Axenda futboleira para esta ponte de decembro

Chega a ponte de decembro, e con ela varias novidades nos horarios, pois moitos partidos se adiantan ao sábado para aproveitar un luns festivo. Así e todo non paran as Ligas, así que repasamos os 80 partidos en liza.
E ollo, que o luns, xa temos Copa da Costa.

E comezamos a Previa pola Preferente - Senra Sport, con dous partidos importantes para os nosos. O XSC quere manter as sensacións trala vitoria da semana pasada no Conco, pero terá que superar a todo un Chantada, 4º na táboa. Pola súa parte, o Dumbría non pode fallar na súa viista ao penúltimo, O Val. Os dous partidos, en xornada sabatina.

O partido da semana será na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, ademais con dous equipos necesitados que veñen de enderezar o rumbo tras moitas xornadas no dique seco. Corme e Esteirana necesitan seguir puntuando para escapar da zona baixa. Mentres, por arriba, o líder, o Sofán, líder tras 7 vitorias consecutivas, terá unha boa pedra de toque, un Villestro que recibe aos carballeses na 4ª praza a só 9 puntos.
Por detrás o Baio estará atento a ese partido pero tamén terá un complicado choque, o sábado en casa, ante o Cordeiro, 5º. O Soneira tamén necesita puntuar, pois está ao fío do descenso, e o Flavia pode ser presa, malia que o campo de Padrón sempre é complicado. Finalmente, o Malpica quere seguir a súa escalada ante o Lesende, e facerlle un favor, de paso, aos veciños da zona baixa.

Hai cambios también na 2ª Autonómica - ES Bazarra, cun partido mesmo na noite do venres, que ademais cambia a orde. O Camelle-Buño xógase en Xaviña, ante o estado do Rodeiro. Polo demais, o líder recibe ao Porteño, mentres o Zas protagonizará o partido da xornada ante todo un Outes, que chega só 5 puntos por debaixo. Ademais, a atención estará tamén no derbi da montaña entre Mazaricos e Castriz.

A xornada 14ª da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira chega con varios choques directos, aínda que a estas alturas todos contan. O líder, Ameixenda, recibe a un Laxe que vén de sumar a súa primeira vitoria. Cerqueda-Corcubión e Lira-Coristanco serán choque fraticidas, mentres o Muxía quere meterse definitivamente na pelexa polas 6 primeiras prazas, e o fará se vence ao Nantón.

E o luns teremos as tres primeiras citas da Copa da Costa 2015. 5 equipos da 3ª enfrontaranse nesta eliminatoria Previa, a un só partido.

Moito futbol base

Xa en clave de base, a Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte mira a Muros, onde haberá un derbi clave. Esteirana e Os Miúdos xóganse unha das 3 prazas de arriba no que será un auténtico partidazo.
Mentres, polo Norte, haberá un enforntamento entre dous dos de arriba. O líder Cabana recibe ao Porteño, 3º a só 4 puntos. Atentos estarán Coristanco e Zas, que se enfrontarán buscando sumar 3 puntos que lles permitan recurtar cos de arriba.

Outro deses premios para o Dumbría na División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría coa visita a todo un Lugo, mentres que o XSC da Liga Galega Cadete recibe ao Bertamiráns, e os infantís do Dumbría descansan.

Nas Ligas Locais, doble choque no máis alto na 1ª Cadete. O líder, Cabana, recibe ao 3º, a Esteirana, con só 2 puntos de diferencia entre ambos. Ademais, o 2º, o Corme, recibe ao 4º, o Fisterra.

Mentres seguen as Ligas dos máis peques e dos Veteranos, onde varios choques foron aprazados ás fins de semana do Nadal.

Aquí van todos os partidos:

Preferente - Senra Sport, xornada 15

O Val 06/12 - 16:00 Dumbría
Xallas StComba 06/12 - 16:45 Chantada

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 14

Baio 06/12 - 16:00 Cordeiro
Flavia 07/12 - 16:00 Soneira
Corme 07/12 - 16:00 Esteirana
Malpica 07/12 - 16:00 Lesende
Villestro 07/12 - 16:30 Sofán

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 14

Buño 05/12 - 21:00 Camelle
Fisterra 06/12 - 16:15 Seaia
San Lorenzo 07/12 - 16:00 Porteño
Volantes 07/12 - 16:00 Cabana
Ponteceso 07/12 - 16:00 Montelouro
Mazaricos 07/12 - 16:00 Castriz
Outes 07/12 - 17:00 Zas
Camariñas 07/12 - 17:00 Carnota
Baíñas 07/12 - 18:00 Cee

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 14

Ameixenda 06/12 - 16:15 Laxe
Cerqueda 06/12 - 18:00 Corcubión
Lira 07/12 - 16:00 Coristanco
Nantón 07/12 - 16:15 Muxía
  • Descansa Castrelo.

Copa da Costa, Previa

Corcubión08/12 - 16:00 Cabana
Ameixenda08/12 - 16:00 Nantón
Cerqueda08/12 - 16:00 Camariñas

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 14

Corcubión 06/12 - 10:00 Xallas StComba
Esteirana 06/12 - 16:00 Os Miudos
Outes 06/12 - 16:00 Cee
Castriz 06/12 - 16:00 Fisterra
Muxía 06/12 - 16:00 Dumbría

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 14

Laxe 06/12 - 16:00 Camariñas
Coristanco 06/12 - 16:00 Zas
Ponteceso 06/12 - 16:00 Corme
Cabana 06/12 - 18:00 Porteño
Baio 07/12 - 12:00 Malpica

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 13

Lugo 06/12 - 18:00 Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 12

Xallas StComba 06/12 - 11:00 Bertamiráns

1ª Cadete, xornada 13

Muxía 06/12 - 10:30 Cee
Corme 06/12 - 10:30 Fisterra
Os Miudos 06/12 - 10:30 Baio
Coristanco 06/12 - 10:30 Outes
Cabana 06/12 - 16:00 Esteirana
Sofán 07/12 - 12:15 Ponteceso
  • Descansa As Baleas.

1ª Infantil, xornada 13

Xallas StComba 05/12 - 17:30 Vimianzo
Fisterra 05/12 - 19:00 Esteirana
Ponteceso 06/12 - 11:30 Outes
Zas 06/12 - 16:30 Cee
Os Miudos 07/12 - 10:30 Sofán
Coristanco 07/12 - 10:30 Cabana
  • Descansa Corme.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 6

Dumbría B 05/12 - 18:30 Cee B
Esteirana B 06/12 - 10:00 Os Miúdos B
Esteirana A 06/12 - 11:00 XSC A
Dumbría 06/12 - 12:00 Sofán
Outes A 06/12 - 12:00 Fisterra
As Baleas 06/12 - 12:30 Os Miúdos A
Lira 06/12 - 16:00 Cee A

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 6

XSC B 05/12 - 19:00 Os Miúdos B
Dumbría 06/12 - 11:00 Sofán
Outes 06/12 - 11:00 Fisterra
As Baleas 06/12 - 11:30 Os Miúdos A
Esteirana 06/12 - 12:00 XSC A
Lira 06/12 - 17:00 Cee
  • Descansa Cee B.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 13

Baio 07/12 - 10:45 Castriz
Laxe 07/12 - 11:00 Soneira
Dumbría 07/12 - 11:00 San Lorenzo
Hosgran 07/12 - 11:00 Ponteceso
Cabana 07/12 - 11:00 Xv. Bergantiños
San Román 07/12 - 11:00 Coristanco
Zas 07/12 - 11:00 Bértoa
  • Descansa Atl. Milagrosa.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 13

Cerqueda 07/12 - 11:00 Leiloio
Corcoesto 07/12 - 11:00 Buño
Dep. Carballo 07/12 - 11:00 San Isidro-Razo
Sofán 07/12 - 12:00 Porteño
  • Descansa CD Poniente.
  • Os seguintes choques foron aprazados:
    - Malpica - Nantón (28/12 - 11:00);
    - Camariñas - Agualada (28/12 - 11:00);
    - Vimianzo - Erbecedo (04/01 - 11:00).

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).