Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha

A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha
A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook A 3ª das catro voltas daba comezo este sábado con tódolos seus encontros adiantados. Unha competición atípica polo das 4 voltas e a cantidade deequipos que a desputan, así será toda esta competición que daba comezo este fin de semana e con moitos encontros moi intensos e moitos goles.
AMEIXENDA - NANTÓN (6-0)
  • AMEIXENDA: Oscar Riolo, Kamacho, Javichu, Samuel, Ivan Pequeño (Bruno, min.57), Jesús (Jorge, min.75), Momaño, Diego Riolo, Miro, Borja (David, min.78) e Cristian (Demetrio, min.70).
  • NANTÓN: Guille, Carlos, Oscar, Eloy, Martín, David, Fabio, David, Rubén, Daniel e Iván.
  • GOLES 1-0 min.8: Borja.  2-0 min.52: Cristian. 3-0 min.60: Borja. 4-0 min.63: Jesús. 5-0 min.80: Demetrio. 6-0 min.85: Momaño.
Partido moi cómodo para os locais que comenzarían o encontro presionando e tendo boas ocasións de gol, o Nantón intentaba defenderse como podía xa que presentouse a xogar con 11 xogadores xustos e intentaba cerrarse atrás. O Ameixenda marcaría moi pronto gracias o seu bo xogo e golearía a un Nantón moi mermado sendo o equipo de Manolín un vendabal toda a segunda metade. CORCUBIÓN - MUXIA (3-2) Corcubion-Muxia-Foto-Pablo
  • CORCUBIÓN: Sito, Javi, Senra, Jesús, Trillo, Edu, Sebas, Toja, Gorka, Lema e Coiradas. Cambios: Javi Floreal e alberto.
  • MUXÍA: Jose Antonio, Pataca, Curras, Martín, Ruso (Alberto, min.45), Gerardo, Juan, Javi, Conguito, Ivan e Ruben (Esteban, min,45).
  • GOLES: 1-0, min.20: Lema; 1-1, min.55: Gerardo; 1-2, min.65: Alberto; 2-2 min.77: Sebas; 3-2, min.89: Javi Floreal.

O encontro comezaba co debut de Carlos Lema que fará as funcións de Presidente-Entrenador. Moitas imprecisións nos primeiros minutos do encontro onde ningún dos dous equipos encontraba o seu sitio no terreo de xogo, segun foi avanzando  chegaban as ocasións de ambos lados e así os goles. Un encontro que se decidiu no último suspiro do partido e no cal os dous conxuntos o deron todo sobre o terreo de xogo.

LAXE - CORISTANCO (2-2)
  • LAXE: Anxo, Aarón, Iván, Samuel Gora, Jacinto, Iván, Roberto, Borja, Daniel, Manuel e Jose A.
  • CORISTANCO: Nacho, Sergio (Juan, min.67), Hector, Adrian, Daniel (Manu, min.89), Lagoa, Gonzalo (Adrián, min.75), Iván, Antonio (Álex, min.61), Jose (Jorge, min.45) e Rubén.
  • GOLES: 0-1, min.21: Lagoa; 0-2, min.44: Lagoa; 1-2 min.66: Manu; 2-2 min.89 Dani.
  • EXPULSIÓNS: Hector, min.89.
Primeira parte controlada polo Coristanco tendo o balón e as ocasiones. O primeiro gol sería de falta sacada por Iván e remata Lagoa de cabeza os 20 xa o segundo seria o propio Lagoa de falta por toda escadra m 35, e cerca do final da primeira parte, anularia outro gol a lagoa de saque de esquina directo, con 0-2 chegaríase o descanso do encontro. Na segunda parte o empuxe do Laxe e con un xogo mais intenso acurtaría distancias o pouco de comezar este tempo cun penalti por mans máis ca dudosas de pazos. Xa o final do encontro co laxe volcado marcarían o empate e así remataría o encontro. Un empate que sabe a pouco os dous conxuntos. CASTRELO - LIRA (2-3)
  • CASTRELO: David, Esteban, Sergio, Luis (Roi, min.53), Edreira, Isra (Dario, min.73), Kevin, Esteban, Víctor (Adrián, min.65), Feéix (Esteban, min.66), Esteban.
  • LIRA: Peipo, Pedro Suarez, Adrian (Santi, min.61), Demetrio, Miky, Pata, Javi (Paulino, min.45), Adrian León, Yanky Mauricio, min.85), Manu e Oliver.
  • GOLES: 1-0, min.22: David; 1-1 min.35: Yanky;  1-2 min.39: Oliver; 2-2, min.40 David;  2-3, min.45: Yanky.
  • EXPULSIÓNS: Esteban (Castrelo), min.90.
O Castrelo comezaría o encontro cas ideas moi claras, o equipo estaba moi ben plantado sobre o terreo de xogo e de ahí chegaría o primeiro tanto, un golazo dos locais. Esto non fixo baixar os brazos o Lira que o pouco xa poría as táboas no marcador. Os visitantes virianse arriba e adiantaríanse no marcador por medio de Oliver,  e sen tempo para asumilo o empate xa estaba conseguido por parte do castrelo, pero unha vez mais un dos Killer da costa como é Yanky, volvería a adiantar o Lira no marcador, resultado co cal se chegaría o remate da primeira metade e do encontro, xa que na segunda metade  non habería gol ningún, ainda que o Castrelo intentaría a remontada sen conseguilo, ocasións tiveron pero non superon rematalas.

Máis información

Descarga a APP “Fútbol da Costa”

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios