Martes. 10.09.2024
El tiempo

Balonmán: Impecables

Balonmán: Impecables
Calvo Xiria a

Seguen impecables e imparables os dous equipos costeiros, no máis alto das súas clasificacións, tras dúas novas vitorias.

 

1ª Estatal Masculina, x. 23

  • Resultado: Academia Octavio - Calvo Xiria (18-31).
  • Calvo Xiria: Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Brais Puñal, Pablo Iglesias (1), Uxío Batán (3), Sergio Facal (3), Gabriel Castiñeiras (1), Alejandro Calvete (2), Javier Rodríguez (3), Julián López, Hugo Rodríguez (4), Martín Alfeirán (3), Jorge Bouzas (4), Manuel Méndez (3), Miguel Suárez-Pumariega (3), Juan Carlos Rodríguez (1).
Calvo Xiria a

Aguantou o Octavio a primeira metade pero non puido manter o ritmo do líder na segunda, que en quince minutos só encaixou dous goles, gracias a intensidade defensiva e a labor de Iago baixo paus, namentres marcou dez. O partido estaba xa finiquitado.
Agora tócalle ao Calvo Xiria unhas xornadas ben intensas. O primeiro rival desta fase será o At. Novás o vindeiro sábado no Vila de Noia ás 20:15 horas.

 

1ª Autonómica masculina, x.17

  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Pontedeume (33-17)
  • Bm. Camariñas: Víctor (p), Cristian (p), Alan (2), Fari (8), Eusebio (4), Fabián (6), Moncho, Fabio (2), Héctor (4), Fran, Antelo (2), Diego (2) e Xabi (3).

Un derbi provincial, que sempre debería ser intenso e entretido, que mostrou dous equipos que parecía que xogaban ligas distintas, deixando un partido aburrido e sen apenas historia. Cun 17-6 no primeiro periodo quedou todo sentenciado, repartindo minutos para a totalidade do banquiño do Camariñas, que hoxe presentaba as baixas de Checho (lesión) e Catalán (viaxe).

A falta de 4 partidos para finalizar a liga, e con 7 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Conservas Boya poderá cantar o "alirón" a próxima xornada na súa visita a Poio, xa que cun empate sería suficiente pois o golaverage particular co Culleredo (2º) e o Ribeiro (3º), favorece sempre ao Camariñas.

 

1ª Autonómica Feminina, 2ª fase, x.4

  • Resultado: Carballal de Vigo - Bm. Encaixe (41-20)

O equipo feminino, este ano está pagando o seu inexperiencia, xa que é un equipo moi novo e o 90% das súas xogadoras son debutantes na categoría. Perderon cun contundente 41-20 en casa do líder Carballal de Vigo.

 

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas deste curso

Outras novas

Fonte

Comentarios