Marcada pola Romaría da Virxe da Barca e polas Festas da Barquiña (non analizaremos algunha que outra sospeitosa expulsión da xornada pasada…) chega esta nova fin de semana de Fútbol da Costa. I é que houbo moitos partidos que se adiantaron ou que directamente se aprazaron.
Unha fin de semana na que arrincan as categorías base, de infantís e cadetes, que seguiremos con especial atención esta campaña; e os Veteranos. Unha fin de semana, ca APP a pleno rendemento.
Comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, onde os nosos queren seguir sumando e terán a ocasión de facelo na casa. O Dumbría recibe ao Arteixo, partido moi complicado, mentres que o XSC recibe ao Val, cunha ocasión de manter Fontenla invito.
O parttdo da xornada será o primeiro derbi da temporada na nosos na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. A Esteirana recibe a un Sofán que arrincaba con vitoria e que de seguro protagonizará un gran choque no Xosé Luís Vara. Polo demais, choques complicados pero factibles para Corme e Malpica en Amio e Piloño (ollo á hora dos cormeláns, que terán que espertar cedo da noite sabatina da Barquiña); o Soneira recibe ao Sigüeiro e o Baio visita o sempre difícil campo de Villestro.
Xa na 2ª Autonómica - ES Bazarra teremos bos partidos. Xa onte tivemos o Porteño-Ponteceso adiantado por motivos festexeiros, e para o sábado teremos un par de partidos con sabor camariñán.
Partidos bonitos na segunda xornada na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueracomo o Coristanco-Corcubión, o Lira-Laxe, o Cerqueda-Ameixenda ou o case derbi Nantón-Castrelo.
Xa en Xuvenís, no Liga Xuvenil Sur - MáisDeporte, Gr.2 o Outes terá outra semana sen partidos pola Barca, aprazando o choque co Muxía. Poderemos ver, iso si, se Dumbría e XSC seguen tan fortes como avisaban na primeira xornada, pero terán que vencer lonxe da casa en Cee e Muros respectivamente.
Tamén na Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte as festas trastocaron a xornada e xa se xogaron un par de choques, entre eles o derbi camariñán.
Arrincan as categorías Base
E este ano faremos especial atención aos 3 equipos que compiten en categorías Autonómicas, gracias ao patrocinio de Aluminios Dumbría. Aí estaremos co Dumbría da División de Honra Cadete, que arrinca cun premio, o Dépor no Conco; o XSC da Liga Galega Cadete; e o Dumbría da Liga Galega Infantil.
Pero ademais arrincan tamén as 1ª Cadete e a 1ª Infantil, con máis de 600 rapaces en liza.
E os Veteranos volven á Liga
Comezan tamén as Ligas de Veteranos, cunha 1ª División con varios favoritos, que conta para esta primeira xornada con varios choques aprazados, e unha 2ª División con novidades.
| Dumbría | 14/09 - 18:00 | Arteixo |
| Xallas StComba | 14/09 - 19:00 | O Val |
| Piloño | 13/09 - 16:30 | Malpica |
| Amio | 14/09 - 12:00 | Corme |
| Soneira | 14/09 - 17:00 | Sigüeiro |
| Villestro | 14/09 - 17:00 | Baio |
| Esteirana | 14/09 - 18:00 | Sofán |
| Porteño | 12/09 - 21:30 | Ponteceso |
| Cabana | 13/09 - 17:00 | Camariñas |
| Camelle | 13/09 - 17:00 | Baíñas |
| Montelouro | 14/09 - 17:00 | Buño |
| San Lorenzo | 14/09 - 17:00 | Outes |
| Seaia | 14/09 - 18:00 | Mazaricos |
| Fisterra | 14/09 - 18:00 | Volantes |
| Cee | 14/09 - 18:30 | Castriz |
| Zas | 14/09 - 18:30 | Carnota |
| Coristanco | 13/09 - 19:00 | Corcubión |
| Lira | 14/09 - 17:00 | Laxe |
| Nantón | 14/09 - 17:00 | Castrelo |
| Cerqueda | 14/09 - 17:00 | Ameixenda |
| Os Miúdos | 13/09 - 17:00 | Xallas StComba |
| Esteirana | 13/09 - 17:00 | Fisterra |
| Corcubión | 13/09 - 17:00 | Castriz |
| Cee | 13/09 - 18:30 | Dumbría |
| Camariñas | 2-3 | Porteño |
| Cabana | 5-1 | Baio |
| Zas | 3-4 | Corme |
| Laxe | 0-1 | Malpica |
| Coristanco | 13/09 - 16:30 | Ponteceso |
| Dumbría | 13/09 - 16:30 | Deportivo |
| Orillamar | 13/09 - 12:00 | XSC |
| Conxo | 13/09 - 12:00 | Dumbría |
| Esteirana | 13/09 - 10:30 | Corme |
| Coristanco | 13/09 - 10:30 | As Baleas |
| Fisterra | 13/09 - 10:30 | Muxía |
| Outes | 13/09 - 10:30 | Cee |
| Ponteceso | 13/09 - 16:00 | Os Miudos |
| Baio | 14/09 - 10:30 | Cabana |
| Corcubión | 14/09 - 11:00 | Sofán |
- Fisterra - Muxía Aprazado.
| Esteirana | 13/09 - 12:00 | Ponteceso |
| Cee 1 | 3/09 - 16:30 | Os Miudos |
| Sofán | 13/09 - 18:00 | Xallas StComba |
| Corme | 14/09 - 10:30 | Fisterra |
| Outes | 14/09 - 10:30 | Coristanco |
| Cabana | 14/09 - 10:30 | Zas |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 1
| Coristanco | 14/09 - 10:00 | Dumbría |
| Castriz | 14/09 - 11:00 | Hosgran |
| Bergantiños | 14/09 - 11:00 | Laxe |
| Ponteceso | 14/09 - 11:00 | Muros |
| San Lorenzo | 14/09 - 11:00 | At. Milagrosa |
| Zas | 14/09 - 11:00 | Soneira |
- Baio-San Román e Bértoa-Cabana apraz.
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 1
| Dep. Carballo | 14/09 - 10:00 | Corcoesto |
| Porteño | 14/09 - 10:00 | Malpica |
| Erbecedo | 14/09 - 11:00 | Camariñas |
| San Isidro-Razo | 14/09 - 11:00 | Sofán |
| Buño | 14/09 - 11:00 | Cerqueda |
| Agualada | 14/09 - 11:00 | Poniente |
| Leiloio | 14/09 - 11:00 | Nantón |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).