Marcada pola Romaría da Virxe da Barca e polas Festas da Barquiña (non analizaremos algunha que outra sospeitosa expulsión da xornada pasada…) chega esta nova fin de semana de Fútbol da Costa. I é que houbo moitos partidos que se adiantaron ou que directamente se aprazaron. Unha fin de semana na que arrincan as categorías base, de infantís e cadetes, que seguiremos con especial atención esta campaña; e os Veteranos. Unha fin de semana, ca APP a pleno rendemento.
Comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, onde os nosos queren seguir sumando e terán a ocasión de facelo na casa. O Dumbría recibe ao Arteixo, partido moi complicado, mentres que o XSC recibe ao Val, cunha ocasión de manter Fontenla invito.
O parttdo da xornada será o primeiro derbi da temporada na nosos na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. A Esteirana recibe a un Sofán que arrincaba con vitoria e que de seguro protagonizará un gran choque no Xosé Luís Vara. Polo demais, choques complicados pero factibles para Corme e Malpica en Amio e Piloño (ollo á hora dos cormeláns, que terán que espertar cedo da noite sabatina da Barquiña); o Soneira recibe ao Sigüeiro e o Baio visita o sempre difícil campo de Villestro.
Xa na 2ª Autonómica - ES Bazarra teremos bos partidos. Xa onte tivemos o Porteño-Ponteceso adiantado por motivos festexeiros, e para o sábado teremos un par de partidos con sabor camariñán.
Partidos bonitos na segunda xornada na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueracomo o Coristanco-Corcubión, o Lira-Laxe, o Cerqueda-Ameixenda ou o case derbi Nantón-Castrelo.
Xa en Xuvenís, no Liga Xuvenil Sur - MáisDeporte, Gr.2 o Outes terá outra semana sen partidos pola Barca, aprazando o choque co Muxía. Poderemos ver, iso si, se Dumbría e XSC seguen tan fortes como avisaban na primeira xornada, pero terán que vencer lonxe da casa en Cee e Muros respectivamente. Tamén na Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte as festas trastocaron a xornada e xa se xogaron un par de choques, entre eles o derbi camariñán.