Basket: Pensando no Nadal


Na 3ª División Sénior, o Artai vencía de novo e se mantén líder empatado co Laracha e só unha derrota en 8 partidos. Pola contra, o ACB pecha a clasificación sen coñecer aínda o sabor da vitoria, pero amosou unha boa melloría en Arteixo e só as baixas (foron 5 xogadores) impediron que os ceeses sumasen.
Mentres a nota positiva da familia Xiria (a 1ª División tiña parón) dérona os equipos femininos da familia Xiria, que fixeron un pleno de vitorias.
Recollida de xoguetes
De cara ao Nadal, Cruz Vermella saca unha campaña de recollida de xoguetes na que colaboran o Concello de Carballo e a Escola Basket Xiria. O ano pasado foron 127 os nenos que recibiron algún agasallo gracias a esta iniciativa, e este ano queren aumentar as cifras. A campaña está aberta ata o domingo 17. Os xoguetes poden entregarse na sede da Cruz Vermella, nos adestramentos e partidos da Escola Basket Xiria e na Biblioteca Rego da Balsa.
3ª División Sénior, Grupo Coruña B, xornada 8
- Resultado: CB ARTEIXO - ACB COSTA DA MORTE (49-39)
- CUME: Manu (5); José (4); Deril (10); Sergio (9) e Alfredo (11)
Partido que estaría marcado polas baixas dos ceeses, que se repuxeron dos contratempos e conseguiron plantar cara e xogar a un bo nivel durante todo o encontro. Gran partido na saída da presión proposta por Arteixo, onde sempre atoparon ao home libre e sen despistarse. Incluso sen ter cambios, na metade do partido ían arriba por dous puntos, mais unha lesión de José no terceiro período, que fixo estar ao equipo con 4 xogadores na pista durante dous minutos, e que o deixaría tocado, pero na pista, durante o resto do encontro, mais a expulsión por acumulación de antideportivas de Deril faltando 4 minutos para o final, decantou a balanza a favor dos locais.
Polo demais, os junior e os cadetes da familia ACB caían na Coruña ante o Basquet.
3ª División Sénior, Grupo Coruña B, xornada 8
- Resultado: CALVO ARTAI - ADFRO O PERCEBEIRO (66-34).
- Parciais: 21-4, 21-7, 6-18, 18-10.
- CALVO ARTAI: (21+21+6+18): Jaime (10), Iglesias(2), Marcos(4), Pedro(3), Alesandro(2), Fer Mariño(8), Cebral (10), Adrian (6), Ivan Cancela(3), Dani(2), Andrés (6), Diego Mallo(11).
Boa mostra do distinto nivel entre os dous equipos manifestouse no primeiro cuarto, en que os carballeses lograban unha vantaxe de máis de 15 puntos, permitindo só anotar aos visitantes dúas canastras de xogo. Aproveitaron os adestradores locais para rotar aos 12 xogadores dispoñibles e así poder dar minutos aos menos habituais.
O terceiro cuarto foi máis igualado pero non suficiente para presionar un partido de trámite para os carballeses.
Crónicas da tempada
- Derbi costeiro con acento carballés.
- Xornada de derbis de base.
- A canteira toma o protagonismo.
- Da boa saúde do baloncesto carballés.
- Mans de manteiga.
- O debut histórico do Artai Sénior centra a atención da xornada do basket costeiro.
Novas relacionadas
- Setembro 17: Ferroatlántica retira o seu apoio ás entidades deportivas.
- Xuño 2017: Iván Villaverde estrease a vindeira tempada como entrenador do primeiro equipo do Calvo Basket Xiria.
- Maio 17: O Vázquez y Reino métese na Fase de Ascenso no ano da súa estrea.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).