Balonmán: O Calvo, máis líder e de novo representante galego na Federación Española
Fin de semana inmellorable para o Calvo Xiria. Visitaba o ateigado Pavillón Municipal do Rosal, con 700 persoas nas bancadas entre as que estaban facendo moito ruído e dándolle un ton verde un autobús de carballeses. Os carballeses enfrontábanse ao outro equipo invicto da categoría, e tras un auténtico partidazo os verdes levaron a vitoria e manteñen o liderado e abre unha fenda na táboa, sacando xa tres puntos aos pontevedreses..
Ademais, a familia carballesa recibía a boa nova de que os clubs galegos volveron escoller ao Escolas Balonmán Xiria como un dos 3 clubs que representarán ao balonmán galego durante os vindeiros catro anos na Asemblea Xeral da Real Federación Española de Balonmano, asemblea que será quen elixa proximamente ao Presidente da RFEBM no proceso electoral que se está a levar a cabo. Será a 3ª “lexislatura” consecutiva na que Bergantiños representará os intereses do balonmán galego perante a RFEBM, e o fai xunto ao Bm. Cangas, o S.D. Teucro e o Bm. Porriño.
Por Camariñas, o cadro masculino segue sumando vitorias e xa son 5 de 5, os mesmos que o Sedona, co que comparte liderato. Mentres, o equipo Senior feminino perdeu 33-14 no seu desprazamento á Guarda e non sae da zona baixa.
1ª Estatal, xornada 9
- Resultado: Acanor At Novás - Calvo Xiria (20-22)
- CALVO XIRIA 22 (10+12): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Alejandro Calvete (2), Brais Puñal, Manuel Méndez (1), Sergio Facal, Uxío Batán, Martín Alfeirán (2), Julián López, Carlos Vilanova (3), Jorge Bouzas (2), Pablo Iglesias (10), Javier Rodríguez, Miguel Suárez-Pumariega, Gonzalo Pombo, Hugo Rodríguez (2).
Partido dos que se recordarán no Rosal, nun choque arcado pola absoluta entrega dende unha total deportividade na pista como nas bancadas. E iso que era un choque fundamental na loita polo liderato. Era un partido moi emotivo ademais porque o Calvo enfrontábase a Ramón Suárez Pumareda, un vello amigo da familia carballesa.
Foi un choque intenso de principio a fin, con moita velocidade e sen diferenzas do electrónico o que mantivo a igualdade ata os últimos minutos. 19-20 estaba o marcador nos últimos instantes pero se algo ten levar unha racha de vitorias coma a do Calvo Xiria é a confianza, e cun gol de Martín, unha parada de Iago e un novo gol de Pablo sentenciaba o encontro.
Xogadores do saudando ao carballés Ramón Suárez Pumareda1ª Autonómica masculina, x.5
- Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Tui (37-22)
- Bm. Camariñas: Cristian (p), Fary (10), Eusebio (9), Checho (2), Moncho, Fabio (1), Héctor (5), Antelo (1), Diego (3) e Xabier (6).
Sobrou o segundo tempo, cun primeiro periodo onde o Camariñas o fixo case todo ben. Defendeu, saíu en contras rápidas e xogou moitísimo criterio, non dando opción a un rival que nada puido facer. Na segunda metade, baixouse a intensidade considerablemente, que só serviu para manter as distancias no marcador, xa que se xogou lento e sen o desgastar físico que se impuxo na primeira metade. Non puideron xogar nin Alan nin Fran por lesión.
No partido do próximo sábado viaxa o Camariñas a Casa do Nova Xestión Ourense, terceiro clasificado e un dos aspirantes ao título.
1ª Autonómica feminina, x.8
- Resultado: A7. Guardés - Encaixe Camariñas (33-14)
Nada puideron facer as camariñás na visita á Guarda.
1ª Autonómica feminina, x.7
- Resultado: Goldie Xiria - Bm. Caselas (15-25)
- Goldie Xiria: 15 (6+9). Brenda Noya (p), Andrea Pose (p), Juana Garrochena (5), Sara Pombo (1), Alba Rodríguez, Tamara Pombo (4), Adriana Groba, Yessica Posse, Natalia Solís (1), Saray Couto, Nuria Noya, Uxía Pazos, Sheila Ferreiro, Raquel Gómez (2), Diana Rodríguez, Zeltia Landeira (2).
Segue mellorando a pesar da derrota ante o Caselas o Goldie Xiria, neste curso de cambio tralas numerosas baixas e a gran xuventude do novo plantel. As do Goldie trataron cara a cara ao conxunto pontevedrés durante o primeiros vinte minutos, pero tres perdidas de balón consecutivas, facilitaron un 0-3 de parcial ao fío do descanso. A segunda parte foi de claro domino visitante e os erros das verdinegras nos primeiros minutos deste tempo, foron claves para o devir dos trinta minutos finais.
En todo caso as carballesas demostran que cada día compiten mellor.
Máis información
- Resultados e clasificacións da 1ª Estatal Masculina (Calvo Xiria).
- Resultados e clasificacións da 1ª Autonómica Feminina (Goldie Xiria).
- Resultados e clasificacións da 1ª Autonómica masculina (Bm. Camariñas).
- Resultados e clasificacións da 2ª Autonómica Feminina (Encaixe Camariñas).
- Resultados e clasificacións da 2ª Autonómica masculina. Gr. 2 (Bm. Xallas).
Novas relacionadas
- O Balonmán Camariñas, a defensa menos goleada do campionato.
- Balonmán: Posta de longo para o Bm. Camariñas.
- O Xallas ponse de longo mentres Xiria e Conservas seguen en marcha.
- A canteira do Xiria pode coa carteira do Chapela mentres o Bm. Camariñas quece motores.
- Carballo vístese de verde Xiria>Carballo vístese de verde Xiria.
Outras novas
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).