Balonmán: Ampliando a vantaxe para pasar un Nadal tranquilo


13 de 13 e 8 de 8. Os Calvo e Conservas Boya seguen ao nivel do Barça de Asobal, contando partidos por vitorias. Os carballeses tiveron que sufrir no Grove ante un gran Rasoeiro, mentres que os camariñáns estiveron moi firmes no seu choque ante o Poio. Os verdes suman 4 puntos de vantaxe sobre o Bm. Lalín, polos 5 que xa ten o Camariñas sobre Ribeiro e Sedona.
Queda unha xornada para un parón do Nadal que parece vai ser un dos máis sabrosos dos útimos anos.
1ª Estatal Masculina, x. 13
- Resultado: Calmear Rasoeiro Bm - Calvo Xiria (20-22)
- CALVO XIRIA 22 (10+12): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Juan Carlos Rodríguez (3), Brais Puñal, Manuel Méndez (1), Sergio Facal (3), Uxío Batán, Martín Alfeirán, Julián López, Carlos Vilanova (3), Jorge Bouzas, Javier Rodríguez (1), Miguel Suárez-Pumariega (2), Alejandro Calvete, Hugo Rodríguez (6), Pablo Iglesias (3).
Tivo que sufrir o Calvo no Grove para manter a súa condición de invicto. O cadro local impuxo o seu ritmo e non permitiu aos carballeses amosar as súas veloces contras, nin permitiu manter o acerto no disparo habitual na Liga. Só durante os 10 primeiros minutos do segundo tempo vimos ao verdadeiro Xiria que tivo que tirar de experiencia para manter o marcador nos últimos minutos.
A vindeira xornada os carballeses xogarán de novo lonxe de Carballo, será en Coia ante o Seis do Nadal, o domingo ás 12:30.
1ª Autonómica masculina, x.8
- Resultado:Bm. Camariñas - ED Poio (30-22)
- Bm. Camariñas: Cristian (p), Alan, Fary (6), Eusebio (7), Checho (1), Moncho, Fabio, Catalán (7), Héctor, Fran (1), Antelo (3), Diego (1) e Xabi (4).
Partido con total dominio local, que dominou sempre no marcador, aínda que se relaxouse e perdeu a concentración un par de veces no partido, o que aproveitaron os visitantes para achegarse no marcador ao principio do segundo periodo, tomando de novo as rendas do partido para establecer un definitivo 30-22.
A única nota negativa protagonizouna Antelo que tivo que ser atendido no Hospital de Cee por unha lesion na man esquerda.
A próxima fin de semana viaxan a Redondela para enfrontarse con S.A.R. e despois parón navideño para renovar a liga o 15 de xaneiro en casa contra o Ártabro coruñés.
1ª Autonómica Feminina, x.11
- Resultado: Goldie Xiria - Bm Lavadores (17 -24)
- Goldie Xiria: 17 (7+10). Brenda Noya, Andrea Pose, Uxía Pazos, Nuria Noya, Saray Couto, Diana Rodríguez, Alba Rodríguez, Sheila Ferreiro (2), Raquel Gómez (3), Juana Garrochena (2), Sara Pombo (1), Tamara Pombo (3), Elena Segade (2), Zeltia Landeira (4).
- Resultado: Encaixe Camariñas Conservas Boya - A. D. Carballal (14-24)

Segue mellorando o novísimo plantel do Goldie Xiria, e esta volta estiveron a piques de acadar unha vitoria na casa ante as viguesas do Vila de Noia. A tarde comezaba cun emotivo momento e é que, as integrantes do equipo feminino e o corpo técnico, expresaban o apoio á xogadora Jessica que o vindeiro lúns terá que pasar polo quirófano, debido á rotura do ligamento cruzado anterior dun dos seus xeonllos.
As locais saíron moi frías pero tralo primeiro tempo morto volveron meterse no partido. Terían moito que dicir as mozas do Goldie Xiria na segunda parte. Con moita presión da man de Juana e Raquel, e as contras, metíanse a 2 goles a só 8 minutos do final. Pero as viguessas souberon remar para salvar as diferencias e quedar cos puntos.
2ª Autonómica Feminina, x.10

As mozas en 2ª autonómica perderon en casa contra o Carballal, nun partido no que sempre souberon manter o tipo, ata que nos minutos finais se distanciaban as viguesas nun partido que se xogou no Pabellón Municipal de Ponte do Porto.
Curso de Monitor en Camariñas
E ata o mércores 15 está aberto o prazo de inscrición para o Curso de Monitor de Balonmán Nivel 1 que organiza a Federación.
Máis información
- Resultados e clasificacións da 1ª Autonómica Feminina (Goldie Xiria).
- Resultados e clasificacións da 1ª Autonómica masculina (Bm. Camariñas).
- Resultados e clasificacións da 2ª Autonómica Feminina (Encaixe Camariñas).
- Resultados e clasificacións da 2ª Autonómica masculina. Gr. 2 (Bm. Xallas).
Crónicas destes curso
- Invictus.
- O Norte ó poder.
- O Calvo, máis líder e de novo representante galego na Federación Española.
- O Balonmán Camariñas, a defensa menos goleada do campionato.
- Balonmán: Posta de longo para o Bm. Camariñas.
- O Xallas ponse de longo mentres Xiria e Conservas seguen en marcha.
- A canteira do Xiria pode coa carteira do Chapela mentres o Bm. Camariñas quece motores.
- Carballo vístese de verde Xiria>Carballo vístese de verde Xiria.
Outras novas
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).