venres. 02.05.2025
El tiempo

Balonmán: Rematando o ano tranquilos e… líderes?

Balonmán: Rematando o ano tranquilos e… líderes?
Choque do Bm Xallas ante o Asmubal Choque do Bm. Xallas ante o Asmubal

Boa xornada esta para os equipos costeiros da 1ª Estatal, cunha doble vitoria. Non fallou o Camariñas na pista do pechacancelas, e suma tres vitorias seguidas que dan un importante desafogo para afrontar o Nadal, alonxándose da zona de perigo e permitindo encarar o futuro con máis tranquilidade. O vindeiro sábado ás 18:30h ante un Lalín na zona alta, festa de fin de ano na Ponte do Porto, sen apuros, para agradecer o apoio da afección.

Tampouco fallou o Calvo Xiria ante o antepenúltimo, e se mantén a 1 punto do líder. Un At. Novas que terá que visitar o Pavillón da Zona Escolar o vindeiro sábado 16 ás 18:00 para decidir que equipo remata no máis alto o 2017.

Mentres, na 2ª Autonómica, o Bm. Xallas acadou un bo resultado, a pesar de caer derroado na casa ante un rival moi superior como era o Asmubal. Pero parece claro, despois da primeira vitoria da semana pasada, que se estos rapaces seguen nesa liña, na segunda volta poderán dar moitas alegrías aos afeccionados de Santa Comba.

 

1ª Estatal, xornada 13

  • Resultado: BM Porriño - BM Camariñas (25-34)
  • BM. Camariñas: Cristian (p), Félix (p), Alan (2), Cristian Canosa (8), Eusebio, Joaquín, Fabio (1), Alberto (2), Fran Carril (1), Cristian Antelo (6), Diego Alonso, Fabián (6) e Xabi (7).

Gran partido dos de Moncho Canosa, que comezaron algo imprecisos en ataque pero moi sólidos en defensa. Con paciencia ían chegando opcións claras de lanzamento e o equipo collía confianza para acabar 5 arriba ao descanso. Á volta dos vestiarios os locais deron un impulso, pero a defensa e a portería conserveiras non se puxeron nerviosas e souberon ler o partido, ser intelixentes e aproveitar cada variante.

 

1ª Estatal, xornada 12

  • Resultado: S.A.R. Plastic Omnium - Calvo Xiria (21-31)
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p) (1), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (3), Gabriel Castiñeiras (2), Julián López (2), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (8),Miguel Suárez-Pumariega, Juan Carlos Rodríguez (5), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (2), Alejandro Calvete (2), Sergio Facal Fariña (1).

O Calvo Xiria pode rematar o ano líder da 1ª Estatal se vence a semana que vén ao Novás. Antes tivo que desfacerse, sen problemas, do SAR, un dos equipos da zona baixa, ao que dominou dende o comezo. Non saíron confiados os verdes e pronto marcharon no marcador para non volver.

https://www.facebook.com/estacionbalonmano/videos/2066586783562592/  

2ª Autonómica, xornada 9

  • Resultado: Bm. Xallas - Asmubal Meaño (25-27)
  • Bm. Xallas: Martin e Miguel (p), Raúl (9), David (2), Dani Rial (1), Samuel, Marcos, Damian (7), Alex (4), Eloy (2), Gonzalo e Oscar.
Ponte intensa para o Balonmán Xallas, que logo de xogar dous amistosos coas seleccións cadetes de Galicia e Asturias no torneo do Salnés, volvía a Santa Comba para recibir en Fontenla ao Balonmán Asmubal de Meaño, un dos rivais mais duros da liga, 3º clasificado na táboa.

Os de Miguel Barbeira salían a pista coa única misión de poñerlle as cousas difíciles a un rival que se sentía superior. E así foi dende o primeiro minuto, onde os de Meaño non acababan de coller vantaxes, as defensas e a pouca fluidez ofensiva facían un partido moi igualado, con empate no electrónico cara os dez últimos minutos da primeira metade, onde os visitantes collían una vantaxe de 4 goles, chegando ao descanso 9-13.

Á volta do descanso os xalleiros saíron máis enchufados e recortaron ata poñerse a un só gol, logo de varias xogadas acertadas dos xalleiros e boas intervencións de Miguel na portería. Ainda así, a remontada non chegou a culminar debido a varias perdas de balón, e algun erro defensivo que permitiron ao Asmubal escaparse de novo a 4 goles e coller o mando do partido. A falta de 5 min o Xallas perdía de 5 goles, pero os xalleiros non estaban dispostos a rematar así o encontro, e coa presión adiantada sobre o central mais o lateral dereito, provocaron perdas de balón e lanzamentos moi forzados dos visitantes. O técnico de Meaño viuse obligado a pedir un tempo morto para calmar a situación a falta duns poucos segundos para o final. Así foi, os de Asmubal conseguiron aguantar o balón ata o final, co que conseguirían a victoria con un apretado 25-27.

Antes de irse de vacacións de nadal, o Xallas viaxará a vindeira semana a Ourense, para xogar ante o COSAGA Campus Ourense, segundo clasificado, empatado a puntos co líder.

 

Máis información

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios