Martes. 10.09.2024
El tiempo

Axenda futboleira dunha fin de semana espectacular

Axenda futboleira dunha fin de semana espectacular
Imaxe dunha semifinal de Copa da Costa de Veteranos-Foto-Comite

Preséntase espectacular a fin de semana deportiva na fin de semana. E non só polo tempo, se non pola emoción, pola tensión que se vivirá en todas as competicións. Chegamos ás semis das Copa da Costa de modestos e Veteranos, o Sofán (agora explicamos a extrana situación…) xógase medio ascenso; Dumbría Xuvenil e Cee Infantil nas semis da Fase de Ascenso, e por se fóra pouco, a última xornada nas Ligas Biberóns Norte que determinarán os finalistas da Copa.

Copas da Costa

Imos por partes, e comezamos cunha Copa da Costa que nos deixa un doble derbi para as Semifinais. O Castriz busca sorprender aos seus veciños do XSC, mentres que polo Sur o Cee intentará facer o mesmo ante un Dumbría favorito.

Temos tamén unha intensa Copa Veteranos despois das sorpresas da ida.

Escándalo na Fase de Ascenso á 1ª

Atención aparte merece o caso do Sofán, que xa denunciou un escándalo na Promoción, que se confirmaba onte no parte. Así, a Federación, que aseguraba no seu día á SD que non habería problemas, estima as alegacións de aliñación indebida de Rubén, que fichou fóra de prazo a pesar de que o cadro carballés preguntase iso exactamente na Federación. O partido da semana pasada que remataba en empate a 2 queda 3-0 para un Val do Ulla que suma 9 puntos con 2 partidos gañados nos despachos. O cadro sofanista ten que gañar esta fin de semana en Sálvora e facer do Carral un fervedoiro a vindeira semana, pois necesitará alomenos un 3-0.

O cadro sofanista xa publicou un duro comunivado sobre o asunto, que podedes ver aquí.

Fases de ascenso base

Dous equipos nos quedan en liza, logo do ascenso do XSC Cadete. O Dumbría Xuvenil comeza en Viveiro estas semifinais e o Cee o fai na casa o domingo pola mañá ante o Rayo Sadense.

E ollo, que o Dumbría infantil xógase a permanencia en Oroso na Liga Galega, un choque trascendental contra un rival directo, ante o que vale o empate.

Final de Liga dos Biberóns Norte

E esta fin de semana decídense as Ligas Benxamín e Alevín Norte que determinarán ademais os finalistas na I Copa dos Biberóns.

Copa da Costa, Ida das Semifinais


Fase de Ascenso á 1ª Autonómica


Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

14/06 - 18:00Viveiro - Dumbría-
Comentarios