Baiaricos
22:04 12/03/17
Os prata e bronce da Liga da Costa foron os grandes beneficiados dunha xornada na que pincharon tres dos cinco candidatos ao título; nas categorías superiores non houbo que lamentar unha soa derrota
Baíñas e Corme desputaron un apaixoante choque - Foto: Fin Lema
Ao igual que sucede na NBA cos históricos Golden State Warriors, parece que os que semellaban imbatibles teñen certa condición humana. Tres dos cinco candidatos ao título da Liga da Costa non foron quen de sacar tres puntos nos seus compromisos, con Baio (segundo) e Maaaricos (terceiro) como grandes beneficiados. Semellaba que a case derrota do Corme en Vimianzo ante un lanzado Baíñas era unha fiestra aberta á ambición de Ponteceso, San Lorenzo, Baio e Mazaricos, pero curiosamente nada máis afastado da realidade. Só o segundo en discordia foi quen, e con moito sufrimento, de sacar adiante o seu compromiso. Especialmente flagrante e sorprendente resultou o descalabro na casa do Ponteceso ante o Coristanco. Dábanse tódalas circunstancias para o contrario: a fiabilidade dos de Barca na casa, o baixón pataqueiro a domicilio e o momento dos locais. Pois ben, todo o que tiña que sumar a favor acabou por restar, sobre todo pola actitude e oficio coristanqueses. Pouco distinta foi a cara que se lles quedou aos seguidores do San Lorenzo nas Pedreiras, que co gallo da visita do Unión Club Cee apuntaban a compromiso relativamene cómodo (sobre a táboa), pero foi o histórico xigante costeiro o que tirou de currículum para poñer patas arriba a zona de cabeza. Só o Mazaricos, en Camariñas, deu un puñetazo sobre a mesa. Entre o líder e o quinto hai xa dez puntos de diferencia, mentres que o colchón entre a zona de promoción e o bronce ligueiro é de dous encontros. Fai a goma como no ciclismo un pelotón de cabeza no que parecen ir tirando Froome e Quintana. No que á permanencia se refire, foi chave a vitoria do Corcubión en Laxe, así como o puntiño sacado polo Porteño en Buño ante o Cerqueda. Esteirana e Buño pegáronse un tiro no pé.
As categorías nobres foron sinónimo de ledicia para o balompé costeiro. E de espectáculo. Para a historia queda xa o 'tetragoleador' empate entre Sofán e Soneira, que deixa na zona máis tranquila posible aos carballeses, mentres que no caso dos vimianceses só falta refrendar en resultados as óptimas sensancións. Competiu como un grande o Xallas en Paiosaco, ante o que xa sen medo pode dicirse que é un rival directo… por soñar coa Terceira División. Na Primeira, o triunfo do Outes decreta o estado de locura fantástica dos 'Cambi boys', un Outes con xen moi competitivo desde a chegada de Cambeiro. No grupo de outsidera mantense un Fisterra que segue a pescar máis lonxe que na casa, mentres que nas dúas loitas antagónicas, unha para aferrarse á categoría e outra para abandoala rumbo a Preferente, as novas son incertas. Recuperou o liderato o Dumbría, grazas ao troplezo do Agolada en Sigüeiro, mentres que o Sporting Zas non pudo pasar do empate ante o Lalín.
O partidazo da Terceira entre Lira e Muxía deixou de todo menos goles, e non pudo ser aproveitado por un Ameiuxenda ao que se lle empeza a facer longa a tempada e que sumoou un novo punto, que deixa en catro os partidos de vantaxe dos da Vila da Barca.
PreferenteNorte, xornada 27
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 25
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 26
3ªAutonómica, Gr.2, xornada 24
LigaGalegaXuvenil, xornada 25
LiguillapreviaáFasedeAscenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 8
Liguillacopeira, Gr.1, xornada 5
Liguillacopeira, Gr.2, xornada 5
Liguillacopeira, Gr.3, xornada 5
LigaGalegaCadete, xornada 25
1ªCadete, xornada 23
LigaGalega Infantil, xornada 24
1ªInfantil, xornada 25
LigaAlevínNorte, xornada 3
LigaAlevínSur, xornada 19
LigaBenxamínNorte, xornada 3
LigaBenxamínSur, xornada 19
LigaPrebenxamín, xornada 2
LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22
LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22
Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.