Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Arrincaron dúas Ligas con moitas diferencias

Xuvenís: Arrincaron dúas Ligas con moitas diferencias
Choque xuvenil entre Ponteceso e Laxe-Foto-Ponteceso SD

Arrincou a temporada do Fútbol da Costa tamén na categoría Xuvenil, outro ano máis patrocinada por Máis Deporte, a túa deportiva en Cee.

Unha temporada que polo de pronto parece que estará marcada polas diferencias entre uns e outros. Vemos varias goleadas severas no Sur, onde parece que XSC e Dumbría xogarán a outra cousa. Polo Norte houbo tamén grandes goleadas pero pode ser por coller despistados a algúns como Baio ou Malpica.

Comezamos a primeira análise da temporada, nunhas crónicas de Xuvenís que, coma sempre, chegarán a QPC nas tardes dos martes. Unha primeira nota que serve para coñecer mellor o estado dos equipos, os novos adestradores…

Animamos, iso si, a que nos enviedes fotos dos partidos a [email protected] ou por whatsap ao 637704893, para poder chegarmos a todos os campos posibles.

Ah, e atentos a www.futboldacosta.com porque hai varios choques da vindeira semana que se adiantan por mor da Barca e da Barquiña.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Liga Xuvenil Sur - MáisDeporte, Gr.2

Goleadas tremendas de Dumbría e XSC para arrincar o curso e deixar claro que este ano van a por todas. Os xalleiros batiron ao Cee por 9, mentres os dumbrieses endosaron 20 ao novato Corcubión. Ademais, Os Miúdos e Esteirana (oolo a esta Esteirana que son herdeiros dunha gran fornada que hai dous anos estiveron a piques de ascender á Liga Galega Cadete) comezaron con vitoria ante Fisterra e un Muxía que volve á categoría, e cun Castriz que prefería quedar no Norte. Precisamente o Castriz non puido estrear Grupo (este ano Gr.2), pois o choque contra o Outes tiña que ser aprazado tralo falecemento da nai dun xogador da Serra, César, ao que lle enviamos dende aquí unha fondísima aperta.

Xallas StComba - Cee (9-0)

  • XSC: Álvaro, Pérez (Pablo, min.58), Xoe, Rubén, Carlos, Adrián, Sergio, Isma (Oreiro, min.61), Anxo (Torres, min.65), Tefi e Fabián (Manu, min.58).
  • CEE: Maikel, Marco, Tivi, Borja, Senlle, Nanón, Xabier, Yago, Pablo, Alexis e Chema. Tamén xogaron: Abel (porteiro cadete), Álex, Brais, Jicho e Iván.
  • Goles: 1-0: Adrián; 2-0: Anxo; 3-0: Anxo; (descanso); 4-0: Anxo; 5-0: Adrián; 6-0: Sergio; 7-0: Tefi; 8-0: Pablo; 9-0: Pablo.

Pouco que contar dun choque dominado polo equipo dirixido este ano por Santi Casal. Un Santi que colle o relevo de Rafa Suárez (hoxe adestrador do Cee dos maiores), con varios xogadores que o ano pasado conseguiron o ascenso á Liga Galega Cadete. Así e todo, e malia que os propios ceenses comprobaron que hai varios xogadores doutra categoría, Santi Casal non se molla e asegura que o equipo ten que ir partido a partido.
Pola súa banda, este ano, con José Carlos na presidencia, serán os xogadores dos modestos Angeliño e Penedo os que leven o mando dos xuvenís ceenses, esta temporada con moitos de primeiro ano e mermado polas fichaxes do Dumbría. Os ceenses aguantaron o primeiro cuarto de hora, pero lesionabase o meta e non puideron aguantar as embestidas.

Fisterra - Os Miudos (1-5)

  • FISTERRA: Aarón, Fabián, Juanfran (David, min.50), Breixo, Senra, Gabi, Gabi Anchoa, Dani, Asier (Efrén, min.85), Andrés e Xosé (Iván, min.70).
  • OS MIÚDOS: Yeray, Álvaro, Eloy, Cristian, Juanchi, Miguel, Manu, Tajes, Airan, Piki e Samuel. Tamén xogaron: Ángel, Mau, Martínez, Lice e Jorge.
  • Goles: Gabi Anchoa de falta polo Fisterra; e Samuel (2), Juanchi, Manute e Piki polos Miúdos.
Foron mellores os muradáns de Mané Senande, que colle o mando do que equipo en formación que deixou o ano pasado Bibi co desaparecido Muros. Parece que a andaina dos Miúdos de Vinto en categoría xuvenil comeza con esperanza, vencendo con claridade nun partido no que foron superiores ao Fisterra, este ano dirixido por Falito.
Iso si, os muradáns queixáronse das malas prácticas ao final do partido, onde aseguran que recibiron varios golpes.

Muxía - Esteirana (2-5)

  • MUXÍA: Ancho (Hugo, min.46), Tomás, Samuel (Iván, min.60), Andrés (Jorge, min.60), Chori (Rubén, min.46), Maca, Marco, Ander (Mario, min.46), Josiño, Víctor e Paulo.
  • ESTEIRANA: MJ (Xacobe, min.66), Brais, Borja, Tobío, Tiko, Damián (Jaime, min.62), Adrián, Manu Yi, Fabio (Sergio, min.57) e Juan.
  • Goles: 0-1, min.15: Fabio; 0-2, min.22: Juan de penalti; 0-3, min.27: Juan; 0-4, min.33: Adrián; 0-5, min.40: Manu de Yi; 1-5, min.70: Víctor; 2-5, min.75: Mario.
  • Expulsións: Adrián da Esteirana no min.90 por dobre cartón amarelo.

Debut na Liga de xuvenis para dous equipos moi renovados con respecto a temporada pasada. Presentábase o Muxía no seu campo con algunhas baixas de xogadores por acudir estes co equipo sénior. Regular estrea do Muxía, de novo comandado por Javier Lema no banco, na casa ante os seus 30 siareiros. Pola contra a Esteirana de Isma e Rey estaba curta de efectivos por algunha lesión e as baixas de última hora.

O partido discurriu sen incidencias, co algo de vento, o que aproveitou a Esteirana a primeira metade e puido adiantarse no marcador de xeito continuado, ata deixar o 0-5 aproveitando os erros da defensa local. Os muxiáns protestaron un par de fóras de xogo que non pitou o colexiado e que deixaron aos puntas muradáns diante da portería muxiá.

Na volta dos vestiarios foi o Muxía quen apretou máis e agora eles co vento a favor tiveron o dominio do encontro, anotando dous goles no ecuador deste período e puideron recurtar algo máis. Seguiu así a tónica do encontro ata o pitido final, sen variar o resultado.

Dumbría - Corcubión (20-0)

  • DUMBRÍA: Paulo, Roberto, Charly, Canario, Yeray, Samuel, Pablo, Edu, Marcote, Maukel e Juan de Dora. Tamén xogaron; Abuelo, Mauro, Luís, Josiño e Andrés.
  • CORCUBIÓN: Abraham (Dani, min.50), Samuel, Marcos, Antonio (José Luís, min.60), José M., Jose R., Isma Cambeiro; Guilheme, Asier (Adrián, min.46), Augusto e Manuel.
  • Goles: Marcote (3), Juan (3), Josiño (3), Luís (2), Roberto (2), Maikel, Abuelo, Pablo, Edu, Andrés, Charly e Mauro.

Pouco que contar dun choque con tanta diferencia nos planteis. O Dumbría, con Diego Lobelos e Óscar Leis, quere repetir a impresionante temporada do ano pasado, onde gañouno todo pero quedou a un só gol do ascenso á Liga Galega.
Por contra, Senra ten un bo papel neste novo Corcubión, que o ano pasado non competía na categoría.

Castriz - Outes (Apraz.)

Partido aprazado polo falecemento da nai dun xogador da Serra, César.


Liga Xuvenil Norte - MáisDeporte, Gr.3

Parece que a Liga Norte (este ano Gr.3) terá máis incógnitas. Tamén se deron varias goleadas, como a do Coristanco en Baio ou o Camariñas en Malpica, pero parece que foi máis polo comezo de campaña que polas diferencias que vai haber no campo. É toda unha incógnita ver se os Cabana, Corme e Malpica volverán estar no máis alto, ver se o Ponteceso, Coristanco, Baio ou Camariñas dan o salto, ademais de ver

Baio - Coristanco (0-6)

  • BAIO: Jose, Queiro, Miguel, Rai, Javier, Alberto, Paco, José Antonio, Fariña, Alfonso e Anxo.
  • CORISTANCO: Alberto, Sergio, Iván, Varela, Navarro, Manuel, Bértoa, Joni, Bardanca, Fabio e Gabriel. Tamén xogaron o meta Brais, Jorge, Chiqui, Javi López e Suso.
  • Goles: 0-1: Bardanca; 0-2: Bardanca; (descanso); 0-3: Navarro; 0-4: Bértoa; 0-5: Jorge; 0-6: Gabriel.

Primeiro partido da temporada no Platas Reinoso e primeira derrota ante un Coristanco superior durante todo o partido, aumentando a diferencia no segundo tempo xa que aásuperioridade técnica houbo que engardilla física. I é que Julio Vila só puido contar con 11 xogadores (dous deles cadetes).

Na primeira parte adiantouse o Coristanco de Lorenzo cun 0-2 que ben puideron ser máis se Jonathan non errase unha pena máxima. Tivo o Baio oportunidade de reducir distancias cun remate de José Antonio ante unha mala saída de Alberto que o defensa Iván sacou debaixo dos paos.

A volta dos vestiarios houbo outra oportunidade do Baio noutra contra que se estrellou no longueiro, pero xusto aí chegaron o terceiro e cuarto gol do Coristanco case seguidos, para iniciar unha costa abaixo a que añadir outros dous goles máis que só serviron para aumentar unha diferencia.
Cómpre destacar a aptitude dos xogadores do Baio que deron todo e felicitar o Coristanco polo bo papel que se lles espera nesta edición da Liga de Xuvenís.

Ponteceso - Laxe (2-2)

Primeiro Ponteceso Xuvenil 14-15-Foto-Ponteceso SD
  • PONTECESO: Santo, Fabián, Rubén, Adrián, Pablo Regueiro, Ismael, Iván, Pedro, Eloy, Sergio e Pablo Pailos. Tamén xogaron: Javi Bustos, Silvio, Óscar e Mourelle.
Primeiro Laxe Xuvenil-Foto-Ponteceso SD
  • LAXE: Diego, Niko, Santi, Galgo, Uxío, Cristian, Elías, Djamel, Adri (Sergio, min.35), Ferri, Domínguez (Martín).
  • Goles: 0-1, min.20: Santi tras un córner; 0-2, min.35: Elías tras unha falta por mans do porteiro nunha saída; 1-2, min.60: Pedro de córner directo coa axuda do meta laxense; 2-2, min.80: Pablo Pailos tras un saque de esquina.
Ponteceso e Laxe estran temporada xuvenil-Foto-Ponteceso SD

Partido moi físico, de mais se cadra a estas alturas da temporada, o que protagonizaron Ponteceso e Laxe no Pinguel o sábado. Un choque no que os balóns directos estiveron máis presentes do que lles gustaría tanto a Carracedo, novo míster do cadro pontecesán tras moito tempo no Cabana, como Toni, que volve este ano cos seus xuvenís do Laxe tras un ano cos maiores.

Un Toni que conta este curso cun equipo moi curto, con por agora só 14 xogadores, pero iso si, moita calidade e que se coñecen por levar xogando varios anos xuntos. Domínguez foi un dos máis activos dos laxenses entrando por banda.

Curioso o dato de que todos os goles chegaron a balón parado. Na primeria metade os laxense se adiantaría cos tantos de Santi e Elías, moi activo prolongando os balóns longos. Na segunda Pedro recurtaría de córner directo tamén coa axuda do meta contrario, e a falta de 10 minutos Pablo Pailos empataríao partido.

Porteño - Zas (0-4)

  • PORTEÑO: Brais, Dani, Bruno (Aarón, min.46), Xoel, Oli, Mario, Rodry, Kevin (Anxo, min.10), Jordi (David, min.46), Carlos (Martín, min.70) e Matías.
  • ZAS: Hadrián, Julián, Darío, Ternande, Alberto (Lody, min.83), Cristian, Manu, Rubén (Samuel, min.60), Adrián (Juan, min.62), Dani Mato (Mourelle, min.79) e Andrés.
  • Goles: 0-1, min.10: Dani Mato tras unha boa xogada de Adrián pola esquerda; 0-2, min.56: Andrés tras outra boa xogada de Adrián pola banda; 0-3, min.82: Andrés; 0-4, min.88: Samuel.
  • Lesión: O local Kevin.

Varios erros defensivos permitiu ao Zas, este ano dirixido por Martín, adiantarse no marcador e controlar o choque con comodidade.
O equipo de Ordóñez, que esta fin de semana non puido estar no banco, aguantou pero non puido responder aos tantos zaenses, malia que consideran que o resultado puido ser demasiado abultado.

A primeira metade foi moi disputada, con moito xogo no medio campo. Pronto se adiantaría o Zas, pero o Porteño aguantou o resto de primeiro tempo chegando con algunha ocasión.

Despois do descanso saíu o Zas máis metido no partido, con máis intensidade, e de novo Adrián era o que creaba perigo pola esquerda para que, desta volta, fose Andrés o que fixera o 0-2. Mandou ao longueiro o Porteño de volta e un tiro de falta que marchou alto, pero o Zas conseguiu sentenciar nos últimos minutos.

Malpica - Camariñas (1-8)

Malpica Xuvenil 14-15-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Cholo, Arcay, Gende, Steven (Miguel, min.46) (Carlos, min.60), Jorge, Mouri, Petís (Yiño, min.46), Xulián, Sergio, Eloy e Sebas.
  • CAMARIÑAS: José Luís, Juan, Pose, Sergi, Facundo (Chuki, min.66), Dani (Miguel, min.46), Álvaro, David, Brais, Felipe Javi.
  • Goles: 0-1, min.7: Javi aproveita un erro no rexeite de Steven; 0-2, min.27: Javi aproveita un saque malo do porteiro Cholo; 0-3, min.33: Álvaro tras unha internada de Javi; 0-4, min.36: Javi de penalti cometido sobre el mesmo. 1-4, min.40: Steven de penalti cometido sobre Sergio; 1-5, min.62: Javi de falta directa; 1-6, min.65: Sergi, ante a pasividade da defensa local, remata unha falta botada por David; 1-7, min.71: Javi, vaise por velocidade da defensa local e bate a Cholo, dende a media lúa. 1-8, min.85: Javi, en posición dubidosa gáñalle a acción a defensa e no man a man bate a Cholo.
Capis do Malpica e do Camarinas xuvenil-Foto-Luis POrto

Unha das relativas sorpresas da xornada é esta goleada do Camariñas, que este ano dirixen Luís da Kecha e David Baña. E iso que contan aínda cun plantel moi curo, á espera de novas incorporacions e con algunha baixa como foi a de Espi por enfermidade. De feito, eran só 13 pero que levan traballando moi ben todo o verán. Cun nome propio ademais o sábado, Javi, autor de 6 goles.

Por bando malpicán non foi un bo partido, nunha campaña que será complicada pois moitos son xogadores de primeiro ano. Apenas unha chegada na primeira metade e un par no treito final, xa con todo decidido. Iso si, aos rapaces que dirixe Fernando Varela viuselle intención de xogar o balón.

Corme - Cabana (1-2)

  • CORME: Fran, Rubén (Pandi, min.89), Isaac (Samuel, min.50), Cristian, Koeman, Eloy Villar, Eloy CR (Maikel, min.70), Isma, Manu, Quique e Angel (Aitor, min.50).
  • CABANA: Vázquez, David, Varela, Aurelio, Grille, Kevin, Mateo (Oliver, min.60), Martín (Javi, min.46), Alex, Redondo (Pablo, min.17), Ferreiro e Laik (Raúl, min.70).
  • Goles: 0-1, min.4: Redondo; 1-1, min.36: Quique; 1-2, min.40: Álex.
  • Lesión: Redondo.

Un dos partidazos deste comezo de temporada dábase no Cairo. O Cairo, máis veterano que o ano pasado no que deu a grata sorpresa da competición, segue nas mans de Lelo, e malia contar con só 9 fichas de xuvenil, ten uns cadetes que van remar moi ben. Como é o caso de Manu, que con 15 anos xa é o número 20 dos maiores, pero esta fin de semana tocoulle cos xuvenís.

Pola súa banda, o Cabana dirixido este curso por Óscar Mingui arrinca cunha complicada vitoria nun ano no que perden a varios xogadores que pasan aos maiores. E o fixo comezando cunha gran primeira media hora, na que se adiantou por medio de Redondo. Empataría o Corme por medio de Quique nun fallo defensivo do equipo cabanés pero Alex faría o 1-2 antes do descanso.

O Corme metíase no partido e a apretou toda a segunda metade ata o final do encontro, tocando ben, sen presas, pero con escasas chegadas, e pediron un penalti a Maikel contra o final. Pero os chavales cabaneses conseguiron aguantar o resultado é sumar así os tres primeiros puntos da liga.

Máis información

Descarga a APP “Fútbol da Costa”

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios