Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente

Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente
Senra Sport patrocina a Copa da Costa 2013 Na tarde de hoxe o Dumbria desprazabase a un campo compricado como é o do Sada, un Dumbría que non sería capaz de traer nada bó devolta a terras dumbriesas, mentras tanto o Xallas de Santa Comba recibía a un Viveiro que chegaba con gañas de facer dano os homes de Ruben Comendez, pero os Xalleiros da man de un Doro que segue tendo os tres paus entre cella e cella, aniquilaría os de Viveiro coma se nada. SADA - DUMBRIA (4-1)
  • Dumbria: David, José, Aarón López, Kevin, Tantán, Cote, Diego Cespón, Rivi, Luisito, Mackaay e Nieto. Tamen xogaron: David Carreira, Javi, Alcaina e Moreno.
  • Goles: 1-0; 2-0; 2-1 Cote; 3-1; 4-1.
O Dumbría chegaba a Sada ca intención de certificar o boísimo encontro que realizaba na primeira xornada, pero as cousas serían moi distintas, xa que sairía goleado e non podería sumar 3 puntos mais a pesar do bó encontro realizado polos homes de Canosa. O encontro comezaría con un Sada moi superior dominando todas as facetas do partido, o primeiro gol chegaria tras un erro da defensa Dumbriesa, a pouco que chegar o final da primeira metade o Sada volvería perforala meta de David tras un saque de falta moi rapido. Con un 2-0 chegaríase o descanso. Tras reanudalo xogo na segunda metade o Dumbría viríase arriba e conseguiría facer os mellores minutos de todo o encontro, e nestes minutos sería onde Cote acurtaría distancias e poría un 2-1 moi alentador, minutos mais tarde tivo o empate o Dumbría pero non foi quen de conseguilo e pouco despois unha contra ben levada polo Sada acabaría nun penalti moi riguroso que transformarían os locais poñendo así o encontro moi costa arriba a falta de 15 minutos para o remate do encontro. Tras este gol o Dumbría iríase arriba a por todo e nunha contra os locais matarían o partido deixando o resultado final nun contundente 4-1 para os de Sada. XSC - Viveiro (3-0)
  • XSC: Julian, Ruben Forján, Dario (Cristian, min.89), Aaron Fernandez, Alberto, Jota, Doro (Marcos,min.75), Cesar (Kevin,min.81), Pablo Baña, Jesús, Arnejo (Choco,min.87).
  • Goles: 1-0, min.47: Doro; 2-0, min.53: Doro; 3-0, min.89: Marquiños.
O plantel Xalleiro comeza a súa tempada na casa con unha contundente victoria que se quedou curta tralas infinitas ocasións das que dispuxo o cadro Xalleiro para aumentar a súa conta, ocasións nas botas de Doro, Jesús e Kevin. Daba comezo o encontro en Fontenla con un Xallas moi volcado e con gañas de agradar a súa pouca afeción, unha afeción que xa a tempada pasada non acompañou nada o clube e esta nova tempada vai polo mesmo rumbo se non se remedia de aquí en diante. Os xogadores de Ruben Comendez viñan ca lección ben aprendida e xa dende o inicio do encontro víase que os Xalleiros querían os seus tres primeiros puntos, pero os goles non chegarían ata a segunda metade, ainda que nesta primeira parte do encontro o meta local Julian tivo dúas intervencións espectaculares que evitaron o gol visitante. O primeiro gol chegaría da man de Doro tras unha grandisima xogada pola banda entre Aaron, Pablo e Arnejo que centraría o balón para que Doro solo a tivese que empurrar o fondo da rede. O 2-0 chegaría tras un erro garrafal do meta visitante que lle entregaría o balón nos pés a Doro para que fixera o seu segundo gol na súa conta particular. O Viveiro non era capaz de aguntar das embestidas dos Xalleiros que unha e outra vez chegaban con moita claridade a meta visitante. O 3-0 chegaría das botas do xovencisimo e habilidoso xogador xalleiro, un Marquiños que convertiría o seu primeiro gol desta tempada tras un rechace dentro da área do Viveiro. Con este marcador chegaríase o final do encontro e o Xallas de Santa Comba sumaría os seus 3 primeiros puntos.

Máis información

Descarga a APP “Fútbol da Costa”

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios