Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A canteira suaviza as derrotas do Oso Polar e do ES Bazarra

A canteira suaviza as derrotas do Oso Polar e do ES Bazarra

Doble derrota dos equipos sénior do ACB Costa da Morte. Pero a imaxe foi bastante positiva e quedan, dentro de dúas semanas, dous encontros fundamentais.

As boas novas caeron esta fin de semana da man da canteira pois cadetes, infantís e alevíns sumaron vitorias.

Sénior masculino

  • Resultado: OSO POLAR - CBA (44-68).
  • Parciais: 7-36; 15-13; 12-14; 10-5.
  • OSO POLAR: Pais (18), Manu, Santi (7), Iván (2), José Ramón (6); Tamén: Andrés (4), José (1), Fabián, Rober (6).

Partido disputado no Municipal de Cee ante un centenar de afeccionados. O partido quedou marcado desde o inicio cunha saída increible por parte do equipo visitante, que cun acerto fóra do normal, arroiou ao equipo de Cee. Apoiados no seu beirado Pernas (anotou 19 puntos neste cuarto, con 5 de 5 en triplos para un total de 30 puntos e 6 triplos) dominaron a pracer este período ante a pasividade da defensa do Oso Polar. Tamén hai que destacar que se notou en exceso a baixa de última hora de David, por enfermidade.

Cun marcador de 7-36, o partido quedaba sentenciado, con todo a malleira podía ser histórica. Pero non foi así, o conxunto local sacou o orgullo, e pensou que podía utilizar o partido para preparar os seguintes compromisos que se aveciñan, no que será os partidos craves da tempada.
Así os seguintes parciais falan ben ás claras de que se podía facer algo máis cunha saída máis concentrada (15-13, 12-14 e 10-5).

Vindeira cita

A próxima fin de semana non hai competición polos entroidos, e a fin de semana do 26 comeza unha serie de partidos craves para conseguir a permanencia na categoría, o domingo ás 19:00 no Municipal de Cee reciben a visita do Sacro Corazón, antepenúltimo clasificado.

Sénior Feminino

  • Resultado: ES BAZARRA - MARISTAS CUBICAJE (31-58).
  • Parciais: 7-21, 12-13, 6-7, 6-17
  • ES BAZARRA: Melisa (8), Sandra (10), Laura (2), Lucía, Helena; Alba (8), Andrea (1), Goretti (2).
Do mesmo xeito que o partido do senior masculino todo complicouse desde o inicio, con moitos problemas en defensa para parar o ataque coruñés. A partir do segundo cuarto todo cambiou, e chegouse a estar cerca no marcador, pero ao final o pouco acerto en ataque, que as vén acompañando toda a tempada, condenounas a unha nova derrota.

Vindeira cita

Do mesmo xeito que o resto de ligas, a senior feminina tamén para a semana que vén, para o fin de semana do 26 recibirán a visita da área 10 lucense.

Cadete Feminino

  • Resultado: OBRADOIRO - ROMAR MOREIRA CONSTRUCIÓNS (22-59).

Mal partido o xogado polas xogadoras ceenses, no que se cometiron numerosos erros en canastras fáciles, como consecuencia dos malos adestramentos que veñen levando a cabo... Menos mal, que a defensa segue funcionando e conseguiuse deixar ao equipo local en 22 puntos, que se non tocaría sufrir igual que ante o Artai.
Ademais xogouse un terceiro cuarto irresistible cun parcial de 22-6 que sentenciou o partido.

Infantil feminino

  • Resultado: FERROATLÁNTICA - CB LARACHA (69-23).

Bo partido o xogado polo infantil feminino, ante o cuarto clasificado do a competición. Durante moitas fases do partido impúxose o xogo de forte defensa e rápidos contraataques do equipo local, que con todo volveu fallar demasiadas situacións de 1x0.

Infantil masculino

  • Resultado: FERROATLÁNTICA PRECIOSPORT.COM ADFRO (64-45).

Partido con moitas alternativas no xogo, aínda que sempre dominado polo equipo local. A saída do descanso con 32-15, trouxo un pouco de relaxación ao Ferroatlántica que permitiu que o equipo visitante se metese de novo no partido, e se colocase tan só a 5 puntos. Pero a saída de Adri á pista cambiouno todo, con 2 accións individuais consecutivas devolveu a tranquilidade ao equipo ceense que xa non parou de aumentar as diferenzas ata o final do encontro.
Destacar a actuación de Nando, que con 28 puntos foi o máximo anotador do encontro.

Alevín

O Ferroatlántica alevín masculino disputou un duro encontro contra o Compañía de María, cun inicio titubeante... Con todo aos poucos foron axustando a defensa e puideron saír con bos contraataques para alzarse finalmente coa vitoria.

Peor sorte correu o alevín feminino, que noutro partido cheo de loita non conseguiu finalmente a súa primeira vitoria, a pesar de que o encontro empezou de forma esperanzadora para as mozas ceenses, con marcadores moi axustados nos 2 primeiros cuartos, pero aos poucos o EP Bazán foi tomando diferenzas no marcador ata o 56-33 final.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Oso Polar.

Comentarios