Primeira xornada completa deste 2014 no Fútbol costeiro, ademais cun final de infarno no carrusel deportivo, que puidemos vivir a través da APP "Fútbol da Costa" e de www.futboldacosta.com.
E comezamos o repaso pola Preferente, con resultados regulares para os nosos. Por exemplo, o Soneira, que nun final de infarto, conseguía empatar ante o Sada no min.89, pero o 4º da táboa volvía meter o 3º no 93 deixando sen premio e afundido no fondo da táboa aos de Manolito. Xa son 8 puntos os que separan ao Soneira da salvación.
Tampouco sumaba o XSC a pesar de empatar por dúas veces o choque ante o Mugardos, e continúa así a mala xeira do cadro de Julio Martínez, e xa son 4 derrotas consecutivas, con só unha vitoria nos 10 últimos partidos. Mentres, o Dumbría sumaba un puntiño en Narón e se mantén con opcións de meterse na promoción.
Na 1ª Autonómica só sumaban Malpica e Baio. Os malpicáns non fallaban ante o Puebla, manténdose ben arriba e facendo un favor aos veciños costeiros en apuros. Estes son Camariñas e Ponteceso, que volvían caer, desta volta ante equipos da zona alta como Villestro e Bertamiráns B, e pechan a clasificación. A Esteirana se deixaba os puntos ante un Cordeiro que sae á súa costa da zona de descenso, mentres o Baio marcaba no min.89 un tanto, pero vía como o Agolada empataba no desconto.
A xornada na 2ª Autonómica mantén ao Sofán líder tras safar un novo obstáculo, un Fisterra que queda xa a 12 puntos. Por detrás, a 2 puntos e cun partido menos, o Zas, que non fallaba anrte un Buño que viña de mataxigantes. O Outes recupera o ritmo e non dará descanso ao resto, e vencía a un Corcubión que estreaba un par de boas fichaxes como son Brais Lado e Martín Toja. Non fallou tampouco o Corme en Muros ante o Volantes, mentres que o Castriz non quere dicir adeus á Liga e vencía a un Cee que queda agora a 7 da cabeza, e 7 por riba do propio cadro xalleiro.
Por abaixo, o Mazaricos vencía ao IDC nun duelo directo e escapa e escapa dos 4 de abaixo, dos que non sumaba ningún.
Parece que o Baíñas vai en serio nesta 3ª Autonómica. Hoxe superaba a un Nantón que chegaba á alza tras un final de ano espectacular. Saca xa 5 puntos o cadro de Pato ao Montelouro, que no caera no choque adiantado á semana anterior co Seaia. O resto dos de arriba tropezaban ante equipos que parece que comezan o ano con forza e con intención de sumarse á loita, que dado que temos 12 equipos e hai 6 prazas con opción de ascenso, vai estar aberta ata o final. O Coristanco non pasaba do empate co Castrelo, e o Lira perdía cun Laxe que pode sumarse. O Cerqueda sumaba a súa segunda vitoria da tempada ante o Corcoesto e o Muxía endosaba un set ao Ameixenda e tamén se sube ao carro.
Non houbo sorpresas no Gr.3 de Xuvenís, se ben o Outes parece que se achega ao XSC na loita pola 3ª praza pero o cadro da Serra ten 2 partidos máis que os xalleiros. Cee e Fisterra quedan pendentes dos tropezos de ambos, mentres que Dumbría e Esteirana non parecen fallar.
Sen embargo, no Gr.4 podemos catalogar de sorpresa o 8-0 que o Ponteceso lle endosou ao Malpica. Os pontecesáns non queren tirar a toalla e se colocan a 6 dun Corme que descansaba e a 7 do propio Malpica a falta de 3 xornadas para o final. O Cabana, máis líder, non podía pasar do empate ante un Coristanco que tiña unha gran ocasión de meterse moi preto desa 3ª praza que ten o Corme, quedando a só 4 puntos.
Na mañá sabatina do Conco, o Dumbría da División de Honra Cadete empataba co Lalín e se mantén 6º, mentres que na Liga Galega Infantil os dumbrieses vencían ao Conxo e se afianzan no grupo da loita polo título alonxando ao Bergantiños. Ademais, terceira vitoria do XSC, que lle servirá para ter un pequeno colchón de cara á durísima Liguilla por evitar o descenso.
Volvía ademais a Liga dos Cadetes cun Fisterra e un Zas implacables, mentres que en Infantís o Cee non frea ante un Corme e un Fisterra que quedan a 5 puntos.
Ademais, o Dumbría manda na Alevín, F-8 Costa Sur e o Outes na Benxamín F-8 Costa Sur.
En Veteranos, o Soneira recurtou 2 puntos co Laxe, que non pasaba do empate ante o Xuv. Bergantiños. Ademais, o Zas vencía ao Coristanco, polo que o cadro soneirán xa queda 2º na táboa, ameazando o liderato.
Gal. Mugardos | 3-2 | Xallas StComba |
Soneira | 2-3 | Sada |
Narón | 0-0 | Dumbría |
Cordeiro | 3-2 | Esteirana |
Malpica | 4-0 | Puebla |
Ponteceso | 0-2 | Bertamiráns B |
Camariñas | 2-4 | Villestro |
Agolada | 1-1 | Baio |
Camelle | 3-2 | San Lorenzo |
Sofán | 3-1 | Fisterra |
Volantes | 2-3 | Corme |
Porteño | 3-1 | Muros |
Castriz | 3-1 | Cee |
Mazaricos | 3-2 | Indep. Carballo |
Carnota | 3-0 | Cabana |
Zas | 4-1 | Buño |
Outes | 6-2 | Corcubión |
Castrelo | 0-0 | Coristanco |
Lira | 1-3 | Laxe |
Muxía | 6-0 | Ameixenda |
Nantón | 1-2 | Baíñas |
Cerqueda | 2-1 | Corcoesto |
- Montelouro - Seaia (2-3): adiantado ao 04-01.
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 19
Mazaricos | 3-6 | Fisterra |
Soneira | 1-4 | Esteirana |
Outes | 11-0 | Lira |
Dumbría | 3-1 | Muros |
- Descansan Xallas Santa Comba e Cee.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 19
Coristanco | 2-2 | Cabana |
Laxe | 4-1 | Camariñas |
Baio | 5-1 | Muxía |
Ponteceso | 8-0 | Malpica |
Castriz | 1-2 | Porteño |
Dumbría | 1-0 | Conxo |
Milladoiro | 4-6 | Xallas StComba |
Esteirana | 3-2 | Muxía |
Cabana | 4-2 | Coristanco |
Zas | 9-1 | Corcubión |
Fisterra | 4-0 | As Baleas |
Xallas StComba | 13-0 | Baio |
Cee | 6-2 | Outes |
Vimianzo | 2-7 (x.16) | Coristanco |
Cee | 8-1 | Os Miudos |
Esteirana | 1-11 | Fisterra |
Coristanco | 13-2 | Sofán |
Baio | 0-3 | Muxía |
Corme | 2-0 | Cabana |
Ponteceso | 17/01 - 20:30 | Vimianzo |
Os Miúdos A | 1-3 | Dumbría |
Os Miúdos B | 5-2 | XSC B |
Esteirana | 4-1 | XSC A |
Lira | 1-11 | Fisterra |
Cee | 6-2 | Zas |
Esteirana A | 0-5 | XSC A |
Os Miúdos A | 6-1 | Dumbría |
Os Miúdos B | 6-3 | XSC B |
Esteirana B | 1-7 | Outes |
Cee | 15-0 | Zas |
Lira | 2-5 | Fisterra |
Ligas de Veteranos, xornada 16 (horarios sen confirmar)
San Lorenzo | 2-0 | Baio |
Nantón | 2-3 | Camariñas Vet |
Ponteceso | 2-2 | Bértoa |
Xv. Bergantiños | 0-0 | Laxe |
San Román | 4-0 | Castriz |
Soneira | 2-0 | Dumbría |
Zas | 1-0 | Coristanco |
Cabana | 4-0 | Muros |
Buño | 0-2 | Cerqueda |
Dep. Carballo | 2-3 | Corcoesto |
Poniente | 1-2 | Agualada |
Camelle | 0-0 | Porteño |
Sofán | 2-1 | Erbecedo |
Malpica | 2-5 | At. Milagrosa |
Xornes | 8-1 | Valenza |
Rus | 4-1 | Laxe |
Baldaio | 12/01 - 16:00 | Peña Galicia |
Cereo | 2-4 | A Piña |
Sp. Brea | 15-1 | Seaia |
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).