xoves. 01.05.2025
El tiempo

Balonmán: A canteira do Xiria pode coa carteira do Chapela mentres o Bm. Camariñas quece motores

Balonmán: A canteira do Xiria pode coa carteira do Chapela mentres o Bm. Camariñas quece motores

3 de 3 leva o Calvo Xiria neste inicio de campaña na 1ª Estatal. A última vitoria, ademais moi emotiva, pois o cadro carballés leva anos disputando difífiles partidos ante un dos equipos con máis influencia na Liga. Así, sentírono como unha vitoria da canteira carballesa ante a carteira do Chapela. Queda así o Calvo como líder en solitario, esperando confirmar este mércores o seu gran momento de forma ante a visita do Bueu.

Pola súa banda o Goldie Xiria segue sen coñecer a vitoria tras dúas xornadas, pero a cousa aínda non é grave na 1ª Autonómica.

Bm Encaixe Camarinas O BM Encaixe xa está en competición

En 2ª categoría tamén compiten as xogadoras do Encaixe Camariñas, que descansaban esta pasada fin de semana, e suman 1 punto nas primeiras 4 xornadas. Este mércores disputan a 5ª xornada ás 12:30h no Areal un derbi ante o Culleredo.

Pola súa banda, o Bm. Camariñas arrinca a tempada este vindeiro sábado 16 recibindo ao Balonmán Narón.

1ª Estatal Masculina, x.3

  • Rodosa Bm. Chapela - Calvo Xiria (23 - 29)
  • CALVO XIRIA 29 (16+13): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Alejandro Calvete (1), Brais Puñal (1), Manuel Méndez (3), Sergio Facal (6), Uxío Batán, Martín Alfeirán (3), Julián López, Andrés Vila (1), Gabriel Castiñeiras, Jorge Bouzas (2), Pablo Iglesias (6), Javier Rodríguez (3), Miguel Suárez-Pumariega, Hugo Rodríguez (3).

Traballada vitoria do Calvo Xiria na súa visita ao Rodosa Bm. Chapela, un dos equipos chamados a ocupar o máis alto da táboa clasificatoria. Dende o minuto sete que logrou tomar o mando logo dun gol de Sergio Facal, xa non deixou de levar a iniciativa no marcador o conxunto carballés.

O Calvo Xiria disputa este mércores ás 12:00h a 4ª xornada de liga no Pavillón Vila de Noia ante o Bueu At., nun partido no que de novo o apoio dos seus seareiros será fundamental para acadar un resultado positivo. Será unha mañá completa de balonmáns cos cadetes e xuvenís xogando antes.

 

1ª Autonómica Feminina, x.2

  • Resultado: Golide Xiria - Bm Porriño (11-32)
  • Goldie Xiria: 11 (6+5). Brenda, Andrea, Uxía (1), Nuria, Soraya, Diana, Alba (1), Sheila (1), Natalia (1), Jessica, Raquel (1), Juana (6), Adriana.
GOLDIE-DESTACADA-2-672x372

Demasiado forte o Porriño para as mozas do Goldie. As de Carballo mostraron unha clara melloría no seu xogo nos primeiros trinta minutos do envite e as visitantes non foron capaces de romper o partido até o minuto vinte do primeiro acto. Na segunda metade xa non houbo partido e as locais perdían demasiados balóns.

As carballesas aínda non coñecen a vitoria e pechan a táboa xunto ao Tui e o Lalín.

Un carballés, á 1ª División

Ivan Calvo Santos do Calvo ao Lavadores Ivan Calvo Santos, do Calvo ao Lavadores

O xogador carballés Iván Calvo Santos, xogador formado nas Escolas Balonmán Xiria, e que o ano pasado militou no equipo xuvenil do Laber Xiria, fichou no equipo vigués da UB Lavadores. Iván, que chegou a xogar varios partidos a pasada campaña co Calvo Xiria na 1ª División Estatal, xogará deste xeito na mesma categoría que o equipo carballés.

A fichaxe polo club olivico vén motivada debido a que o rapaz continuará os seus estudos en Vigo. Iván contaba con outras dúas ofertas de clubs de 1ª da zona viguesa pero finalmente decantouse pola de Lavadores, equipo co que xa disputou os primeiros minutos o pasado sábado.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios