Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Bibi e o renacemento do Muros

Bibi e o renacemento do Muros
Bibi adestrador do renacido Muros-Foto-Manuel Caamano Bibi, adestrador do renacido Muros, durante a celebración do ascenso-Foto-Manuel Caamano O verán de 2014 trouxo unha mala nova: a desaparición do Muros, un histórico do fútbol costeiro. Pasou o tempo e non había esperanzas de recomposición, pero este ano un grupo de xente botouse para adiante e logrou que o Muros volvera a competir. As expectativas non eran excesivas dun inicio, pero o bo traballo do grupo, e sobre todo dun adestrador novel, ex xogador do equipo, levou ó Muros á volta á Liga da Costa. Falamos de Bibi. Ex xogador de Muros, Lira, Cee e Soneira, con un palmarés onde hai unha liga de xuvenís, outra de 3ª, a Liga da Costa co Cee, e o que todavía se fala como a Copa da Costa que levou o Ponteceso pero que debiu levar o Cee, empeza a engrosar o seu currículo como adestrador. Xa tiña unha Copa da Costa co Muros, e agora xa conta cun ascenso á 2ª Galega. Bibi, un adestrador de futuro, contounos isto: QPC - Que foi o que che moveu a facerte adestrador e aceptar a oferta do Muros? Metinme de adestrador porque sempre me gustou, pero por traballo e pola familia non tiña o tempo suficiente para adestrar e por iso non o fixera antes. QPC - E no teu primeiro ano un ascenso. Supoño que a principio de tempada non esperábades un éxito tan pronto. Non, isto para nos é un soño. Creo que ninguén apostaba por nos. O noso obxectivo era intentar facer un bo grupo de xogadores e meternos na fase de promoción, pero ó final o ascenso chegou antes. QPC - Na túa opinión onde estivo a clave para que o Muros sexa xa equipo de 2ª? A clave do ascenso foi ser un equipo moi humilde, nos somos como unha familia. Neste equipo ningún chaval cobra, e para min outra clave foi as gañas e ilusión dos rapaces. QPC - Como viches a categoría? Cal foi o rival máis duro? Para min este ano os mellores fomos nos, jejej...pero bueno, os Volantes teñen o mellor equipo, con xogadores de nivel de categorías superiores. QPC - Para a promoción de ascenso, atréveste a dar un pronóstico? Penso que ascenderán ou Ameixenda ou Camelle. QPC - Futbolísticamente, como definirías ó Muros de Bibi? Somos un equipo moi forte defensivamente, e baseamos moito o xogo na velocidade das bandas e do ataque. QPC - Pensas xa no papel que pode facer o Muros en 2ª o ano que ven? Agora mesmo creo que con este equipo estamos un pouco limitados para 2ª, pero o obxectivo sería non descender. QPC - E o futuro de Bibi pasa por Muros? Bufff, ata agora non o pensei, non sei que facer nin o que fará a directiva. A miña primeira opción sempre será o Muros, a non ser que me chame o Cádiz, que é o meu equipo de sempre, jajaja... Agora mesmo penso en acabar este ano e desconectar un pouco e xa se verá.

Comentarios