Nova fin de semana futboleira pasada por auga (albíscanse chuvascos serios pero tamén claros segundo a previsión de 4gotas) esta do 18 e 19 de xaneiro de 2014 con máis de 70 partidos. Pero antes de analizar a Previa da xornada, facemos un repaso polo parte de sancións e apuntamos un detalle sobre a exposición do 50 aniversario do Baio.
Esta fin de semana vaise pechar a exposición que organizou o C. D. BAIO para conmemorar o seu 50 Aniversario como clube federado. Unha exposición que tivo moi boa acollida, pois cóntanse a centos as persoas que se achegaron no mes que leva aberta para ver as fotos, fichas, recortes de prensa, bandeiríns, camisetas, trofeos e demais material que se foi xuntando neste último medio século. Para aqueles que aínda non a viron terán a última oportunidade este sábado e domingo en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas na Casa Ovidio de Baio.
Parte de sancións
Como apuntamento, o Mazaricos-Zas aprazado da x.17 queda para o domingo de Semana Santa (haberá parón), o 20 de abril ás 16:30. Ademais, o Comité desestima as alegacións do Corcoesto tralo partido de Copa ante o Corcubión e mantén a amonestación a Alberto García Moireira.
Preferente
Jesús González (XSC).
Javi Souto (Soneira).
1ª Autonómica
Norberto González (Baio).
Martín Tajes (Camariñas).
Óscar Moscoso (Ponteceso - Por menospreciar ao colexiado estando como espectador).
Dani Cotelo (Pointeceso).
David Velo (Adrest. Ponteceso - 2 partidos).
Aperc. 1ª: - Simón Figueiras (Esteirana). - Abel Souto (Malpica).
2ª Autonómica
Iván Rojo (Sofán).
Tono Lestón (Carnota).
Juan Martínez (Adestra. Corme).
Alejandro Torrado (Corme).
Sergio París (Muros).
Gabriel Lado (Muros).
Juan Rey (Muros).
Fabio Freire (Muros).
José Andrade (Porteño).
Eloy Añón (San Lorenzo).
Miguel Riveiro (Camelle).
Alejandro Mourelle (Castriz).
Adrián Bardanca (Buño).
Aperc. 2ª: - Sergio Manín (Fisterra). - Diego Fernandez (Sofán). - José m. Alvite (Carnota). - Isma Pazos (Cabana). - Iván Pardiñas (Cabana). - Lucas Rial (Corme). - José Martínez (Volantes). - Gabriel Nimo (Volantes). - Iván Nimo (Volantes). - José Bermúdez (Muros). - Ismael Louro (Porteño). - José Ferreiro (Del. San Lorenzo). - Dani Fientefría (San Lorenzo). - José Cerbán (Mazaricos).
3ª Autonómica
Roberto Pereira (Muxía).
José Manuel Lago Grille (Ameixenda).
Borja Pérez (Ameixenda).
Herminio Leis (Lira).
José Lucerna (Lira).
Iván Hermida (Baíñas).
Aperc. 3ª: - Javier Caamaño (Ameixenda). - Roi Caamaño (Castrelo). - Sergio Mato (Cerqueda).
E analizamos xa xornada e comezamos, coma sempre, pola Preferente, na que os nosos terán partidos tremendamente complicados. O XSC recibe a un Silva no que non vale outra cousa que ascender, e iso que está na 6ª praza, detrás dun Dumbría que recibe a outro que está pola zona alta, o Estudiantil, a só 4 puntos dos dumbrieses. O que necesita sumar de 3 en 3 xa é o Soneira, pero non o terá nada doado. Visita nada menos que o campo do 2º clasificado, o Ribadeo.
1ª Autonómica, os Camariñas e Ponteceso necesitan sumar para saír do pozo, ademais contra rivais directos da zona baixa como son Piloño e Puebla. Mentres o Malpica buscará ante o Unión seguir con opcións a todo, e Esteirana e Baio manteñen a súa boa liña ante potentes rivais como Arzúa ou Flavia.
Tres partidos adiantados ao sábado na 2ª Autonómica cun Fisterra-Carnota ben igualado, que servirá para saber se o Fisterra quere unirse á loita. Ademais, o Outes terá unha complicada saída nas Redondas. Para o domingo, o líder visita ao sempre complicado Buño, mentres que o Zas espera atopar un IDC tan mermado como nas últimas semanas.
A xornada 11 da 3ª Autonómica vén marcada por un duelo importantísimo. O Baíñas, líder con 5 puntos de vantaxe, recibe ao 2º, o Montelouro. Choque que definirá se o Baíñas se escapa descaradamente ou se a igualdade se afianza na liga.
Pode ser clave esta xornada, a falta de 3 para o final, nos Xuvenís. No Gr.3, co Dumbría xa clasificado para a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, a Esteirana, mesmo descansando, e o XSC, se vence, poden cerciorar o seu pase. Mentres, no Gr.4, o Cabana ten pé e medio na Liguilla, o Malpica pode cerciorar o pase se vence ao Baio e sempre que non venza o Coristanco en Muxía. Ademais, o Corme, se vence en Camariñas e tamén se aproveita do tropezo do Coristanco, estaría clasificado.