Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Balonmán: Non poden cos líderes costeiros

Balonmán: Non poden cos líderes costeiros
Xogador do Bm Camarinas-Foto-Emilio Roca Importante vitoria do Bm. Camariñas ante o Pabellón-Foto-Emilio Roca

Equipos da zona alta visitaban o Vila de Noia e o Areal, e ambos saían escaldados de enfrontarse antes os líderes da 1ª Estatal e 1ª Autonómica. Autoritarios os equipos costeiros nas súas ligas, mantendo os seus postos de privilexio. Así, xornada importante para o Calvo Xiria, que vencía ao 3º, e ademais vía como o inmediato perseguidor, o Porriño, caía na Caiñza polo que a vantaxe aumenta a 4 puntos. Pola súa parte o cadro camariñán mantén 5 puntos de marxe sobre o Ribeiro.

 

1ª Estatal Masculina, x. 22

  • Resultado: Calvo Xiria - Embutidos Lalinense Bm Lalín (28-25)
  • Calvo Xiria: Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Brais Puñal, Pablo Iglesias (6), Uxío Batán, Sergio Facal (4), Gonzalo Pombo, Alejandro Calvete (1), Javier Rodríguez, Julián López (2), Hugo Rodríguez (5), Martín Alfeirán (4), Jorge Bouzas (1), Manuel Méndez (1), Miguel Suárez-Pumariega, Carlos Vilanova (4).

Gran partido ante case medio millar de espectadores (dúas das grandes afeccións da categoría e así o demostraron enchendo de cor o pavillón) o vivido o sábado, con moita rivalidade, emoción e igualdade.

Comezou o Lalín máis acertado pero xa antes de que se chegasen aos 10 minutos o Calvo tomou a dianteira, A partir de aí o Calvo sempre tivo unha pequena vantaxe pero o Lalín non se deixou levar en ningún momento e só a tranquilidade e as boas lecturas permitiron aos locais manter 3 puntos vitais.

 

1ª Autonómica masculina, x.16

  • Resultado: Bm. Camariñas - Pabellón Ourense (26-23)
  • Bm. Camariñas: Víctor (p), Cristian (p), Alan (2), Fari (6), Eusebio (4), Fabián (3), Moncho, Fabio, Héctor (2), Catalán (6), Fran, Antelo (1), Diego e Xabi (1)
Bm Camarinas-Pabellon Ourense-Foto-Emilio Roca Imaxe do Bm Camariñas-Pabellón Ourense-Foto-Emilio Roca

Presentábase un partido dificil no Areal, xa que a boa defensa do Ourense sempre se lle fai dificil aos de Camariñas. Aínda que os locais sempre foron por diante no marcador, a diferenza dos esperados ao cadro camariñán. Soubo lidiar o técnico Juan Ramón ao equipo rival non deixándose levar polos continuos intentos desestabilizadores legais e ilegais do técnico visitante, que intentou romper de todos os xeitos posibles a cohesión do equipo conservero. Proba de todo iso foron as 9 exclusións camariñás por soamente 3 visitantes.

O próximo partido será de novo en Camariñas, o próximo sabado 11 de marzo ás 18:30 no pabellón municipal de Camariñas "O Areal", derbi provincial contra o Pontedeume, que agora mesmo non está pasando polo seu mellor momento, pero ante o Camariñas sempre se crece, prometendo un enfrontamento entretido.

 

1ª Autonómica Feminina, x.3

  • Resultado: Bm. Tui - Encaixe Camariñas (18-24)

Pola súa banda o equipo feminino segue sen sorte, xa que mereceu algo máis ante o Tui, no partido que tiña aprazado da terceira xornada que terminou cun inxusto 18-24.

 

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas deste curso

Outras novas

Fonte

Comentarios