Balonmán: Derrotas que non empañan un comezo de temporada espectacular
Non puido acabar líder o Calvo Xiria o ano. Escapouse o liderato no último suspiro nun partido vibrante o celebrado nun ateigado Vila de Noia. Un auténtico partidazo entre os dous primeiros da táboa que deixa agora ao Calvo empatado co Lalín e a 3 do propio At. Novás. En todo caso, un ano máis, o Xiria loitará polo ascenso.
Por Camariñas, non puido o Conservas precisamente co Lalín, equipo empatado co Xiria no alto da táboa. Aínda así a afección non fallou e aí estivo no pavillón da Ponte do Porto demostrando cal é a mellor afección da liga. Remata o ano o cadro camariñán na 8ª praza, con moita marxe cos postos de perigo.
Por Santa Comba, a familia do Bm. Xallas pensa na cita deste sábado de Fontenla, onde se reunirá toda a familia xalleira nun día festivo no que non faltará balonmán, música e comida para todos.
1ª Estatal, xornada 14
- Resultado: Calvo Xiria - Acanor At. Novás (24-25)
- Calvo Xiria: 24 (13+11). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila, Carlos Vilanova (4), Gabriel Castiñeiras, Julián López, Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (5), Miguel Suárez-Pumariega, Chimpo (5), Juan Carlos Rodríguez (3), Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (3), Alejandro Calvete (2), Sergio Facal Fariña.
- Parciais cada 5´: 2-1/5-3/8-4/9-6/11-9/13-11/Descanso/14-13/18-14/19-17/22-19/22-22/24-25/Final.
O At Novas venceu ao Calvo Xiria nun auténtico partidazo
Escapouse o liderato nun final de infarto. O choque foi espectacular, cun Calvo que comezaba en clave de vendabal, con intensidade defensiva e fluídos e rápidos ataques. 9-4 marchaba o cadro verde para ilusión da afección, pero os do Rosal reaccionaban, sacaban de calidade individual, e pronto se achegaban a dous de distancia, como remataba o primeiro tempo, a pesar dunha polémica decisión arbitral que impediu que o marcador quedase con 4 de diferencia. Foi o carballés David García Pichel o encargado de recurtar.
Mesmo guión na segunda metade, co equipo local sempre por diante, alcanzando vantaxes de ata 4 goles. Pero o partido no últimos cinco minutos (22-22). Aí chegaron un par de erros non forzados os que permitiron que os do Rosal se puxesen por diante e aguantasen o último ataque aos carballeses.
1ª Estatal, xornada 14
- Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Lalín (26-38)
- Bm. Camariñas: Cristian (p), Félix (p), Alan (3), Cristian Canosa (2), Joaquín (2), Borja (6), Fabio, Alberto (5), Fran Carril, Cristian Antelo (2), Fabián (6), Xabi.
Os Boya Blues sempre apoian ao Bm Camariñas
Recibía o Camariñas a un dos de arriba sen presión, coa simple intención de facer disfrutar á súa entregada afección e acabar con boas sensacións o ano. Pero non foi así. O choque non foi bo por parte dos camariñáns, que non competiron durante o segundo tempo e acabaron o ano cun mal sabor de boa que non empaña un gran comezo de campaña. Si que estivo intenso na primeira e mesmo no comezo da segunda metade, poñéndose a un só gol de distancia, pero os visitantes escapaban e non se permitiron fisuras.
2ª Autonómica, xornada 10
- Resultado: COSAGA Campus Ourense - Bm Xallas (32-23)
Choque do Balonman Xallas
Partido sufrido do Xallas, onde os de Ourense saíron moito máis centrados e abriron diferenzas dende o primeiro minuto, aproveitando o mal xogo dos de Santa Comba. Na segunda parte o parcial foi mais igualado, a boa defensa e a fluidez no ataque permitiu disfrutar de unha segunda parte máis vistosa, aínda que sen chegar a facer peligrar a renta obtida polo Campus Ourense na primeira metade.
As boas novas chegaron das Xuvenís, que venceron ao Rasoerio con comodidade.
Xuvenís do Bm Xallas
Máis información
- Clasificación da 1ª Estatal.
- Calendario e resultados da 1ª Estatal.
- Calendario e clasificación da 2ª Autonómica Masculina.
Crónicas da tempada
- Rematando o ano tranquilos e… líderes?
- O Xallas xa sabe sumar.
- X.11: Puntos contra a Violencia de Xénero.
- X.9: Sumando ante a mellor afección da lig.
- X.8: A festa do balonmán 100% costeiro, 10 anos despois.
- X.7: Sábado de afeccións.
- X.6: O Calvo responde.
- X.5: O Bm. Camariñas presentouse en casa en clave de festa.
- X.4: Doble derrota conserveir.
- X.3: En zona nobre.
- X.2: A primeira saída depara unha vitoria e unha derrota para os costeiros.
- X.1 :Calvo e Conservas empezan a campaña na 1ª Nacional con sendas vitorias.
Novas relacionadas
- Novembro 17: Os partidos do Xiria, na tele.
- Maio 2017: Un equipo que venderá a súa praza acabou co soño do ascenso do Calvo Xiria.
- Maio 2017: Balonmán: O Bm. Camariñas conseguiu en Valladolid un histórico ascenso á 1ª.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).