Como cada venres traemos a completa axenda deportiva para a fin de semana. Estes 25 e 26 de febreiro virán cargados de fútbol, pero tamén de fútbol sala, baloncesto, balonmá...
E imos xa coa previa da fin de semana futboleira tra ollar o Parte de sancións atencuado.
E comezando por un novo derbi na Preferente en Fontenla que será o partido da xornada. O Santa Comba recibe ao Dumbría nun bo partido para medir as posibilidades dos laranxas de meterse entre os 4 primeiros. Ademais o Soneira, en cadro polas lesións dos seus porteiros, ten unha final ante o Ribadeo, equipo que iguala na 15ª posición cos soneiráns. Pola súa banda, o Xallas poderá facerlle un favor aos seu veciño se vence ao Grixoa, que se atopa 5º con 4 puntos de vantaxe sobre o Santa Comba.
Na 1ª, os nosos teñen partidos máis que complicados. O Ponteceso recibirá a todo un líder sólido, o Sada, mentres que o Cee viista a cancha do 3º, o Noia.
No tocante á Liga da Costa a xornada ten un claro foco de atención no Fisterra-Camariñas do sábado. 4 puntos tan só os separan e o Fisterra que dar o asalto definitivo, cando menos á 2ª praza. O Club do Mar terá tamén un partido complicado ante un desacarado Corme. O Malpica-Sofán tamén será un partidazo, mentres que por abaixo hai varios partidos claves: Zas-Corcubión e San Lorenzo-Nantón serán vitais para os 4 equipos.
Na 3ª da Costa non hai enfrontamentos directos na parte alta. O líder, Carnota, recibe ao Muxía; o Outes visita ao Alcaián, e o Cabana fará o propio en Lira, sempre perigoso contra os de arriba.
Preferente, xornada 25
| Soneira |  26/02 - 16:30  | Ribadeo | 
| Grixoa |  26/02 - 16:30  | Xallas  | 
| Santa Comba |  26/02 - 16:30  | Dumbría | 
1ª Autonómica, xornada 24
| Ponteceso |  25/02 - 17:00  | Sada | 
| Noia |  26/02 - 17:00  | Cee | 
2ª Autonómica, xornada 24
| Fisterra |  25/02 - 17:00  | Camariñas | 
| Club do Mar |  26/02 - 16:15  | Corme  | 
| Esteirana |  26/02 - 16:15  | Baio | 
| Dumbría B |  26/02 - 16:15  | O Pindo  | 
| Zas |  26/02 - 16:15  | Corcubión | 
| Muros |  26/02 - 16:15  | Castriz | 
| San Lorenzo |  26/02 - 16:15  | Nantón | 
| Mazaricos |  26/02 - 16:15  | Buño  | 
| Malpica |  26/02 - 17:00  | Sofán | 
3ª Autonómica, xornada 28
| Laxe |  25/02 - 16:30  | Xaviña | 
| Lira |  25/02 - 16:30  | Cabana | 
| Camelle |  25/02 - 16:30  | Atl. Pereiriña | 
| Indep. Carballo |  25/02 - 17:00  | Montelouro | 
| Soneira B |  26/02 - 12:15  | Volantes  | 
| Carnota  |  26/02 - 16:15  | Muxía  | 
| Fisterra B |  26/02 - 16:15  | Coristanco | 
| Cerqueda |  26/02 - 16:15  | Corcoesto | 
| Alcaián |  26/02 - 16:15  | Outes | 
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 4
| Camariñas  | 1-2  | Corcubión | 
| Soneira |  25/02 - 12:00  | Malpica | 
| Baio |  25/02 - 16:15  | Santa Comba | 
| Cee |  25/02 - 16:15  | Dumbría B | 
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 4
| Outes |  25/02 - 16:15  |  Coristanco | 
| Fisterra |  25/02 - 12:30  | Zas | 
| Esteirana |  25/02 - 16:15  | Dumbría | 
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 4
| Muros |  25/02 - 16:15  | Mazaricos  | 
| Cabana |  25/02 - 16:30  | Ponteceso  | 
2ª Cadete, xornada 24
| Camariñas |  25/02 - 10:00  | Cabana  | 
| Esteirana |  25/02 - 10:30  | Coristanco | 
| Fisterra |  25/02 - 10:30  | Dumbría | 
| Ponteceso |  25/02 - 10:30  | Porteño | 
| Muxía |  25/02 - 10:30  | Baio | 
| Zas |  25/02 - 10:30  | Soneira  | 
| Malpica |  25/02 - 16:00  | Santa Comba | 
| Outes |  25/02 - 18:00  | Muros | 
2ª Infantil, xornada 24
| Fisterra  | 5-0 | E.M.F. Vimianzo | 
| Dumbría |  25/02 - 11:00  | Baio | 
| Coristanco |  26/02 - 10:30  | Cabana  | 
| Esteirana |  26/02 - 10:30  | Ponteceso | 
| Con. de Carnota |  26/02 - 10:30  | Outes  | 
| Corme |  26/02 - 10:30  | Muxía  | 
| As Baleas |  26/02 - 10:30  | E.D. Os Miudos | 
Ligas de Veteranos, xornada 22
1ª División
| Buño |  26/02 - 10:00  | Castriz | 
| Bértoa |  26/02 - 10:00  | Baio | 
| Cabana |  26/02 - 11:00  | Bergantiños | 
| Nantón |  26/02 - 11:00  | Vimianzo | 
| Zas |  26/02 - 11:00  | Bergantiños | 
| Ponteceso |  26/02 - 11:00  | Corcubión | 
| San Román |  26/02 - 12:00  | Camariñas | 
2ª División
| Porteño |  25/02 - 18:15  | Sofán | 
| Soneira |  26/02 - 11:00  | Corme  | 
| Malpica |  26/02 - 11:00  | Leiloio | 
| Agualada |  26/02 - 11:00  | Dep. Carballo | 
| Camelle |  26/02 - 11:00  | At. Milagrosa | 
| Muros |  26/02 - 11:00  | Corcoesto | 
| Cerqueda |  26/02 - 12:00  | Coristanco | 
- Liga Autonómica: - Fisober F.S.F. - C.D.M. Bembrive: sábado 25 ás 16:00h en Vimianzo.
  - Liga Provincial:
 - Concello de Ponteceso F.S.F. - Manureva Tall. Mundo: sábado 25/02/2012 ás 19:00  | no Municipal de Ponteceso.   - C.D. Mabegondo - A Salina de Esteiro: sábado |  25/02/2012 ás 20:00  | no Pabellon de San Marcos.
- S.A.R. PLASTIC OMNIUM - BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA: sábado
 
  |  25/02/2012 ás 18:30h no P. MPAL. DEPORTES DE REDONDELA.
- PARAXE CONSTRUCCIONES - CALVO XIRIA: sábado
  |  25/02/2012 ás 18:30h no P. MPAL. DE CHAPELA.
- Sénior masculino:  Despois do parón por Entroido, retómase a competición, e entramos na recta final coa necesidade de remontar posicións para salvar a categoría. 
 O domingo a partir das 19:00  
  | no pavillón Municipal de Cee o Oso Polar recibe a visita do Sacro Corazón de Lugo, no que será un partido crave na loita pola permanencia. O equipo lugués atópase situado en 9º posto da clasificación (o que marca a permanencia) con tan só 2 vitorias máis que o equipo de Cee. Xa que logo unha vitoria dos locais poría a parte baixa da táboa moi apertada, con todo unha derrota arruinaría practicamente as esperanzas do Oso Polar.Sénior feminino: O ES Bazarra tivo que aprazar o partido que este fin de semana ía disputar contra María Pita por un problema cos horarios.
- Cadete Feminino: Xornada de descanso para as do Romar Moreira Construcións.
 - Infantil feminino: Partido aprazado o que enfrontaba este fin de semana ao Ferroatlántica contra o Obradoiro, o encontro disputarase o 17 de Marzo ás 16:00 
  | no Municipal de Cee.
- Infantil masculino: Os que se que terán moito traballo este fin de semana son os mozos do Ferroatlántica, que disputan o sábado ás 10 da mañá no pavillón do Ventorrillo o seu partido contra o BCA, e o domingo recuperan unha xornada perdida ao enfrontarse ao Calasancias ás 12:00 
  | no pavillón Calasanz.
- Alevíns: Os máis peques, que se desprazan a Coruña como cada sábado a xogar os seus partidos na Polideportiva Sardiñeira. O Ferroatlántica masculino faráo contra o Hijas de Jesús mentres que o cadro feminino o farán co Jesuitinas. Ambos encontros comezarán as 11:00h
 
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
 
                
                              
                                          
                
               
            
          
        
        
      
    
  
  
  
  
         
      
      
    
    
  
    
   
  
  
    
     
      
 
  |