Balonmán: Un derbi para despedir a un histórico
Bm Camariñas e Calvo Xiria renderon unha emotiva homenaxe a Borja Tajes
Partido emotivo o vivido esta pasada fin de semana no Areal. o tempo do Balonmán na Costa da Morte acollía non só por ser ese esperado derbi de 1ª Estatal, se non que despedía a un histórico como Borja Tajes. Aos seus 32 anos, o xogador do Camariñas e ex do Xiria, ten que deixar a práctica do balonmán por problemas no xeonllo, e as dúas afeccións, e os dos equipos costeiros demostraron o afecto que este deporte lle ten a este carismático xogador costeiro.
No deportivo, o Calvo levou os puntos que lle permiten seguir loitando polo título e polo ascenso, pero o At. Novás tampoucofalla e se mantén a 3 puntos. Por detrás, a derrota do Octavio deixa ao Bm. Lalín como 3º xa a 4 puntos do Xiria.
Pola súa parte, o Bm Xallas recibía a Lucus en Fontenla, un rival co cal chegaban empatados a 10 puntos. Era importante para os xalleiros xa que logo de 3 derrotas consecutivas, unicamente servía a vitoria para recuperar a moral de xornadas atrás. E así foi, unha vitoria cómoda que lle serve para recuperar a moral.
1ª División Estatal Masculina, x.23
- Resultado: Bm Camariñas Conservas Boya - Calvo Xiria (22-29)
- Parciais cada 5´: 1-3/2-6/3-7/5-9/7-13/11-15 /Descanso/11-19/13-21/15-24/19-24/21-26/22-29.
- Bm. Camariñas: Cristian Vigo (p), Félix (p), Alan Fuentes (5), Eusebio, Sergio Moreira, Borja Tajes (1), Damián, Fabio, Gonzalo Pombo (4), Cristian Canosa (2), Fran Carril (2), Fabián Canosa (5), Cristian Antelo (3).
- Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (3), Gabriel Castiñeiras, Julián López (2), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (5),Juan Carlos Rodríguez, Manuel Méndez (6), Jorge Bouzas (7), Alejandro Calvete (1), Sergio Facal Fariña, Chimpo (4), Miguel Suárez – Pumariega (1).
Espectacular o ambiente que crean os Boya Blues no Areal
Fermoso o ambiente que forman os Boya Blues na bancada do pavillón camariñán. Os carballeses, conscientes de que non se podían eixar un só punto, saíron dende o comezo moi fortes, marcando vantaxes de 4-5 goles dende moi pronto. Pero o Boya, a pesar das innumerables baixas non se daba por vencido e pelexou cada balón, aproveitando os erros dos visitantes para manterse a tiro.
Foi no comezo da segunda cando o Xiria rompería o partico, cunha saída en tromba que lle permitía marcharse a 8 de distancia. Pero aí estaba a afección local para levar en voandas aos seus para non darse por vencidos e volver a meterse no choque, aínda que finalmente non puido ser e os puntos marcharon a Carballo.
O final, moi emotivo, cun só nome: Borja Tajes.
2ª Autonómica, xornada 18
- Resultado: Bm. Xallas - Club Bm. Lucus (23–15)
- Bm. Xallas: Martín (p), Fran (p), Raúl (8), Dani, David (2), Samuel, Mario (2), Marcos (3), Alex (4), Eloy (4), Viquira, Juan e Gonzalo.
Choque do Bm Xallas co Lucus
Saían moi ben en defensa o Bm Xallas, que impedía que o Lucus poidera xogar cómodamente, e forzábaos a lanzamentos difíciles ou pases complicados, mentres que no ataque pouco a pouco ian encontrándose con goles, aínda que con certa dificultade, pois certas imprecisións de pases e algunhas precipitacións buscando portería impedían aos xalleiros chegar con máis ventaxa ao descanso. Así se mostrou no resultado ao descanso, un 11-6 que amosaba que o realmente forte deste equipo é a defensa.
Na segunda metade non daban tregua os xalleiros, que seguirían ampliando ata chegar a unha vantaxe de 10 goles. A partir de ahí, a relaxación dos locais derivou en goles sinxelos para o Lucus e en exclusións dos xalleiros.
A vindeira xornada, o Bm Xallas visitará Pontedeume, equipo que está na loita polo ascenso, e que os de Santa Comba tratarán de complicarlles as cousas e volver a confiar en loitar contra calquera equipo.
Máis información
- Clasificación da 1ª Estatal.
- Calendario e resultados da 1ª Estatal.
- Calendario e clasificación da 2ª Autonómica Masculina.
Crónicas da tempada
- X.22: O Xiria non falla e mantén a loita olo título:
- X.20: O Xiria mantén o pulso polo título:
- X.18: Escapando da zona perigosa.
- X.14: Derrotas que non empañan un comezo de temporada espectacular.
- Rematando o ano tranquilos e… líderes?
- O Xallas xa sabe sumar.
- X.11: Puntos contra a Violencia de Xénero.
- X.9: Sumando ante a mellor afección da lig.
- X.8: A festa do balonmán 100% costeiro, 10 anos despois.
- X.7: Sábado de afeccións.
- X.6: O Calvo responde.
- X.5: O Bm. Camariñas presentouse en casa en clave de festa.
- X.4: Doble derrota conserveir.
- X.3: En zona nobre.
- X.2: A primeira saída depara unha vitoria e unha derrota para os costeiros.
- X.1 :Calvo e Conservas empezan a campaña na 1ª Nacional con sendas vitorias.
Novas relacionadas
- Novembro 17: Os partidos do Xiria, na tele.
- Maio 2017: Un equipo que venderá a súa praza acabou co soño do ascenso do Calvo Xiria.
- Maio 2017: Balonmán: O Bm. Camariñas conseguiu en Valladolid un histórico ascenso á 1ª.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).