Luns. 29.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Baíñas escapa pero todos métense na loita

3ª Autonómica: O Baíñas escapa pero todos métense na loita
Tasky e Javi Suarez golearon para o Bainas-Foto-David Castro

O Baíñas escapa tras esta 10ª xornada da 3ª Autonómica. 5 puntos saca xa a un Montelouro que adiantaba o seu choque á semana anterior. Pero está tremendamente aberta a loita polo ascenso, pois como temos 6 prazas con opcións de ascenso e só 12 equipos, ata o último ten opcións de meterse.
De feito, o Castrelo e o Corcoesto, pechacancelas, están a só 3 partidos da 6ª praza. Así, os Muxía, Cerqueda e Laxe daban conta de equipos mellor situados como Ameixenda, Corcoesto e Lira para erguer a voz e dicir que tamén están na loita.

Castrelo - Coristanco (0-0)

  • CASTRELO: Miguel, Esteban, Sergio, Luís, Roi (Jesús, min.75), Roberto (Gustavo, min.60), Esteban, Isma (Óscar, min.88), Borja (Edreira, min.70) e Vieites.
  • CORISTANCO: Fredy, Marquiños (Gonzalo, min.75), Héctor, Sergio (Morientes, min.65), Rubén, Iván, Luís, Mallón (Moreno, min.65), Pazos (Benítez, min.65), Toniño e Torreira.

Partido aburrido en Vimianzo entre un Castrelo moi ben situado, moi ben armado, e un Coristanco que o intentou. O cadro de Da Silva vía como o colexiado lle anularon dous goles por fóra de xogo tras unha boa primeira metade.

Pero o Castrelo foi claro dominador no segundo tempo, mesmo mandando un balón ao pau. Pero de novo o Coristanco foise polo partido no treito final co máis empuxe que xogo pero as ocasións marchaban ao traveseiro ou fóra.

Lira - Laxe (1-3)

  • LIRA: Andrés, Joserra, Adrián, Herminio, Adrián, Josiño, Álex, Fran Perico, Óliver, Demetrio (Fran de Muros), Suso Perico (Xoán), Manu.
  • LAXE: Diego, Simal (Samu, min.60), Djamel, Juan, Saleta, Adri, Castro (Borja, min.57), Naya, Iago, Elías e Anxo.
  • Goles: 0-1, min.10: Elías; 0-2, min.27: Castro de penalti; 1-2, min.46: Fran Perico; 1-3, min.88: Adri.
  • Expulsión: os lirachos Joserra no min.65 e Herminio min.70.

Daba esperanzas o gol de Fran Perico nada máis comezar o segundo tempo ao Lira tras unha gran primeira metade do Laxe, pero pasaban os minutos e o empate non chegaba, ata que a falta de 3 para o final, e cun Lira que xa quedara con 9 homes sobre o terreo de xogo, o Laxe sentenciaba. Os lirachos protestaron moito a actitude arbitral.

Toni tivo que tirar de ata 9 xuvenís, con 6 no 11 inicial. Moita seguridade defensiva dos novos rapaces laxenses que roubaban e saían rápido creando perigo. Pero na segunda apretou o Lira, mesmo con 9 xogadores, e a piques estivo de empatar en varias ocasións antes da sentenza.

Muxía - Ameixenda (6-0)

  • MUXÍA: Santi Papi (José Antonio), Denís, Currás, Peski (Carrera), Juan (Martín), Pereira, Javi (Julián), David (Carliños), Iván e Adrián.
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, José Manuel, Javichu, Camacho, Bruno, Jorge, Álex (Brais, min.65), Momaño (Samuel, min.65), Riolo (Borja, min.35), Chiru (Demetrio, min.55), Miro.
  • Goles: 1-0, min.25: David; 2-0, min.30: Juan; 3-0, min.50: Adrián; 4-0, min.60: Iván; 5-0, min.80 Iván; 6-0, min.84: Javi.
  • Expulsión: o visitante José Manuel (min.30).

Empezou ben o ano o Muxía, que non quere dicir adeus ás súas opcións. E malia seguir con problemas na portería (segue Santi Papi baixo paus) fixo un gran partido ante o Ameixenda. Quedou con 10 o cadro ceense faltando 5 para o descanso, xa con 2-0 no marcador e aí acabou o partido. A segunda foi un paseo para os locais.

Nantón - Baíñas (1-2)

  • NANTÓN: Erni, Carlos (Félix, min.68), Eloy, Javi (Bardanca, min.78), Diego, Carlos Vidal (Dani Costa, min.70), David Lareu, Víctor Amado, Luís, Martín e Iván.
  • BAÍÑAS: Sergio Puto, Capote, Héctor, Luís, Samuel, Iván, Esteban, Javi Suárez, Cristian (Andrés, min.70), Tasky e Víctor.
  • Goles: 0-1, min.30: Tasky a pase de Cristian; 1-1, min.50: Iván; 1-2, min.75: Javi Suárez nunha xogada individual.

Partido difícil do líder nun campo no que se facía complicado xogar ao estar moi pesado. Moita loita, nun chque moi equilibrado que puido caer de calquera lado, cun Baíñas un pelín mellor, pero no que un empate tería sido tan xusto. Primeira metade sen demasiado dominio. O Baíñas buscaba tocar, pero algçún erro na saída do balón era aproveitado por Luís, que volvía, para facer dano, pero en fronte estivo o central vimiancés Luís que foi do mellor do partido.

Empatou ao fío do descanso o Nantón, pero na segunda saíu o Baíñas forte, e Javi Suárez inventouse un gol. Félix puido empatar de contado pero quedaban 20 minutos cheos de incertidume no que o Nantón, con moitos balóns colgados, puido empatar, a pesar de non contar con claras ocasións.

Cerqueda - Corcoesto (2-1)

  • CERQUEDA: Rubén, Manuel (Xavi, min.60), Dani, Pailos, Javi Pazos, Sergio, Lorenzo, Santi, Darío (Juanjo, min.70), Dani Seaia (Uru, min.80) e Eliseo (Carlos, min.55).
  • CORCOESTO: Edelmiro, Ángel (Alberto, min.75), Germán, Longo, Marcos (Rodri, min.65), Pichu, Pablo, Gonzalo, Cristian (Couto, min.46), Javi e Héctor.
  • Goles: 1-0, min.35: Eliseo a pase de Darío; 2-0, min.70: Darío nunha contra; 2-1, min.71: Pichu de vaselina tras regatear a 3 defensas.

Partido intenso con poucas ocasións de gol que decidiu a maior pegada dos locais. E está mellorando o cadro cerquedán, xa cos seus xogadores de arriba ao completo sobre o céspede, e facendo unha gran primeira metade. Eliseo era o gran protagonista deses primeiros 45 minutos, con ata 4 ocasións de gol e un tanto tras unha das boas internadas de Darío que tamén se convertía en protagonista na segunda, cando marcaba o segundo no momento no que o Corcoesto máis apretaba. Pero de contado, recurtaba cando aínda os xogadores do Cerqueda estaban celebrando o segundo gol. E dende o 2-1 si que se meteu o Corcoesto no partido e puido empatar con varios achegamentos. Contra o final puido chegar o empate cun tiro de Héctor que non entrou por pouco, mentres que por bando cerquedán puido chegar a sentenza cun par de contras de Juanjo.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios