Martes. 17.09.2024
El tiempo

Balonmán: Gañar por inercia

Balonmán: Gañar por inercia
o BM Camarinas tralo partido de Cesantes-Foto-Patri Rivas O BM Camariñas, na imaxe de Patry Rivas, no partido de decembro ante o Cesantes, leva 10 de 10

Xa gañan por inercia os equipos costeiros de balonmán. O Calvo Xiria, nun partido malo e sen demasiado ambiente, venceu ao Lavadores e remata a primeira volta con pleno de vitorias.

Inercia, pero arrolladora, a do Bm. Camariñas para vencer ao Moaña, para sumar 10 de 10, e quedar a só 1 partido, importante a vindeira semana, de rematar invicto a primeira volta.

1ª Estatal Masculina, x. 15

  • Resultado: Calvo Xiria - Vilatrade Bm Lavadores (33-25)
  • CALVO XIRIA 33 (15+18): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Carlos Vilanova (2), Gabriel Castiñeiras (1), Brais Puñal, Pablo Iglesias (5), Juan Carlos Rodríguez, Miguel Suárez-Pumariega (3), Uxío Batán, Manuel Méndez (3), Sergio Facal (4), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete (1), Javier Rodríguez (2), Julián López (1), Hugo Rodríguez (10).
Calvo Xiria na casa

Partido lento do cadro conserveiro, pero soubo aproveitar os erros do rival para apretar nos momentos cruciais do choque. Antes do descanso un apretón serviu para marchar +4 aos vestiarios. Saíron fortes os vigueses que chegaron a empatar o partido a 19 cando ían disputados 10 minutos do segundo tempo. Foi nese intre cando o Calvo Xiria retomou os argumentos que lle permiten ser líder da categoría, defensa con anticipación, contraataque e unha boa selección de lanzamento no xogo posicional, conseguindo un parcial de 10- 2 que pechaba o partido.

A vindeira xornada vivirase o derbi provincial entre Calvo Xiria e OAR, será de novo no Vila de Noia ás 18:00.

15 vitoria do Calvo Xiria 15ª vitoria do Calvo Xiria  

1ª Autonómica masculina, x.10

  • Resultado: Balonmán Camariñas - Bm. Ártabro (33-22)
  • Bm. Camariñas: Cristian (p), Alan (2), Fary (12), Eusebio (3), Checho, Moncho, Fabio, Catalán (9), Héctor (1), Fran, Diego (1) e Xabi (5).
o BM Camarinas tralo partido de Cesantes-Foto-Patri Rivas 2 O BM Camarinas no partido de Cesantes-Foto-Patri Rivas

Partido con total dominio local, que mandou sempre no marcador, pero que pasou por tres fases claras. A primeira cunha saída en tromba do Camariñas que se distanción do equipo visitante en 8 goles. Logo tras pedir un tempo morto o equipo visitante e nun exceso de confianza dos locais, chego o marcador a un inquietante 18-17. A partir do minuto 40 xa foi un paseo para o Camariñas que cun parcial de 12-3 sentenciou o encontro.

Cómpre destacar que no banquiño visitante sentouse Tachi Patiño, vello coñecido, xa que foi adestrador da base do Camariñas.

Na próxima fin de semana o equipo camariñán desprazarase a Vigo para enfrontarse ao 6 do Nadal, que vai empatado no 2º posto co Carnes do Ribeiro, un rival duro para terminar a 1ª volta, que si se consegue un resultado positivo, terminaría imbatido este primeiro ciclo.

2ª Autonómica Feminina, x. 16

  • Resultado: Bm. Encaixe - Moaña (17-28)

As mozas do Encaixe perderon en casa contra o lider Moaña, pero deron a cara en todo momento, realizando un moi bo partido. As converveiras mantéñense na penúltima posición con 3 vitorias e un empate.

 

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas deste curso

Outras novas

Fonte

Comentarios