Bm: Pensando nas probas de final de ano


Tiña esperanzas a expedición camariñá de sacar algo positivo do desprazamento a Xixón. pero desde o inicio se viron superados por un cadro local máis enchufado e con máis chispa, se cadra pola longa viaxe e polas importantes baixas que levaba Moncho Canosa (Alan e Fanián). Unha nova derrota que deixa aos camariñáns na zona baixa da clasificación da 1ª Estatal, pero en todo caso , o cadro camariñán pensa xa nos vindeiros 4 encontros ante rivais directos nos que se xogarán as súas opcións de salvar a categoría (Chapela na casa, visita ao Octavio, e despois do nadal recibirán no Areal a Rasoeiro e Bueu).
Por arriba o Calvo mantense no máis alto da táboa despois de vencer ao Academia Octavio nun duelo completamente desigual. Os carballeses sumaron ademais goles para manter a súa loita polo liderato.
Ademais, en 2ª Autonómica, o Bm. Xallas recuperaba a senda da vitoria e a falta da próxima xornada contra o Ribeiro, os xalleiros poderían irse ás vacacións de nadal no primeiro posto da clasificación, o que viría confirmar o bo inicio e as aspiracións existentes.
1ª Estatal, xornada 12
- Resultado: Procoaf Gijón - Bm Camariñas (32-18)
O equipo intentouno pero víase que lle faltaba unha velocidade para este partido, e cando tivo opcións de meterse nel non estivo afortunado de cara a gol. Moitas rotacións cara o final do encontro para dar minutos aos xuvenís que fixo inflar o resultado.
1ª Estatal, xornada 12
- Resultado: Academia Octavio - Calvo Xiria (23-38)
Partido sen historia en Vigo, que comezaba cun claro 2-10 para os verdes. Ao descanso, a pesar de varios minutos de relaxación carballesa, marchaban con 5 de vantaxe. Na segunda, con media intensidade, o equipo solventou o choque e sumou bos goles.
2ª División Autonómica
- Resultado: Xallas - Ferrolterra (36-18)
Campamento Xiria de Nadal
