![Carballal - BM Xallas]()
O Bm Xallas estreou o taboleiro de vitorias ante o Carballal
Doble e sabriosa vitoria costeira na 1ª Estatal, que mantén ao Calvo Xiria a 1 só punto do líder, o Novás, mentres que o Bm. Camariñas ascende á 8ª praza trala segunda vitoriua consecutiva, case que ollando máis cara arriba que cara abaixo.
A nova da semana foi protagonizada polo Bm. Xallas que conseguía a primeira vitoria da temporada ao vencer en Vigo ao Carballal, despois de varias semanas de gran melloría pero pouca sorte cos marcadores finais.
1ª Estatal, xornada 11
- Resultado: Bm. Camariñas - Bm Calmear Rasoeiro (34-29)
- Bm. Camariñas: Cristian (p), Félix (p), Alan (4), Cristian Canosa (8), Eusebio, Joaquín (1), Borja, Fabio, Alberto (11), Fran Carril, Diego Alonso (2), Fabián (8), e Xabi.
Fundamental vitoria do cadro conserveiro para deixar moi afundido un rival directo por evitar o descenso. E, coma sempre espoleado pola mellor afección de toda Galicia, o equipo de Moncho Canosa deu a cara, e afrontou o partido con forza. Comezou anotando con facilidade, cunha defensa irregular pero por momentos efectiva, que non permitía marcharse no marcador.
Tardou en escapar o cadro camariñán, e non foi ata o minuto 50, gracias ao seu bo estado físico, os costeiros fixeron unha diferencia de 6 goles vital para acadar a segunda vitoria consecutiva, das 3 que se marcaban hai 15 días para marchar ao Nadal ben situados na metade da táboa.
1ª Estatal, xornada 11
- Resultado: Calvo Xiria - Bueu At. Bm (32-26)
- Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila (2), Carlos Vilanova (6), Gabriel Castiñeiras (2), Julián López, Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (8), Hugo Rodríguez (4), Miguel Suárez-Pumariega, Juan Carlos Rodríguez (4), Manuel Méndez (4), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete, Sergio Facal Fariña (1).
Non se deixou sorprender o Calvo ante a Visita do Bueu. Dende o primeiro minuto saíron enchufados os carballeses, pero tiveron os seus altos e baixos. Antes do descanso o Bueu conseguía darlle a volta ao marcador, pero un tempo morto a 13 do descanso espabilou aos verdes, que marcharon por diante aos vestiarios gracias a un clarop 7-1.
A segunda foi de trámite pois a vitoria estaba asegurada.
2ª Autonómica, xornada 8
- Resultado: Granitos Ibéricos Carballal - Bm. Xallas (26-32)
- Bm. Xallas: Martín (porteiro), Raúl (7), David (2), Samuel (2), Marcos (3), Damián (5), Alex (7), Eloy (6), Dani, Juan, Gonzalo e Roi.
Coa volta de Damián, os de Santa Comba chegaban optimistas a este encontro para conseguir sumando esa primeira vitoria que se lles levaba resistindo nas últimas semanas. E así se viu nada mais comezar o partido; nos primeiros minutos de xogo xa conseguía abrir diferenzas cun parcial de 7-1, vantaxe que mantiveron todo o encontro, e incluso chegaron a ampliar por momentos na primeira metade, onde o equipo local sufría para ver a portería defendida por Martín.
A boa defensa facilitaba as contras, e en ataque posicional tamén conseguian ver porta con facilidade, polo que a renda chegou ata os 9 goles, nun tranquilizador 3-12 para os de Santa Comba.
A partir de aí, Carballal reaccionou e aumentou a intensidade en defensa, o que permitiu aos locais recortar a diferenza a 5 goles ao descanso, logo de varios erros nos lanzamentos e boas intenvencións do porteiro local, chegabase ao descanso cun 10-15 a favor do Xallas.
Á volta do descanso os xalleiros volvían outra vez ao partido, e mantiñan a vantaxe para os xalleiros. Nos minutos finais, os vigueses intentarono con defensa individual, o que facilitou algunhas recuperacións de balón que non conseguían culminar.
Máis información
Crónicas da tempada
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).