Basket: As Júnior do ACB celebran un título


Xornada de contrastes que deixou a enorme alegría da consecución do titulo de liga para o equipo júnior feminino, que se proclamaron ca súa vitoria campioas de grupo. A fin de semana tamén deixou o impresionante partido das infantís pero tamén a impoñente derrota dos sénior e as axustadas dos cadetes e dos júnior.
3ª División Sénior Masculino
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – FUCOBET (25-80).
Mal partido no comezo da segunda volta para o equipo sénior masculino que sufriu a maior derrota do ano fronte o mellor conxunto da categoría que segue invicto despois de once xornadas. O equipo local que se presentaba cas baixas de Sergio, Alfredo e Ivan apenas contaba con efectivos no xogo interior e o equipo visitante fixo valer a súa superioridade en tódolos aspectos do xogo durante todo o partido. Os locais so conseguiron facer un bo xogo e manter a cara o partido no primeiro cuarto.
2ª División Junior Feminino
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – BASKET CORUÑA LEYMA(48-40)
As júnior adestradas por Pais dominaron o partido de principio a fin, ante un equipo sempre perigoso e e levaron unha merecida vitoria que por fin lles daba dereito a ser campioas de Liga na súa categoría, con tan só dúas derrotas en toda a fase e mostrando un enorme nivel de xogo que da esperanzas de poder competir en cotas maiores.
2ª División Junior Masculino
- Resultado: COMPAÑIA DE MARIA – CE CUME CEE (38-32)
Dura derrota dos júnior na súa visita a Coruña. O enorme desacerto no tiro decantou un encontro moi disputado onde os censes tiveron mais de unha ocasión para levarse o partido. Os múltiples erros ao final regalaron a vitoria pero por outro lado merecida o conxunto coruñés.
2ª División Cadete Masculino
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – BASKET CORUÑA 00 (40-63)
O bo comezo dos cadetes ante un bo equipo deu esperanzas de conseguir a primeira vitoria da temporada para os cadetes pero un mal final de partido estragou todo o traballo conseguido ata ese momento. O equipo coruñés moito mais consistente e dominante no xogo interior acabaría levándose a vitoria cun gran xogo no último período.
2ª División Infantil Masculino
- Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE – BASKET CORUÑA 02 (52-27)
Extraordinario partido das pequenas do ACB que seguen na senda da vitoria e van disparadas cara os postos de cabeza. Conseguiron na tarde do sábado no pavillón de Brens a terceira vitoria consecutiva. Esta vez dominaron o encontro de principio a fin ante un rival de nome e se colocan na segunda posición da liga, mostrando un enorme nivel de xogo individual e colectivo.
- Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE – MARISTAS: (10-50)
- ACB COSTA DA MORTE: Lois; Adrián; Guillermo; Ramiro; David – quinteto inicial - Fran; Miguel.
Partido ante o líder da liga, que non dou ningunha opción os da Costa da Morte. A pesar do resultado e a derrota, o equipo mostra xa outra actitude, que empezou a verse no partido anterior ante Xiria. Teñen que seguir a traballar para mellorar ante os próximos rivais e intentar dar algunha sorpresa no que resta de liga.
Novas relacionadas
- Basket: As mozas seguen mantendo o nivel do ACB.
- Basket: As mozas ao poder.
- Fin de semana de vitorias, derrotas e desculpas para o baloncesto costeiro.
- Arrincou a tempada para o basket costeiro con boas sensacións.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- ACB Costa da Morte, Basket Xiria e Artai.