Venres. 26.04.2024
El tiempo

Bm: Camariñas e Xiria estréanse na casa despois dun comezo de curso ilusionante

Bm: Camariñas e Xiria estréanse na casa despois dun comezo de curso ilusionante
Os Boya Blues co Bm Camarinas-Foto-Emilio Roca Os Boya Blues, a mellor afección da categoría-Foto-Emilio Roca

Comezou a pasada fin de semana na 1ª Estatal Masculina para os nosos equipos do Calvo Xiria e Balonmán Camariñas. Dous equipos que parten con expectativas diferentes, pois se ben os carballeses aspiran, alomenos a volver a meterse na Fase de Ascenso (o ano pasado quedou outra vez ás portas do ascenso, ou Bm. Camariñas segue pensando na permanencia, acadada non sen apuros na tempada anterior.

Esta semana volven a casa para presentarse ante as súas entregadas afeccións.

Pola súa parte o Bm. Xallas, da man de Víctor Garrido aínda non comeza a competición en 2ª Autonómica ata o 13 de outubro.

Por Camariñas

Deste xeito, o propio Moncho Canosa, adestrador camariñán, valora que “o obxectivo desta tempada non vén a ser outro que a permanencia e asentarse na categoría, sempre facéndoo cos nosos sinais de identidade: xogo vistoso, rápido e en comunión coa xente do pobo. A idea de que somos unha gran familia está e debe estar presente sempre”.

O equipo aínda ten a porta aberta a fichaxes de última hora, pero a gran novidade é que contan cun equipo xuvenil que permitirá axudar cando vaian chegando as baixas inevitables, pero saben que poden competir con calquera.

A primeira foi unha boa xornada para os nosos, pois ademais da importante vitoria do Calvo pola mínima ante un rival directo, o Camariñas caía pero con grandes sensacións en Bueu.

O Camariñas caía por 32-29 na pista do B. Bueu, nun partido que deixou moi boas sensacións para o futuro. Custoulles entrar aos costeiros, e marcharon ao descanso 7 arriba. Pero no segundo tempo, un cambio defensivo táctico, maior aportación na portería e sobretodo de actitude, fixo que se achegaran ata 3 goles a falta de 12 minutos. Aí fallou a puntería e os conserveiros desperdiciaron 5 contraataques claros (1x1) para acabar sucumbindo ante o rival.

Esta fin de semana o cadro de Canosa recibe no Areal ás 18:30h ao Bm. Oviedo, un dos equipos novos na categoría. “Será importante sumar comezar a facer inexpugnable o Areal, que debe ser desde onde se fragüe o obxectivo da permanencia e sobretodo o obxectivo de disfrutar da categoría cos nosos aficionados, a mellor afición e máis numerosa da categoría, encabezada polos nosos queridos Boya Blues”, recoñece Moncho Canosa, que conta con 8 xogadores de campo (1ª liñas: Xabi, Eusebio, Fari, Antelo, Manuel e 2ª liñas: Fran, Alan, Héctor) e 3 porteiros (Cristian, Félix e Álex). Serán baixa Alberto e Damián (lesión) e Fabián (motivos laborais).

Por Carballo

Os de Fernando Vázquez comezou a temporada de xeito soñado, vencendo na casa dun rival directo como o Embutidos Lalinense (30-31). Partido de gran traballo que demostra que unha vez máis o equipo estará na parte alta. Un choque que comezaba con moitas imprecisións polos dous bandos, típicas de inicio de temporada, pero que se foi quentando sempre sen grandes diferencias no marcador. No momento clave, nos últimos 5 minutos, un parcial de 1-3 colocaba aos carballeses 26-28, e na recta final os carballeses souberon aguantar as embestidas locais nun final tremendamente apretado quedando con 4 xogadores de campo na pista, como podemos ver na retransmisión do partido.

https://www.facebook.com/balonman.lalin/videos/2126881367561649/?t=2614

Esta 2ª xornada o Calvo recibirá ao Castro Lavadores o sábado ás 20:00h, coa intención de seguir sumando de 2 en 2, nun pavillón Vila de Noia que parece estará abarrotado dado o gran cartel do choque e a expectación por ver as novas incorporacións do Calvo Xiria.

Máis información

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-calvo-outra-vez-as-portas-da-division-de-honra-b/ https://quepasanacosta.gal/balonman-unha-permanencia-sufrida-en-camarinas-e-unha-ilusionante-fase-de-ascenso-en-santona/

Comentarios