Balonmán: Invictus
Ao máis puro estilo Mandela, como o filme de Clint Eastwood sobre a selección de Sudáfrica de rugby, os equipos masculinos de balonmán da bisbarra seguen a súa carreira polo título nas súas categorías. 11 de 11 suma o Calvo Xiria na 1ª Estatal e 7 de 7 o Bm. Camariñas na 1ª Autonómica.
Todo antes de que chegue o I Día da Nai no Balonmán, unha fermosa iniciativa das EB Xiria.
1ª Estatal Masculina, x. 11
- Resultado: Bm Saeplast Cañiza - Calvo Xiria (25-31)
- CALVO XIRIA 31 (16+15): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal (2), Manuel Méndez (4), Sergio Facal (1), Uxío Batán (3), Martín Alfeirán (3), Julián López (5), Carlos Vilanova (3), Jorge Bouzas (1), Gabriel Castiñeiras, Javier Rodríguez, Miguel Suárez-Pumariega (3), Gonzalo Pombo (3), Hugo Rodríguez (3).
Sabe gañar tamén o Calvo Xiria nun partido frío e aburrido. Os carballeses contaxiáronse dos erros dos locais, concedendo en defensa opcións de chegar até os sete metros para lanzar. Tamén é ben certo que nos derradeiros dez minutos da primeira parte aumentou o seu ritmo e acadou unha vantaxe de cinco goles ca que xogou durante todo o segundo tempo ante un rival, moi duro nos contactos defensivo sobre todo despois de que os carballeses soltasen o balón.
A segunda parte estivo marcada polo control do partido que levou a cabo o Calvo Xiria, impedindo que os locais tiveran opcións de inquietar aos verdinegros que deste xeito manteñen a súa posición de privilexio na táboa clasificatoria.
1ª Autonómica masculina, x.4
- Resultado: Bm. Pontedeume – Bm. Camariñas (17-23).
- Bm. Camariñas: Cristian (p), Fary (3), Eusebio (4), Checho, Moncho, Fabio, Catalán (8), Héctor (1), Antelo (2), Diego (1) e Xabier (4).
Boa vitoria a domicilia do Camariñas, que lle permite seguir liderando a clasificación da 1ª División Autonómica. Van 7 xornadas invicto e cun balance importante na defensa, xa que é outro o partido en que os rivais non conseguen pasar dos vinte goles, o que fai que cada vez a defensa camariñana atópese máis fortalecida, malia o curto do persoal.
A proxima xornada descansan as mozas e os senior do Bm. Camariñas reciben ao recén descendido de 1ª división Nacional, o Poio de Pontevedra.
1ª Autonómica Feminina, x.9
- Resultado: Bm Porriño - Goldie Xiria (34-18)
- Goldie Xiria: 18 (8+18). Brenda Noya(p), Andrea Pose (p), Uxía Pazos, Nuria Noya, Saray Couto, Alba Rodríguez(1), Raquel Gómez (2), Juana Garrochena(5), Adriana Groba, Zeltia Landeira (6), Elena Segade (2), Sara Pombo (2).
Visitaba o Goldie Xiria Porriño sen ningún complexo e coa idea de seguir a súa progresión persoal como colectivo ante un exame en grao sumo esixente. Despois de entrar realmente frías no encontro, como o acredita o 8-2 do minuto quince, as de Carballo foron recuperando terreo a partir do meridiano do primeiro acto, establecendo un parcial de 5-6 neste tramo e un marcador de 13-8 no tempo de descanso. A segunda parte comezou como terminou a primeira, coas de Xiria mantendo o tipo ante un enorme rival, e conseguindo que os algarismos se situasen por baixo dos dez goles de diferenza. Foi no último suspiro e a falta de dez minutos, cando, tras encadear varias perdidas de balón e acumular algunhas decisións precipitadas, as de Porriño superaron esa barreira psicolóxica dos dez tantos de diferenza, beneficiándose dos erros das verdinegras e ampliando a súa vantaxe no contragolpe ata o 34-18 final.>/p>
2ª Autonómica Feminina, x.10
- Resultado: Encaixe Camariñas - SAR (18-27) (9-11 no descanso).
I Día da Nai no Balonmán
As Escolas Balonmán Xiria organizan o “I Día da Nai no Balonmán” o sábado 3 de decembro do 2016 no CEIP Fogar. Será unha homenaxe ao balonmán feminino, cun torneo de balonmán feminino entre nais e xogadoras, nunha xornada de convivencia, na que colaboran as xogadoras do equipo senior feminino, o Goldie Xiria, e as xogadoras das categorías base do Xiria.
Pola mañá haberá partido no que as Nais serán protagonistas, coas xogadoras ddas Escolas e do Goldie. E despois de comer, ás 18:00h, toca voltar ao pavillón da Zona Escolar para ver o partidazo do Calvo Xiria co Granitos Ibéricos.
Máis información
- Resultados e clasificacións da 1ª Autonómica Feminina (Goldie Xiria).
- Resultados e clasificacións da 1ª Autonómica masculina (Bm. Camariñas).
- Resultados e clasificacións da 2ª Autonómica Feminina (Encaixe Camariñas).
- Resultados e clasificacións da 2ª Autonómica masculina. Gr. 2 (Bm. Xallas).
Novas relacionadas
- O Norte ó poder.
- O Calvo, máis líder e de novo representante galego na Federación Española.
- O Balonmán Camariñas, a defensa menos goleada do campionato.
- Balonmán: Posta de longo para o Bm. Camariñas.
- O Xallas ponse de longo mentres Xiria e Conservas seguen en marcha.
- A canteira do Xiria pode coa carteira do Chapela mentres o Bm. Camariñas quece motores.
- Carballo vístese de verde Xiria>Carballo vístese de verde Xiria.
Outras novas
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).