Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xuvenís: Todo encarrilado a falta de 3 xornadas

Xuvenís: Todo encarrilado a falta de 3 xornadas
Castriz-Porteno xuvenil-Foto-Alejandro Mel

Efectivamente, faltan só 3 xornadas para remate a Liga Regular da 1ª Xuvenil. E parece que as 3 primeiras prazas de cada grupo están bastante decididas.
A partir de aí, haberá Liguilla entre os de arriba como Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, e haberá Liguilla coo Previa da Copa da Costa entre o resto de equipos.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 19

Estrana xornada esta no Grupo Norte. O Ponteceso, que viña de caer 5-1 co Muxía, endosaba unha goleada de escándalo a todo un Malpica, deixando as cousas algo máis abertas pero aínda difíciles. O Coristanco, que empataba ao Cabana e a piques estivo de meterse de cheo na loita, queda con 32 puntos, 2 máis que o Ponteceso. Ambos miran a 3ª praza, que agora está en posesión do Corme, que descansaba, pero están aínda a 4 e 6 puntos respectivamente.

O Cabana está a un só punto de certificar o seu pase á Liguilla de arriba.

Castriz - Porteño (1-2)

Castriz-Porteno xuvenil-Foto-Alejandro Mel
  • CASTRIZ: Víctor, Jose, Pablo, Adrián, Andy (Diego, min.75), José Ángel (Javier, min.89), Manu Fuentes (Iván, min.50), Javi, Yordi, Balsa (Sergio, min.88), Alex (Pensado, min.80).
  • PORTEÑO: Brais, Dani, Miguel, Marcos, Manuel (Damián), Álvaro (Josiño), Mario, David Vergari (Cristian), Matías (Martín), David Pasantes, Michael.
  • Goles: 1-0, min.70: Manu de penalti; 1-1, min.85: Miguel nun rebote teras un córner; 1-2, min.86: Michael nunha fermosa xogada de contrataque.

Duelo de debutantes, e un partido maliño de ver. Foi iso si, moi igualado, sen apenas ocasións cantado para o empate a 0. Pero tras máis dunha hora de xogo sen dominador, un penalti permitía romper a igualada. O Castriz se metía por diante, e aí foi cando o Porteño arricou, subiu unha marcha e tivo a sorte de darlle a volta ao resultado en dúas xogadas puntuais. A segunda, unha contra levada moi ben polos de Ordóñez na mellor xogada do partido.

Así e todo en Castriz quedaron con mal sabor de boca porque consideran que fixeron un partido para alomenos un empate.

Castriz-Porteño-Foto-Alejandro Mel

Coristanco - Cabana (2-2)

  • CORISTANCO: Nacho, Naya, Rubén, Navarro (Brais, min.70), Javi, Joaquín (Cristian, min.60), Jorge, Brandón, Bértoa e Jonhi.
  • CABANA: Adrián, Grille (Darío, min.88), Raúl, Laik, Aurelio, Diego Mato, Redondo, Iván Mato, Álex, Pablo (Samuel, min.60).
  • Goles: 1-0, min.55: Jonhi; 1-1, min.60: Iván Redondo; 1-2, min.66: Raúl; 2-2, min.68: Bértoa.

Partidazo na Rocheira entre un Coristanco aínda con opcións de meterse na loita pola Fase de Ascenso e un Cabana líder en solitario. A primeira metade foi tremendamente igualado que remataba sen demasiadas chegadas ás áreas e sen movemento no marcador.
Arrincaba o segundo tempo e o equipo de Da Silva se adiantaba cun tanto de Jonhi. Foi polo segundo o Coristanco pero a calidade dos cabaneses quedaba patente cun gol de falta de Iván Redondo. Pouco despois Raúl facía o segundo para os visitantes, xa co Cabana dominando o choque, pero de contado, e sen tempo a pensar, Bértoa lanzou un tiro alto que se colaría por arriba na meta de Adrián.

Minutos de brega do Coristanco ante un Cabana que intentaba dominar, e de aí ata o final do choque chegarían ocasións para os dous bandos, como unha falta de Jorge que saíu pegada ao pau ou un balón que se paseaba por diante da meta cabanesa.

Laxe - Camariñas (4-1)

  • Goles: 1-0, min.5: Saleta; 2-0, min.8: Manu; 3-0, min.25: Dani; 3-1, min.40: Dani Campaña; 4-1, min.50: Elías.

Os novos xogadores laxenses demostraron estar collendo un nivel importante. Xa con ata 9 xogando co primeiro equipo, o cadro de Nano foi superior ao Camariñas, e xa aos 10 minutos mandaba con 2-0 no marcador. Eses goles iniciais marcaron o rumbo do partido, pois o Camariñas sempre veu moi lonxe a remontada.

Baio - Muxía (5-1)

  • Goles: 1-0, min.40: Pedro; 2-0, min.58: Estefan; 3-0, min.63: Estefan; 4-0, min.75: Christian Ordóñez; 4-1, min.85: Edu; 5-1, min.86: Anxo.

Unha de cal e unha de area dá este Muxía que se a semana pasada endosaba un 5-1 ao Camariñas desta volta sucumbía ante o Baio por goleada.

Ponteceso - Malpica (8-0)

O Ponteceso goleou ao Malpica-Foto-Luis Porto
  • PONTECESO: Xurxo, Adrián, Lorenzo (Diego Pérez, min.53), Dani Sánchez, Diego, Ismael, Dani Valle, Yago (Ismail, min.70), Cristian, Alberto Recarey, (Dani Villar, min.53), Pablo e (Iván, min.75).
O Malpica sucumbiu ante o Ponteceso-Foto-Luis POrto
  • MALPICA: Manuel; Víctor Novo, Kevin, Steven, (Gabi, min.62), Canario, Diego, Guille (David min.46), Alberto (Brais, min.46), Almeida (Chols, min.66), Eloy (Jorge, min.46) e Pitís.
  • Goles: 1-0, min.2: Christian tras un pase de tacón de Yago; 2-0, min.25: Pablo levase a varios defensas dende o medio campo e marca; 3-0, min.44: Christian aproveita un rexeite; 4-0, min.45: Christian corta o saque de centro tralo terceiro gol e marca; 5-0, min.47: Alberto Recarey cun golazo pola escuadra; 6-0, min.67: Yago de falta por enriba da barreira; 7-0, min.73: Christian; 8-0, min.80: Dani Valle.
Diego e Victor Novo capis do Ponteceso e do Malpica xuvenil-Foto-Luis Porto

Goleada tremenda do Ponteceso ante un Malpica canso e desordenado. Rubén puido contar, case que por primeira vez na temporada, co seu equipo de gala, e o cadro pontecesán tocou e combinou moi dende o principio, levando a manixa en todo momento e facendo dano nos momentos claves. Partidazo do Ponteceso, cun Alberto Recarey imperial, que non deixou que o Malpica reaccionase en ningún momento.

Aínda queda lonxe a 3ª praza para o Ponteceso, pois está a 6 puntos e cun partido máis a falta só de 3 partidos.


Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 19

Parece que polo Sur as cousas tamén están bastante decididas. I é que se ben na táboa vemos ao Outes a só 3 puntos da 3ª praza, do XSC, o cadro da Serra ten 2 partidos máis. Ademais, o Fisterra queda a 5 puntos e ten partidos aínda moi difíciles, e non parece pola labor de loitala liguilla. O que quedou descolgado é o Cee, con 25 puntos a 6 do XSC, aínda ten opcións pois a última xornada se enfrontarán.

O Dumbría xa aseguraba a súa clasificación para a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega co seu rodete, e 13 vitorias e 2 empates en 15 partidos, con 66 goles a favor e só 9 en contra... Menudos números do equipo de Diego Lobelos e Óscar Leis...

Dumbría - Muros (3-1)

  • DUMBRÍA: David, Portu, Maikel, Jano, Cabana, Lucas, Pablo, Adrián, Martín, Marcote e Javi. Tamén xogaron: Yeray, Antón, Roberto, Kevin e Fabián.
  • MUROS: Matias, Javi, Yeray, Veloso, Santi, Ramón, Miguel, Álvaro, Juanche, Piki e Juanche. Tamén xogaron: Airán, Mancebo, Tajes e Hugo.
  • Goles: 0-1, min.20: Piki; 1-1, min.55: Antón de cabeza tras un córner; 2-1, min.65: Javi de vaselina; 3-1, min.75: Javi tras un gran pase de Kevin.

Partido no que o Dumbría comenzou tocando moito, pero sen apenas chegadas no primeiro tempo, no que o Muros lle plantou cara saindo a contra con bastante perigo. Pouco a pouco comezaron as ocasións para ambos, e nun erro defensivo do Dumbría, Piki metía e facía o 0-1. Seguían ambos equipos con ocasións, e Veloso tiña que sacar unha baixo paus pero o marcador non se movería ata o descanso.

Saía forte o Dumbría na segunda, con cambios ofensivos. Controlaba o esférico pero o Muros aguantaba ben e saía a contra. O primeiro gol local chegaría tras un remate de cabeza de Antón, no que Matias toca o balón sen chegar a poder paralo. O segundo gol foi moi protestado polo Muros por posible fóra de xogo de Javi, un Javi que volvería marcar e sentenciar o partido tras un gran pase de Kevin.
Antes de sentenciar o Muros seguía presionando e xogando ben, pero sen sorte de cara a portería, vendo como se lle escapaba un partido no que prantara cara a todo un Dumbría.

Mazaricos - Fisterra (3-6)

  • Goles: 0-1: Benlloch; 0-2: Josiño; 1-2: Álvaro; 2-2: Licerino; 2-3: Abel; 2-4: Abel (descanso); 2-5: Josiño; 2-6: Breixo; 3-6: Álvaro.
  • Lesións: os amarelos Canario e Bieito.

Pouco puido facer o Mazaricos, que chegaba con apenas 12 xogadores, ante un Fisterra ao que lle bastou cun par de arreóns. Pero non foi un bo partido por parte dos dous equipos. A primeira metade se metía o Fisterra por diante pero o Mazaricos respostaba e empataba. Pero cun arreón antes do descanso ao comezo da segunda o Fisterra sentenciaba o choque. Ademais o Mazaricos acabou xogando 25 minutos con 1 home menos polas lesións.

Soneira - Esteirana (1-4)

  • Goles: 0-1, min.10: Raúl Lestón; 0-2, min.58: Adrián; 0-3, min.50: Manuel; 0-4, min.60: Adrián; 1-4, min.70: Aarón.

Dous goles rápidos na máis comezar a segunda metade deixaron o partido sentenciado para unha Esteirana que segue moi potente na zona alta. Xa adiantar Raúl aos de Martín, pero foi nese fulgurante comezo da segunda cando o partido quedou visto para sentenza. Aarón marcou o gol da honra para o cadro de Antelo.

Outes - Lira (11-0)

  • Goles: Xurxo (3), Veleiro (2), Paulo (2), Samuel, César, Adrián e Rafa.

Partido sen historia no que o Outes solventou rápido e non tivo piedade.

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios