Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Non descansa o Fisober

Non descansa o Fisober

O Fisober conseguiu tres puntos importatantes a costa dun combativo Sada, que lle permiten seguir líder una semana máis na Liga Autonómica. Iso si, a próxima semana o Fisober recibirá o Bembrive pontevedrés e na que o choque máis salientable será o Mos vs Marcon, 2º e 3º clasificados a tres puntos do Fisober.

Pola súa banda en Provincial, o filial do Fisober posiblemente xogou o peor partido da tempada e en dez minutos xa dilapidara boa parte das opcións no partido ante o Fame Negra, no día que Eva Lago voltaba a Vimianzo.
Con todo o partido quedou nun segundo plano despois da lesión da capitana local María que tivo que ser trasladada o Hospital, aínda que todo en principio todo quedou nun susto.

Igualmente as xalleiras do Viaxes Amarelle B venceron con rotundidade ao Concello de Ponteceso FSF por 10-0.

Liga Autonómica

  • Resultado: PERLA SADA - FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO“ (2-5)
  • FISOBER: Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca; Tamén xogaron: Myrella, Noelia, Eva e Alba.
  • Goles: 0-1 Ana, 0-2 Barca, 0-3 Patri (Descanso), 0-4 Patri, 1-4 Susana, 1-5 Alba, 2-5 Rita.

As xogadoras vimiancesas realizaron una espectacular primeira parte con gran movilidad e toque conseguindo tres auténticos golazos nos que chegaron a combinar todas as xogadoras de pista.

Xa na segunda parte as xogadoras do Sada intentaron acortar distancias, pero o bo facer defensivo das visitantes impediano una e outra vez, saindo en rápidos contraataques, nunha desas contras Patri anotaba o 0-4, Susana acortaba distancias rematando a placer una asistencia de Laly, xogadora máis perigosa do Sada, pero noutra contra desta vez era Alba a que colocaba o 1-5 no marcador, xa no derradeiro minuto a Rita conseguiría o definitivo 2-5.

Liga Provincial

  • Resultado: FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO“ - FAME NEGRA (3-6)
  • FISOBER B: Catti, Iria, María, Inés e Laura; tamén xogaron: Mónica, Myrella, Noelia, Loly, Natalia e María Maroñas.
  • Goles: 0-1 Jessica, 0-2 María Corrochano, 0-3 María Corrochano, 0-4 María Corrochano, 1-4 Noelia, (descanso), 2-4 Myrella, 2-5 María E., 3-5 Noelia,3-6 María Corrochano.

En 10 minutos botaron por terra o partido as xogadores do filial do Fisober. Se na primeira volta fora Jessica a que fora o terror das da Costa desta vez foi María Corrochano a que lle fixo catro goles. Xa aos tres minutos unha perdida foi aproveitada por Jessica para adiantar as visitantes. E os seis despois dun saque de esquina María Corrochano facía o segundo. Case sen tempo para respirar as visitantes dispuñan de dous tiros o pau casi consecutivos.

E aos nove minutos de novo María Corrochano facía o terceiro. E a mesma xogadora o cuarto de novo despois dun saque de esquina os doce minutos, ante un filial totalmente irrecoñecible.

Parece que a partir deste momento as locais empezaron a sacarse a tensión que parecían ter encima e unido a relaxación visitante pois as ocasións comenzaron a chegar. O partido volveuse moito máis aberto con ocasións para os dous lados pero máis perigosas para as locais.
Así aos quince minutos foi Noelia a que reduxo diferenzas. As locais continuaron apretando e Myrella, Inés, Noelia e María poñían en serios apretos a meta visitante. Para estas as visitantes xa daban moitos minutos a xoven Antía que mostrou moi boas maneiras. Antes do tempo de lecer Noelia gozou dun lanzamento o pau.

A segunda metade seguiu a liña coa que rematou a primeira, ida e volta e ocasións para os dous bandos pero preferentemente locais. Aos catro minutos da reanudación Myrella acurtou distanzas e fixo creer as súas. Estes foron os mellores minutos locais, pero máis por ocasións e xogadas individuais que por xogo.
As ocasións ianse errando unha tras outra polo bando local e as visitantes respostaban con algunha perigosa contra, pero o terceiro non chegaba e a renda seguía a ser suficiente.
Ata que a doce para o fin María aproveitaba uns rexeites para facer o dous a cinco, que foi a lousa final para as locais.

Pero o peor chegou pouco despois cando nun balón dividido un choque entre as dúas capitanas rematou cas dúas no chan doendose. Todo facía pensar que fora a visitante a que levara a peor parte pero non foi así.
A local María tiña un forte golpe nun xeonllo o cal non podía mover e tivo que ser trasladada o Hospital da Rosaleda en Santiago, pero finalmente parece que a lesión é menos grave do que aparentaba nun primeiro momento.

Despois desta noticia o partido perdeu totalmente o interese e solo cabe destacar o tres a cinco por parte da local Noelia e o sexto das visitantes de novo a cargo de María Corrochano.

Vindeira cita

  • Liga Autonómica: - Fisober F.S.F. - C.D.M. Bembrive: sábado 25 ás 16:00h en Vimianzo.
  • Liga Provincial:
    - Concello de Ponteceso F.S.F. - Manureva Tall. Mundo: sábado 25/02/2012 ás 19:00 no Municipal de Ponteceso.
    - C.D. Mabegondo - A Salina de Esteiro: sábado 25/02/2012 ás 20:00 no Pabellon de San Marcos.

Máis información

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba..

Comentarios