Bm: O verde púxose en negro
07:40 27/11/18
A familia do Xiria tinguise de Negro contra as violencias
Ata Xixón desprazábase o Calvo Xiria tras moitos anos sen ter enforntamentos galego-asturianos na 1ª Estatal. E a sorte caeu do lado verde, que soubo manexar os tempos nos últimos segundos para acadar a vitoria e manter o liderato.
Pola contra, o Camariñas non puido sumar a súa segunda vitoria, caendo en Ourense e baixando á penúltima praza.
Chegou a primeira derrota do Balonmán Xallas en partido oficial nesta campaña na 2ª Autonómica. Foi en Tui, nun partido no que os locais souberon aproveitar as súas bazas e deixar os dous puntos na casa. Os xalleiros manteñen en todo caso o liderato, con 12 puntos, dous máis que un Poio que conta cun partido menos.
1ª Estatal, xornada 10
- Resultado: Bm. Ribadavia Carnes Doribeiro- Bm. Camariñas (33-28)
1ª Estatal, xornada 10
- Resultado: Procoaf Gijón - Calvo Xiria (23-24)
- Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (1), Gabriel Castiñeiras, Julián López (1), Pablo Iglesias (4), Chimpo (3), Carlos García (6), Iago Franco, Juan Carlos Rodríguez (2), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas, Alejando Calvete, Iván Amarelle, Enrique Pena Pensado (2).
2ª Autonómica, xornada 7
- Resultado: Bm. Tui - Bm. Xallas (27-23)
Con varias baixas se presentaban os xalleiros en Tui, o que sumada a descalificación directa (excesiva) de Iván Campos cando apenas transcurriran 10 minutos deixou mermado o equipo, sobre todo no centro da defensa. As imprecisións en ataque e a falta de solidez defensiva reflexaba un 13-10 o descanso.
Na segunda parte saleu mellor o Xallas que logo de gañar fluidez no seu ataque e subir a súa defensa a 4:2 sobre o central e o lateral esquerdo do Tui logrou igualar a contenda. Una serie de decisións arbitrais outra vez moi cuestionadas polos xalleiros deixounos en inferioridade nos ultimos minutos, cando o marcador era de empate, o que acabou por decantar a balanza a favor dos locais.
Pola súa banda, as xuvenís sumaba unha cómoda vitoria na casa.