Balonmán: 8 de 8 e unha polo cerco
Conta partidos por vitorias este Calvo Xiria na 1ª Estatal. O sábado pasou o Bueu polo pavillón de Vila de Noia pero non puido superar unha defensa especuacular do cadro carballés. O Xiria mantén o liderado, pero o OAR Coruña ségueo de preto a só 2 puntos e sen coñecer a derrota igualmente.
En categoría feminina, mantén a 4ª praza o Goldie Xiria a pesar da derrota na casa ante o equipo do Grove.
Non fallou esta semana o Bm. Camariñas, vencendo na casa ao At. Novás, e mantendo unha boa 3ª praza, a só 2 puntos do líder, o Teucro, e con aínda aspiracións a todo. Unha vitoria que lla adican aos do mariñeiros do Cerco.
1ª Estatal, Gr. A, xornada 8
- Resultado: Calvo Xiria - Servi Auto Bueu Atl. (22 - 16)
- CALVO XIRIA 22 (14+8): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya [p], Javier Rodríguez (1), Brais Puñal (3), Manuel Méndez (4), Sergio Facal, Julián López (3), Uxío Batán (2), Ramón Suárez-Pumariega (3), Martín Alfeirán, Mario García de Seárez, Pablo Iglesias (2), Carlos Vilanova (4), Iván Calvo.
A actuación de Iago na portería durante os primeiros vinte minutos e a defensa carballesa ao longo de todo o encontro fixeron esquecer as baixas de Cuco, Jorge e Gonzalo, aos que se lles uniu durante o quecemento Martín Alfeirán, no partido que o enfrontaba ao sétimo clasificado, o Bueu Atl. Tampouco estaba ao 100% Pablo, pero antes a situación da primeira liña tivo que disputar máis minutos dos agardados. Sete goles en trinta minutos foi o que permitiu o Calvo Xiria que lograse o seu rival, deixando sentenciado o encontro xa no descanso. O segundo tempo foi un mero trámite para uns e outros, sendo de seguro dos peores minutos ofensivos dos locais no que vai de tempada.
1ª Autonómica, xornada 5
- Resultado: Bm. Camariñas - At. Novás Acanor (32-26)
- Balonmán Camariñas: Bruno ℗, Víctor ℗, Alan (6), Fary (10), Eusebio (6), Checho (1), Damián (2), Fabio, Catalán (4), Xosé, Héctor (1), Fran, Antelo (2) e Moncho.
Dominou o Camariñas o choque desde o inicio, contra un Atlético Novás ben armado atrás na cancha con tres bos xogadores que souberon mantelo no partido e non dalo nunca por perdido. Pero o Camariñas, a pesar da súa boa defensa, non conseguiu irse definitivamente no marcador, pero non tivo que sufrir para sumar os puntos e manter os puntos na casa.
A próximo fin de semana desprázase o Camariñas á sempre dificil praza de Tui, onde o Club Balonmano Camariñas debe intentar conseguir os dous puntos que o manteñan con aspiracións na liga.
1ª Autonómica Feminina, xornada 11
- Resultado: Goldie Xiria - Meloxeira Rasoeiro (16-24).
- Parcial ao descanso: (8-14)
- Goldie Xiria 35 (19): Brenda Noya (porteira), Jessica Posse 2, Zeltia Landeira 4, Juana Garrochena 4, Sheila Ferreiro, Leticia Casal 1, Ainoa Míguez, Adriana Gómez 3, Alba Pombo, Tamara Pombo 1, e Elena Segade 1.
Non soubo xogarlle o Xiria ao rival deste sábado, e viuse superado no marcador e no xogo, diante dun equipo con moito máis ritmo de ataque e con mellor disposición defensiva.
Non chegaba ben ao encontro o Goldie Xiria con moitas baixas e con parte das súas xogadoras claves tocadas, a isto uniuse unha mala tarde diante da portería rival, estragando numerosas claras ocasións e non definindo diante da porteira rival. Cunha bagaxe pobre no ataque o Goldie estivo a mercé das de O Grove durante os primeiros 30 minutos.
Volveu a intentalo o equipo carballés na segunda metade, achegándose no marcador, con maior mobilidade nas accións de ataque e maior intensidade e profundidade defensiva, pero o desacerto cara a portería contraria facía imposible a remontada.
Ao final, vitoria das de O Grove, e pensar na próxima visita a Vigo diante do Lavadores.
Máis información
- Resultados e Clasificación da 1ª Estatal, Gr. A.
- Resultados e Clasificación 1ª Autonómica Masculina.
- Resultados e Clasificación 1ª Autonómica Feminina.
Novas relacionadas
- Balonmán: O Calvo Xiria segue invicto.
- Líderes.
- Balonmán: Camariñas e Xiria seguen sumando vitorias.
- O Balonmán arrinca con vitorias en Camariñas e Carballo.
- Camariñas queda sen equipo feminino de balonmán esta tempada.
- O Bm. Camariñas renuncia ao ascenso para centrarse na base.
Fonte
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria.