Balonmán: Triple vitoria costeira e un bus ao Rosal que vale unha Liga
14:50 24/04/18
Triple vitoria esta semana para o balonmán costeiro.
A nova vitoria do Calvo Xiria ante o SAR na casa deixa aínda a porta aberta ao título. Xa ca Fase de Ascenso á División de Honra B asegurada, os carballeses viaxan este vindeiro sábado ao Rosal, a enfrontarse precisamente ao líder, un At. Novás que non falla. Os verdes fletarán un bus, así que xa podedes ir reservando praza para animar á marea.
Mentres, o Balonmán Camariñas volvía recuperar sensacións cunha vitoria ante o pechacancelas que o afianza nunha cómoda 13ª praza, e deixando defintivamente fóra do alcance aos seus perseguidores a falta de 2 xornadas.
Os que tamén sumaron unha importante, sobre todo moralmente, vitoria foron os do Bm. Xallas en Ferrol. Uns puntos que deixan aos xalleiros na 10ª praza.
1ª División Estatal Masculina, x.28
- Resultado: Calvo Xiria – S.A.R. Plastic Omnium (22-20)
- Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila (2), Carlos Vilanova (4), Gabriel Castiñeiras (5), Julián López, Brais Puñal, Fran Rey, Juan Carlos Rodríguez (4), Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (2), Alejandro Calvete (1), Chimpo (3), Miguel Suárez – Pumariega.
1ª División Estatal Masculina, x.27
- Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Porriño (32-23)
2ª Autonómica, xornada 21
- Resultado: Bm. Ferrolterra - Bm. Xallas (21-22)
- Bm. Xallas: Martin (p), Fran (p), Raul, Rial, David, Samuel, Mario, Marcos, Viqueira, Juan, Gonzalo e Alex.
Máis información
- Clasificación da 1ª Estatal.
- Calendario e resultados da 1ª Estatal.
- Calendario e clasificación da 2ª Autonómica Masculina.
Crónicas da tempada
- X.27: O Xiria dá o do de peito e métese na Fase de Ascenso á División de Honra B.
- X.25: Cun pé na fase de ascenso
- X.24: Marchas opostas.
- X.23: Un derbi para despedir a un histórico.
- X.22: O Xiria non falla e mantén a loita olo título:
- X.20: O Xiria mantén o pulso polo título:
- X.18: Escapando da zona perigosa.
- X.14: Derrotas que non empañan un comezo de temporada espectacular.
- Rematando o ano tranquilos e… líderes?
- O Xallas xa sabe sumar.
- X.11: Puntos contra a Violencia de Xénero.
- X.9: Sumando ante a mellor afección da lig.
- X.8: A festa do balonmán 100% costeiro, 10 anos despois.
- X.7: Sábado de afeccións.
- X.6: O Calvo responde.
- X.5: O Bm. Camariñas presentouse en casa en clave de festa.
- X.4: Doble derrota conserveir.
- X.3: En zona nobre.
- X.2: A primeira saída depara unha vitoria e unha derrota para os costeiros.
- X.1 :Calvo e Conservas empezan a campaña na 1ª Nacional con sendas vitorias.
Novas relacionadas
- Novembro 17: Os partidos do Xiria, na tele.
- Maio 2017: Un equipo que venderá a súa praza acabou co soño do ascenso do Calvo Xiria.
- Maio 2017: Balonmán: O Bm. Camariñas conseguiu en Valladolid un histórico ascenso á 1ª.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).