Luns. 29.04.2024
El tiempo

A 1ª Autonómica comeza para os nosos costeiros

A 1ª Autonómica comeza para os nosos costeiros
Daba comezo a 1ª Autonomica e nela moitos dos nosos equipos costeiros, entre eles o Corme que vencía nun gran encontro dos azuis no Cairo, outro dos que vencía era o Sofán a un Bertamiráns B dirixido por un vello coñecido noso como é Victor Pazos, ex do Xallas de Santa Comba. Tamén sacaba os 3 puntos o Baio de Felix tras un encontro moi desputado. Mentras estos tres equipos vencían e sacaban os 3 primeiros puntos que serven de balsamo anímico os outros tres tiñan menor sorte, ainda que o Soneira rascaba un importantisimo punto no campo do Agoalada. Con menos sorte o renovado Esteirana que perdía fronte o Lesende de Sil pola minima, mentras o Malpica tamén caía na casa fronte o Unión por 0-2. A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook LESENDE - ESTEIRANA (1-0)
  • ESTEIRANA: Fabio, Code, Simón, Eloi (Adrián, min.75), Sui, Pabliño (Tobío,min. 75), Martín, Álex, Saúl (Juan, min.70), Adrián (Pesco, min.65) e Rober Pladur.
  • Goles: 1-0. Min 37. Guerra tras recoller un despexe da defensa local e facerse cun balón na loita cos centrais, levanta o balón por encima do porteiro.
  • Expulsion: Sui, min.86.
Comezo da liga para os de Esteiro no campo de Cabanetán en Lesende, un terreo de xogo moi pequeno e que resultou contraproducente para o xogo dos visitantes. Os da casa plantexaron un partido ben xuntos, defendendo no seu campo e xogando a contra durante os 90 minutos. Moitos despexes orientados e balóns longos que tiñan controlados os da ría de Muros, ata q no minuto 37, o dianteiro local pelexa unha pelota  lévasa a tropezóns e bate por alto ao porteiro. Este gol viña a ratificar o xogo dos locais e facía que a Esteirana arriscase un algo máis. O partido foi dominado pola Esteirana se ben non creou moito perigo, a posesión era dos locais pero se apretos para o Lesende. Algo camboiu na segunda metade, con máis profundidade e tralos cambios aumentou o número de chegadas a área, se ben as ocasión claras foron escasas, quedando en tiros de fóra da área e xogadas a balón parado. Intentouno a Esteirana ata o pitido final ata q volveu de baleiro de Lesende. Masiva afluencia de público esteirán no campo, das 130 persoas, 100 eran siareiros visitantes. SCD MALPICA - UNION (0-2)
  • SCD MALPICA: Pombo; Adrián, Diego, (Kevin,min 69), David Castro, Juanjo Rabuñal, Fernando Varela, Joel Pereiro, Juan O Bello, Rodrigo, Diego Alonso, (Pablo García, min. 69) e Martín Maradona.
  • GOLES: 0-1, min.58; 0-2, min.66
  • ARBITRO: Represas Rodriguez
Mal debut da SCD Malpica, no inicio desta tempada, deixándose arrebatar tres puntos polo CD Unión, encontro moi disputado nun campo completamente encharcado pola choiva.Os malpicáns tiveron oportunidades moi claras co campo encharcado na segunda parte, pero a actuación do porteiro Miguel evitou que os goles subiran ao marcador. O  CD Unión, un equipo moi ben plantado sobre o terreo de xogo, aproveitou moi ben dúas perdas de balón dos malpicáns e acabarían levandose os tres puntos. Non mereceu o Malpica este resultado tralo xogo e ocasións vistas no terreo de xogo. CORME - PILOÑO (2-1)
  • CORME: Javi, Dani (Jesús, min.74), Pandi, Alejandro, Diego, Brais, Lucas, Adrian (Adolfo, min.65), Juan Chans (Toniño, min.85), Alejo e Toni (Joshua, min.70).
  • GOLES: 1-0, min.15: Brais; 2-0, min.29: Doldán; 2-1, min.66.
Daba comezo o encontro no Cairo baixo unha intensa Choiva, os homes de Lentejo querían agradar o seu público como o fixeron toda a tempada pasada e xa mesmo nesta pretempada co seu bó facer dentro do terreo de xogo. O Corme saía en tromba e o pouco de comezar o encontro xa se adiantaba no marcador gracias a un golazo de Brais, o Piloño quería e non podía con este equipo tan conxuntado en todas as súas liñas. Xa a mediados da primeira metade chegaría o segundo do Corme tras un corne ben sacado por Lucas no cal Adrian Doldán só tería que empurar o balón o fondo das mallas visitantes, con este 2-0 chegaríase o descanso. No comezo da segunda metade os visitantes viríanse arriba e porían en moitos apretos os locais xa que acurtarían distancias nos primeiros 20 minutos da segunda parte, pero o resultado non se movería deste 2-1 para o Corme que lles serve para comezar con 3 importantes puntos. SOFÁN - BERTAMIRÁNS (2-0) Primeiro 11 do Sofan na 1 Auto ante o Bertamirans-Foto-SD Sofan
  • SOFÁN: Bugy, Javi Souto, Sito, Félix, Rubén, Martín (Míchel, min.85), Diego, Brais (Raúl, min.75), Luís (Leilán, min.60), Iván Rojo e Bertín (Eloy Boedo, min.70).
  • GOLES: 1-0 Ivan Rojo; 2-0 Ivan Rojo
Sofan-Bertamirans-Foto-SD Sofan Comezaba o encontro no Carral con dous conxuntos moi ben prantados no terreo de xogo, unha primeira metade que terminaría 0-0 despois de ser intensa e con bó xogo dos locais que tiveron algunha ocasión para irse o vestiario con algo mais positivo. Xa na segunda metade os vermellóns adiantaríanse no marcador gracias a un gol de Ivan Rojo que volvía a marcar ca camisola sofanista, seguía o encontro e o Bertamiráns non encontraba o sitio no campo e pouco despois e unha vez mais Ivan Rojo volvería a converterse no héroe dos locais con dous tantos que lles dá o Sofán os tres primeiros e importantisimos puntos. Unha segunda metade onde o Sofán foi superior e mereceu a victoria, con este 2-0 remataría o encontro. Sofan-Bertamirans-Foto-SD Sofan AGOALADA - SONEIRA (0-0)
  • SONEIRA: Anxo, Chans, Fran, Rodrigo, Maikel, Sandelo, De la Sierra, Mayor, Basti, Javi e Brais. Banquillo: Alberto, Martín, Nazo, Richi.
Viaxaba o Soneira para enfrontarse o Agoalada no seu primeiro encontro da tempada, unha tempada na que intentará volver a estar no mais alto e poder optar as prazas de ascenso. Comezaba o encontro e o Soneira costaballe arrancar nun campo moi complicado coma este. Os Soneirans intenban xogar pero no eran capaces de trenzar ningunha boa xogada, o partido remataría con un empate a 0 que para o Soneira é un punto moi importante fora da casa. BAIO - AMIO (1-0) Primeiro 11 do Baio-Foto-Santi Soneira
  • BAIO:Dani, Jose (Fachal, min.87), Mario, Eloy (Yago, min.46), Costiña, Martin (Rubio, min.89), Brais, Bieito, Saleta (Porto,min.53), Christian, Martin MC.
  • GOLES: 1-0, min.60: Costiña
Saudo inicial do Baio-Amio-Foto-Santi Soneira O Baio debutaba na casa o día das súas festas, e que maneira de celebralo que con unha importantisima victoria. O encontro comezaba no Platas Reinoso con un equipo local moi metido no encontro e con gañas de levarse os 3 puntos, pero os goles e neste caso un solitario gol non chegaría ata a segunda metade, un gol que quedaría curto tralo visto no terreo de xogo onde o Baio quixo mais e non pudo levarse nada mais que este 1-0 que en todo caso é un boisimo resultado de cara o vindeiro encontro fora da casa. Gran partido dos locais que afrontan esta nova tempada con gran ilusión.

Máis información

Descarga a APP “Fútbol da Costa”

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios