Luns. 14.10.2024
El tiempo

Basket: As mozas seguen mantendo o nivel do ACB

Basket: As mozas seguen mantendo o nivel do ACB
As Senior do ACB traen alegrias a familia do basket ceense As Senior do ACB traen alegrias a familia do basket ceense

As mozas do ACB Costa da Morte seguen sendo as que traen alegrías á familia do baloncesto ceense.

Catro de cinco foi o balance do fin de semana para os equipos da familia Artai metidos en competición. E non era unha xornada fácil para os equipos carballeses, con emparellamentos complicados. Os da base foron os que acadaron as vitorias e os Junior caeron na Coruña.

Na familia Xiria, o Carballo a un Paso Basket Xiria cerraba a primeira volta da primeira fase da 1ª Autonómica cunha vitoria en Mera, fronte o pechacanlceas.
Ademais, importante vitoria para os xogadores de Basilio Pampín do Basket Xiria Junior que ocupa a quinta praza da clasificación cun balance de 3 vitorias e unha derrota, mesmo balance que os equipos que van por diante na clasificación, agás o Basquet Coruña que segue invicto.

Familia AC

3ª División Sénior Masculina

  • Resultado: ADFRO - ACB COSTA DA MORTE (50-34)
  • ACB: Manu (7, 1T), Adrián (4), Deril (11, 2T), Iván (6), Jose- Quinteto inicial- Nefri, Diego e Gonzalo (6).

As baixas de Tinín, Pais, Sergio e Alfredo por motivos laborais deixaron o equipo sénior sen gran parte do seu xogo interior o que condicionou o xogo do equipo e do que o equipo local supo sacar vantaxa ao final do partido para levarse unha traballada vitoria.

Bo arranque dos costeiros que comenzaban cun parcial de 0-5 que os poñía en vantaxe e se levarían asi o primeiro cuarto. No segundo a circulación de balón atascouse e o equipo coruñés xa o aproveitou para poñerse en vanatxe ao descanso cunha apretada diferencia de tres puntos.

Tras a reanudación continuou a tónica do partido de igualdade e con ambos conxuntos defendendo moi ben, case non había canastas pero o comezo do decisivo cuarto os ceenses claudicaron e un parcial de 10-0 a favor dos herculinos decantou o partido, onde os do acb se vían negros para conseguir anotar.

 

2ª División Sénior Feminina

  • Resultado: BALONCESTO LOURENZA LUGO - ES BAZARRA COSTA DA MORTE (30-33)

Excepcional partido das sénior que conseguiron una enorme vitoria no peor desplazamento do ano que as facía desplazarse 250 kilometro ata Lourenzá en Lugo. Partido dominado polas defensas donde apenas se anotou desde o perimetro, unha boa primeira parte das ceenses lles deu unha certa vantaxa ao descanso, pero nun final apretadisimo se levarían unha merecida vitoria, estando sempre por diante no marcador. Terceira vitoria das senior que seguen na zona alta da temporada demostrando o enorme potencial que teñen.

 

2ª División Junior Masculino

  • Resultado: CE CUME CEE - CB ARTEIXO (50-32)
  • CE CUME: Adrian (19, 2t), Cristian V (6, 2T), Diego, Nando (9), Cristian M (8), Tomas, Luci (8) e Fran.

Un gran inicio ante a defensa en zona planteada por un correoso equipo de Arteixo lles dou unha vantaxa que superon administrar durante todo o partido, tendo o encontro controlado en todo momento e aguantando certos momentos de dubida xenerados por un bo equipo visitante Pese a malos minutos no segundo e terceiro cuarto non bo cuarto final volveronse a despegar e gañaron o partido despois de duas derrotas consecutivas.

 

2ª División Junior Feminino

  • Resultado: BASKET CORUÑA - ACB COSTA DA MORTE (33-37)
  • ACB: Lore (20), Tania,(2), Maria (6), Vivi (2), Lucia (7).

Mal partido das rapazas pero que malia iso conseguiron vencer ante un rival de categoría. Enorme partido de Lorena que con 20 puntos liderou o ataque e defensa das de Cee.

 

Resultados da base

  • Cadete masculino: CB Cambre - ACB Costa da Morte (121-22).
  • Infantil Feminino: Ferroatlántica Costa da Morte - CB Culleredo (42-57).
  • Infantil Masculino: Culleredo - Ferroatlántica Costa da Morte (53-2).
 

Familia Artai

2ª División Junior Masculino - xornada 5

  • Resultado: Liceo La Paz - CB Artai (53-46).
  • CB ArtaI (7+13+9+17) Marcos (19), Fran (6), Santi Pena (2 ), Iván (14), Santi Rey (2) e Juan (5).

Partido celebrado na mañá do sábado no colexio Liceo da Coruña. Chegaban os carballeses con cinco baixas ao partido, Javi, Rául, Pozas, Sergio e Antonio e sen a posibilidade de convocar a cadetes por coincidencia de horarios de partidos. Pese ás baixas, gran partido dos junior, dirixidos por Jordi e que aguantaron ata o cuarto final e loitaron pola vitoria ata o final.

 

Carballo Basket

1ª Autonómica Masculina

  • Resultado: Montrove - Carballo a un Paso Basket Xiria (54-74).
  • Carballo a un paso: Argüelles (7); Héctor (6); Roi (2); Tato (13); Cheik Kane (9)-Cinco Inicial- Cristian; Guillamet (11); Tomé (21); Pablo Carballo; Fran Cristóbal (2); Luis Gómez (3); Pablo Moreira.

Partido caracterizado polos altibaixos dos xogadores de Basilio Pampín que tan só conseguiron impoñerse con claridade no tramo final do encontro pechando o resultado no 54-74 final.
No primeiro cuarto o Carballo Basket Xiria comezou relaxado e concedendo tiros sinxelos ó rival permitindo os de Mera poñerse cunha ventaxa de 7 puntos finalizado tramo inicial.
O segundo cuarto foi un reflexo do global do partido cunha pequena remontada seguida dun baixón que permitiu acadar a máxima ventaxa a favor do equipo do Montrove +8, ventaxa que non volverían a disfrutar no resto do encontro, xa que, unha reacción antes do descanso permitiu os nosos irse con vantaxe no electrónico ó descanso 30-31.

Tralo paso por vestiarios os de Verde volven a baixar a garda encaixando un parcial de 10-0 a favor dos de Mera, provocando un tempo morto pedido por Basilio Pampín que serviu para reconducir a situación e lograr un cambio de actitude sobre todo defensiva para remontar a desventaxa e volver a cerrar o cuarto con superioridade no marcador 46-49.
Trala perda da vantaxe e a intensidade defensiva dos nosos, os xogadores locais frustráronse e acusaron a falta de concentración que se reflexou no desacerto de cara ó aro, esta situación sumada ó acerto dende o tiro exterior e da liña dos tiros libres dos xogadores do Xiria abreu brecha no electrónico que se parou no 54-74 final.

 

Junior Masculino Liga Galega

Junior dos Xiria Junior dos Xiria
  • Resultado: Ortodix Basket Xiria - Instituto Rosalía (59-54).
  • Xiria: Puente (1); Melini (17); Cristian (3); Moreira (11); Estany (5); Fidalgo (5); Carballo (11); Mallo (3); Cotelo (2); Aitor (2).

Gran encontro e moi competido o disputado o domingo pola mañá no Vila de Noia dos júnior de Carballo e Santiago de Compostela. Dende o inicio os nosos plantexaron defensas zonais alternativas dificultando a anotación os xogadores do Rosalía.
A mellora no rebote defensivo e a intensidade as posesións para os de Basilio Pampín foron máis numerosas para anotar dende o contraataque e o xogo rápido con boa circulación do balón no xogo estático.

No terceiro cuarto lograron os carballeses as máximas diferenzas no electrónico baseadas nunha boa defensa e acerto ofensivo. Dende ese momento o rival colocouse nunha defensa zonal 3-2, que non fomos quen de atacar, algo que permitiu os santiagueses recortar diferenzas no marcador. A defensa plantexada polos xogadores de Rosalía continuou atragantandoselle os nosos provocando malos tiros e perdas de balón, que rematarían en canastras en contraataque sinxelas ou tiros libres para os visitantes.
A vantaxe no marcador favoreceu os xogadores do Xiria nos últimos minutos do partido, xa que foron quen de manexar con serenidade as diferenzas a favor, algo que os de Santiago non conseguiron.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios