Chega a ponte de decembro, e con ela varias novidades nos horarios, pois moitos partidos se adiantan ao sábado para aproveitar un luns festivo. Así e todo non paran as Ligas, así que repasamos os 80 partidos en liza.
E ollo, que o luns, xa temos Copa da Costa.
E comezamos a Previa pola Preferente - Senra Sport, con dous partidos importantes para os nosos. O XSC quere manter as sensacións trala vitoria da semana pasada no Conco, pero terá que superar a todo un Chantada, 4º na táboa. Pola súa parte, o Dumbría non pode fallar na súa viista ao penúltimo, O Val. Os dous partidos, en xornada sabatina.
O partido da semana será na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, ademais con dous equipos necesitados que veñen de enderezar o rumbo tras moitas xornadas no dique seco. Corme e Esteirana necesitan seguir puntuando para escapar da zona baixa. Mentres, por arriba, o líder, o Sofán, líder tras 7 vitorias consecutivas, terá unha boa pedra de toque, un Villestro que recibe aos carballeses na 4ª praza a só 9 puntos.
Por detrás o Baio estará atento a ese partido pero tamén terá un complicado choque, o sábado en casa, ante o Cordeiro, 5º. O Soneira tamén necesita puntuar, pois está ao fío do descenso, e o Flavia pode ser presa, malia que o campo de Padrón sempre é complicado. Finalmente, o Malpica quere seguir a súa escalada ante o Lesende, e facerlle un favor, de paso, aos veciños da zona baixa.
Hai cambios también na 2ª Autonómica - ES Bazarra, cun partido mesmo na noite do venres, que ademais cambia a orde. O Camelle-Buño xógase en Xaviña, ante o estado do Rodeiro. Polo demais, o líder recibe ao Porteño, mentres o Zas protagonizará o partido da xornada ante todo un Outes, que chega só 5 puntos por debaixo. Ademais, a atención estará tamén no derbi da montaña entre Mazaricos e Castriz.
A xornada 14ª da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira chega con varios choques directos, aínda que a estas alturas todos contan. O líder, Ameixenda, recibe a un Laxe que vén de sumar a súa primeira vitoria. Cerqueda-Corcubión e Lira-Coristanco serán choque fraticidas, mentres o Muxía quere meterse definitivamente na pelexa polas 6 primeiras prazas, e o fará se vence ao Nantón.
E o luns teremos as tres primeiras citas da Copa da Costa 2015. 5 equipos da 3ª enfrontaranse nesta eliminatoria Previa, a un só partido.
Moito futbol base
Xa en clave de base, a Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte mira a Muros, onde haberá un derbi clave. Esteirana e Os Miúdos xóganse unha das 3 prazas de arriba no que será un auténtico partidazo.
Mentres, polo Norte, haberá un enforntamento entre dous dos de arriba. O líder Cabana recibe ao Porteño, 3º a só 4 puntos. Atentos estarán Coristanco e Zas, que se enfrontarán buscando sumar 3 puntos que lles permitan recurtar cos de arriba.
Outro deses premios para o Dumbría na División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría coa visita a todo un Lugo, mentres que o XSC da Liga Galega Cadete recibe ao Bertamiráns, e os infantís do Dumbría descansan.
Nas Ligas Locais, doble choque no máis alto na 1ª Cadete. O líder, Cabana, recibe ao 3º, a Esteirana, con só 2 puntos de diferencia entre ambos. Ademais, o 2º, o Corme, recibe ao 4º, o Fisterra.
Mentres seguen as Ligas dos máis peques e dos Veteranos, onde varios choques foron aprazados ás fins de semana do Nadal.
Aquí van todos os partidos:
O Val | 06/12 - 16:00 | Dumbría |
Xallas StComba | 06/12 - 16:45 | Chantada |
Baio | 06/12 - 16:00 | Cordeiro |
Flavia | 07/12 - 16:00 | Soneira |
Corme | 07/12 - 16:00 | Esteirana |
Malpica | 07/12 - 16:00 | Lesende |
Villestro | 07/12 - 16:30 | Sofán |
Buño | 05/12 - 21:00 | Camelle |
Fisterra | 06/12 - 16:15 | Seaia |
San Lorenzo | 07/12 - 16:00 | Porteño |
Volantes | 07/12 - 16:00 | Cabana |
Ponteceso | 07/12 - 16:00 | Montelouro |
Mazaricos | 07/12 - 16:00 | Castriz |
Outes | 07/12 - 17:00 | Zas |
Camariñas | 07/12 - 17:00 | Carnota |
Baíñas | 07/12 - 18:00 | Cee |
Ameixenda | 06/12 - 16:15 | Laxe |
Cerqueda | 06/12 - 18:00 | Corcubión |
Lira | 07/12 - 16:00 | Coristanco |
Nantón | 07/12 - 16:15 | Muxía |
Corcubión | 08/12 - 16:00 | Cabana |
Ameixenda | 08/12 - 16:00 | Nantón |
Cerqueda | 08/12 - 16:00 | Camariñas |
Corcubión | 06/12 - 10:00 | Xallas StComba |
Esteirana | 06/12 - 16:00 | Os Miudos |
Outes | 06/12 - 16:00 | Cee |
Castriz | 06/12 - 16:00 | Fisterra |
Muxía | 06/12 - 16:00 | Dumbría |
Laxe | 06/12 - 16:00 | Camariñas |
Coristanco | 06/12 - 16:00 | Zas |
Ponteceso | 06/12 - 16:00 | Corme |
Cabana | 06/12 - 18:00 | Porteño |
Baio | 07/12 - 12:00 | Malpica |
Lugo | 06/12 - 18:00 | Dumbría |
Xallas StComba | 06/12 - 11:00 | Bertamiráns |
Muxía | 06/12 - 10:30 | Cee |
Corme | 06/12 - 10:30 | Fisterra |
Os Miudos | 06/12 - 10:30 | Baio |
Coristanco | 06/12 - 10:30 | Outes |
Cabana | 06/12 - 16:00 | Esteirana |
Sofán | 07/12 - 12:15 | Ponteceso |
Xallas StComba | 05/12 - 17:30 | Vimianzo |
Fisterra | 05/12 - 19:00 | Esteirana |
Ponteceso | 06/12 - 11:30 | Outes |
Zas | 06/12 - 16:30 | Cee |
Os Miudos | 07/12 - 10:30 | Sofán |
Coristanco | 07/12 - 10:30 | Cabana |
Dumbría B | 05/12 - 18:30 | Cee B |
Esteirana B | 06/12 - 10:00 | Os Miúdos B |
Esteirana A | 06/12 - 11:00 | XSC A |
Dumbría | 06/12 - 12:00 | Sofán |
Outes A | 06/12 - 12:00 | Fisterra |
As Baleas | 06/12 - 12:30 | Os Miúdos A |
Lira | 06/12 - 16:00 | Cee A |
XSC B | 05/12 - 19:00 | Os Miúdos B |
Dumbría | 06/12 - 11:00 | Sofán |
Outes | 06/12 - 11:00 | Fisterra |
As Baleas | 06/12 - 11:30 | Os Miúdos A |
Esteirana | 06/12 - 12:00 | XSC A |
Lira | 06/12 - 17:00 | Cee |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 13
Baio | 07/12 - 10:45 | Castriz |
Laxe | 07/12 - 11:00 | Soneira |
Dumbría | 07/12 - 11:00 | San Lorenzo |
Hosgran | 07/12 - 11:00 | Ponteceso |
Cabana | 07/12 - 11:00 | Xv. Bergantiños |
San Román | 07/12 - 11:00 | Coristanco |
Zas | 07/12 - 11:00 | Bértoa |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 13
Cerqueda | 07/12 - 11:00 | Leiloio |
Corcoesto | 07/12 - 11:00 | Buño |
Dep. Carballo | 07/12 - 11:00 | San Isidro-Razo |
Sofán | 07/12 - 12:00 | Porteño |
- Descansa CD Poniente.
- Os seguintes choques foron aprazados:
- Malpica - Nantón (28/12 - 11:00);
- Camariñas - Agualada (28/12 - 11:00);
- Vimianzo - Erbecedo (04/01 - 11:00).
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).