venres. 02.05.2025
El tiempo

Balonmán: Escapando da zona perigosa

Balonmán: Escapando da zona perigosa

Partidos importantes esta fin de semana para os equipos costeiros. O BM. Camariñas rompía unha xeira de 4 derrotas consecutivas vencendo ademais a un rival directo como o Luceros, ao que supera na táboa ascendendo á 11ª praza, con 15 puntos, a 5 da zona de perigo.

Pola súa banda, non fallou o Calvo Xiria e mantén a 2ª praza a 3 puntos dun Novás que non parece fallar.

En 2ª Autonómica, o Bm . Xallas conseguían unha fantástica vitoria que lles permite adiantar ao Ribeiro na clasificación ata a 11ª posición, igualando con 8 puntos a Bm. Lucus.

 

1ª Estatal, xornada 18

  • Resultado: Luceros Cangas - Camariñas Conservas Boya (22-24).

Gran vitoria do conxunto de Monco Canosa, nun choque vital para romper unha xeira malísima. Pero o equipo saíu mentalizado dende o primeiro minuto, sabendo que facer tanto en ataque como en defensa, levando sempre o peso do encontro, pero en ocasións a ansiedade por romper o tanteo demasiado rápido convertíase en perdas que aproveitaban os locais para manterse no encontro.

O cadro conserveiro dominou pero nunca conseguir ter diferencias de más de 3 goles. A falta de 2 minutos conseguiron 3 goles de vantaxe a pesar do intento dos locais de xogar con 7 en ataque e defender individualmente conseguiuse o obxectivo.

A Próxima semana, ante o SD Teucro, encontro importantísimo con estrea da nova pista en Camariñas (18,30).

Ademáis, o vindeiro sábado celebrarase a tradicional cea de carnaval, no restaurante Club Náutico, cun coste de 20€ para todos os que queiran acudir!!

 

1ª Estatal, xornada 18

  • Resultado: Lavadores - Calvo Xiria (26-28)

Non fallaron os carballeses para manter diferencias co líder, pero os olívicos puxeron as cousas complicadas. O Calvo saíu moi concentrado, e marcou un 4-9 que deixaba clara a intención dos bergantiñáns gracias a un alto ritmo. Ao descanso 5 goles que demostran o bo facer dos verdes.

Na segunda recurtou o cadro vigués, cun ataque de 7 en varios momentos ata que reaccionaron e puideron marcar de novo diferencias sen perder a cabeza.

 

2ª Autonómica, xornada 10

  • Resultado: Bm Xallas - Bm. Ribeiro (28-16).
  • Bm. Xallas: Martín e Fran (p), Raúl (8), Alex (3), Marcos, Samuel, Gonzalo (3), Viqueira, Damian (4), David (1), Juan (2), Roi (1), Dani Rial (2), Eloy (4).
  • BM Xallas ante o Bm Ribeiro BM Xallas ante o Bm Ribeiro

    Comezaba o Xallas a segunda volta da liga ante un Ribeiro ao que lle tiñan ganas, pois na ida caeron dun só gol, nun partido bastante agresivo. Os verdinegros saian con todo, e xa dende o inicio tomaba vantaxa no marcador, mostrándose superior a un Ribeiro ao que lle costaba ver portería. A pesar de que en ataque posicional os xalleiros tiñan problemas para finalizar en gol, gracias á boa defensa e contragolpes foron abrindo diferencias no marcador, chegando ao descanso con un resultado cómodo de 14-6. A segunda metade seguiu o mesmo guión da primeira, un Xallas superior que intentaba manter un bo ritmo defensivo e poñer en funcionamento algunha xogada no ataque, a renda seguía en aumento e comezaba a festa no Fontenla. O partido manchouse no minuto 53, con un momento de tensión entre Raúl e outro xogador do Ribeiro, que provocou unha pequena tangana que os colexiados solucionaron coa expulsión dos dous principais implicados. Logo desto o xogo continuou ata a fin do encontro.

    O proximo encontro será en Tui, ante un rival no que os xalleiros deberán dalo todo para poder dar a sorpresa e sumar outros 2 puntos.

    Máis información

    Crónicas da tempada

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

    Comentarios