Balonmán: O Xiria mantén o pulso polo título

Non cede o Calvo Xiria mantendo o pulso do At. Novás. Os carballesese visitaban a pista do 5º clasificado e vencían sen demasiados problemas, o que lle permite seguir na 2ª praza, a 3 puntos do líder, e con 4 puntos de vantaxe aos seus perseguidores, Octavio e Lalín.
O Bm. Camariñas, cunha serie durísima de baixas, caía na casa a pesar de face un gran esforzo dos xogadores digno de eloxio, e do gran ambiente e animación na grada como sempre, especialmente os Boya Blues. O cadro conserveiro enlaza 3 xornadas sen gar e baixa ata as 12ª praza, nun nutrido grupo de 4 equipos con 16 puntos (Cañiza, Teucro e Luceros).

1ª Estatal, xornada 21
- Resultado: Chapela - Calvo Xiria (24-35)
- Calvo Xiria: 35 (18+17). Antonio Mato, Carlos Vilanova (6), Gabriel Castiñeiras, Julián López (4), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Igrexas (5), Chimpo (7), Miguel Suárez- Pumariega (1), Juan Carlos Rodríguez (4), Manuel Méndez (1), Sergio Facal, Jorge Bouzas (6), Alex Calvete (1), Iago Gómez.
0-5 arrincaba o encontro demostando que saben o que se xogan a estas alturas da tempada. Dominaba en todas as facetas durante o primeiro tempo chegado 7 arriba ao descanso.
Tentaron a reacción os de Chapela e conseguiron achegarse no marcador ata os 4 goles de diferenza, grazas aos lanzamentos exteriores que facían dano á retagarda. Pero de novo o cambio defensivo do Calvo Xiria, aumentando de forma visible a profundidade, permitía roubos e contras para sentenzar.
1ª Estatal, xornada 21
- Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Lavadores (24-31)
- Bm. Camariñas: Cristian (p), Félix (p), Alan (1), Cristian Canosa Figuegoa (8), Joaquín, Borja Tajes (5), Fabio (3), Cristian Canosa Pasantes (4), Fran Carril (1), Cristian Antelo (2)
Pronto se rompeu o partido en Camariñas, e aos 10 minutos os vigueses xa marcharan no marcador de ata 8 goles. Un cambio de sistema defensivo fixo reaccionar aos locais chegando ao descanso 15/19. Moitos goles encaixados para un equipo baseado na defensa como é do Moncho Canosa.
Saíu mellor o equipo na segunda parte conseguindo poñerse 1 arriba no min 45. Nese intre tivo o cadro conserveiro varias oportunidades para abrir fenda pero non foron capaces. A partir de entonces, e sen cambios, o equipo pagou o esforzo de todo o partido e o ritmo alto deste, aproveitándoo o rival para conseguir os 2 puntos.
2ª Autonómica, xornada 17
- Resultado: Bm. Línea - Bm. Xallas (31-24)
Máis información
- Clasificación da 1ª Estatal.
- Calendario e resultados da 1ª Estatal.
- Calendario e clasificación da 2ª Autonómica Masculina.
Crónicas da tempada
- X.18: Escapando da zona perigosa.
- X.14: Derrotas que non empañan un comezo de temporada espectacular.
- Rematando o ano tranquilos e… líderes?
- O Xallas xa sabe sumar.
- X.11: Puntos contra a Violencia de Xénero.
- X.9: Sumando ante a mellor afección da lig.
- X.8: A festa do balonmán 100% costeiro, 10 anos despois.
- X.7: Sábado de afeccións.
- X.6: O Calvo responde.
- X.5: O Bm. Camariñas presentouse en casa en clave de festa.
- X.4: Doble derrota conserveir.
- X.3: En zona nobre.
- X.2: A primeira saída depara unha vitoria e unha derrota para os costeiros.
- X.1 :Calvo e Conservas empezan a campaña na 1ª Nacional con sendas vitorias.
Novas relacionadas
- Novembro 17: Os partidos do Xiria, na tele.
- Maio 2017: Un equipo que venderá a súa praza acabou co soño do ascenso do Calvo Xiria.
- Maio 2017: Balonmán: O Bm. Camariñas conseguiu en Valladolid un histórico ascenso á 1ª.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).