao Alcaián, e o Cabana fará o propio en Lira, sempre perigoso contra os de arriba.
Preferente, xornada 25
Soneira
26/02 - 16:30
Ribadeo
Grixoa
26/02 - 16:30
Xallas
Santa Comba
26/02 - 16:30
Dumbría
1ª Autonómica, xornada 24
Ponteceso
25/02 - 17:00
Sada
Noia
26/02 - 17:00
Cee
2ª Autonómica, xornada 24
Fisterra
25/02 - 17:00
Camariñas
Club do Mar
26/02 - 16:15
Corme
Esteirana
26/02 - 16:15
Baio
Dumbría B
26/02 - 16:15
O Pindo
Zas
26/02 - 16:15
Corcubión
Muros
26/02 - 16:15
Castriz
San Lorenzo
26/02 - 16:15
Nantón
Mazaricos
26/02 - 16:15
Buño
Malpica
26/02 - 17:00
Sofán
3ª Autonómica, xornada 28
Laxe
25/02 - 16:30
Xaviña
Lira
25/02 - 16:30
Cabana
Camelle
25/02 - 16:30
Atl. Pereiriña
Indep. Carballo
25/02 - 17:00
Montelouro
Soneira B
26/02 - 12:15
Volantes
Carnota
26/02 - 16:15
Muxía
Fisterra B
26/02 - 16:15
Coristanco
Cerqueda
26/02 - 16:15
Corcoesto
Alcaián
26/02 - 16:15
Outes
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 4
Sénior masculino: Despois do parón por Entroido, retómase a competición, e entramos na recta final coa necesidade de remontar posicións para salvar a categoría. O domingo a partir das 19:00
no pavillón Municipal de Cee o Oso Polar recibe a visita do Sacro Corazón de Lugo, no que será un partido crave na loita pola permanencia. O equipo lugués atópase situado en 9º posto da clasificación (o que marca a permanencia) con tan só 2 vitorias máis que o equipo de Cee. Xa que logo unha vitoria dos locais poría a parte baixa da táboa moi apertada, con todo unha derrota arruinaría practicamente as esperanzas do Oso Polar.Sénior feminino: O ES Bazarra tivo que aprazar o partido que este fin de semana ía disputar contra María Pita por un problema cos horarios.
Cadete Feminino: Xornada de descanso para as do Romar Moreira Construcións.
Infantil feminino: Partido aprazado o que enfrontaba este fin de semana ao Ferroatlántica contra o Obradoiro, o encontro disputarase o 17 de Marzo ás 16:00
no Municipal de Cee.
Infantil masculino: Os que se que terán moito traballo este fin de semana son os mozos do Ferroatlántica, que disputan o sábado ás 10 da mañá no pavillón do Ventorrillo o seu partido contra o BCA, e o domingo recuperan unha xornada perdida ao enfrontarse ao Calasancias ás 12:00
no pavillón Calasanz.
Alevíns: Os máis peques, que se desprazan a Coruña como cada sábado a xogar os seus partidos na Polideportiva Sardiñeira. O Ferroatlántica masculino faráo contra o Hijas de Jesús mentres que o cadro feminino o farán co Jesuitinas. Ambos encontros comezarán as 11:00h