Pero nós ao noso, que hoxe toca repasar a Previa da fin de semana, iso si, xa coa APP do Fútbol da Costa" instalada tamén no iPhone para seguir o carrusel tecnolóxico da fin de semana. Non sen antes, ver os sancionados, entres os que compre destacar a sangría da Copa:
Sancionados
Preferente
José De la Sierra (Soneira).
David Castiñeiras Becerra (XSC).
Alfonso Rúa (XSC).
1ª Autonómica
Óscar Moscoso (Ponteceso).
Ismael Calvo (Malpica).
Berto Suárez (Adestrador Camariñas).
Aperc. 1ª: - Martín Tajes (Camariñas).
2ª Autonómica
ALejandro Velo (San Lorenzo).
José Cotelo Rey (San Lorenzo).
Alberto Baña (Del. Porteño).
Iago Fuentes (Volantes).
Brais Sendón (Volantes).
Mané Lado (Fisterra).
David Dourado (Buño).
Elías Suárez (Buño).
Aperc. 2ª: - Mario Vázquez (Camelle). - Carlos Tajes (Camelle). - Gabriel Lado (Muros). - Juan Martínez Santos (Corme). - Martín Caamaño (Mazaricos). - Antonio Lestón (Carnota). - Manuel Luís Lago Díaz (Carnota). - Jesús Dominguez (Corcubión). - Iván Rojo (Sofán). - Santi López Insua (Fisterra).
Copa da Costa
Felix Roget (Castrelo - 2 partidos).
Luis A Ures (Corcoesto).
Martín Castro (Corcoesto - 5 partidos.
Martín Paredes (Laxe).
Manuel Reigía Pose (Laxe - 2 partidos).
Miguel Rodríguez (Seaia - 7 partidos).
Xuvenís
A Federación dá por gañado ao Dumbría o choque que fora aprazado na xornada 12 ante o Lira, por 3-0, por non ter presentado o Lira os xustificantes médicos.
Rafael Piñeiro (Esteirana).
José Carreira (Mazaricos).
Daniel Gundín (Malpica).
Aperc. Xuv. - Isaac Torrado (Corme. - David Fariña (Baio).
Previa da xornada
E arrincamos pola Preferente, onde o máis necesitado, un Soneira pechacancelas, terá o partido máis complicado recibindo ao 4º clasificado, o Sada. Ademais, o XSC quere romper a mala liña ante un Mugardos empatado a puntos, mentres que o Dumbría quere confirmar que vai a por todas vencendo ao Narón, facéndolle así un favor ao Soneira, pois o cadro ferrolán está penúltimo.
Partidos complicados para os nosos na 1ª Autonómica. Os necesitados Ponteceso e Camariñas non o terán fácil ante Bertamiráns B e Villestro, 6º e 4º respectivamente. O que pode facerlles un pequeno favor é a Esteirana se vence ao Cordeiro, penúltimo. Mentres o Malpica pode seguir sumando ante o Puebal, e o Baio ten unha complicada saída ao campo do 3º da táboa, o Agolada.
Dous partidazos sobresaen na xornada da 2ª Autonómica. O Sofán-Fisterra, que pode meter de novo ao Fisterra na loita, e o Castriz-Cee, que pode ser o último tren para os xalleiros.
Ademais, volve a 3ª Autonómica tralo longo parón de Nadal, e cun partido xa disputado, que deixa ao Montelouro 2 por abaixo do Baíñas e ao Seaia a só 3 do cadro vimiancés. Un líder que terá unha complicada saída ante un Nantón que viña a máis.
Non haberá enfrontamentos directos no Gr.3 da Lis Xuvenil, mentres que no Gr.4 o Ponteceso terá a última ocasión de meterse na loita ante o Malpica, igual que lle pasa ao Coristanco ante o Cabana, a falta de 4 xornadas para o final.
Haberá mañá sabatina de fútbol no Conco, cos da Liga Galega Infantil ás 10:00h e os da División de Honra Cadete ás 12:00h. Unha boa ocasión para ver o mellor fútbol base do país.