Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Bo comezo de curso para a familia do tenis de mesa costeiro

Bo comezo de curso para a familia do tenis de mesa costeiro
Dubratambre - Concello Mazaricos copia Gran vitoria do Concello de Mazaricos en Dubra para comezar a temporada

Comezou a competición na nova temporada para a familia do tenis de mesa da Costa da Morte. Dende Zas, pasando por Vimianzo e Mazaricos, os costeiros xa están en marcha, e con boa nota. A excepción do equipo senior, que compite en 2ª División Nacional, que perdeu por 4-2, o resto dos equipos solveltaron favorablemente os seus compromisos.

Cómpre salientar o traballo do equipo do Concello de Mazaricos, que debutou na categoría de 3ª Nacional cunha vitoria e ante un dos equipos que xa leva moitos anos competindo a ese nivel. Notouse nestre caso o reforzo que supon, para os mazaricáns, de Miguel Rey, o seleccionador galego que no debería perder ningún partido nesta categoría. Tamén foi contundente a vitoria do AD Zas Construcciones Cernadas ante a SD Hípica Coruña.

En 2ª División Galega moi disputado o encontro entre os equipos de Zas e que favoreceu ao AD Zas Dimobel Bazar Baio pola ausencia no ultimo partido de Budi por un problema familiar.

2ª División Nacional, grupo 1

  • Resultado: Diario de Pontevedra - AD Zas Ponciano Nieto (4-2)
Unha mágoa que os de AD Zas Ponciano Nieto no aproveitasen o seu desprazamento a Pontevedra para conseguir a súa primeira vitoria da liga.

3ª División Nacional, grupo norte

  • Resultado: AD Dubratambre - AD Zas Ponciano Nieto (3-4).

1ª División galega, grupo centro

  • Resultado: AD Zas Construcciones Cernadas - SD Hípica Coruña (4-0).
  • 2ª División Galega, grupo centro

    • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - AD Zas O Pinar (4-3).
    • Resultado: Arteal TM - VTM Pinturas Figueiras (2-4).
     

    Próxima xornada

    Este fin de semana dispútase a segunda xornada de tenis de mesa para todos os equipos masculinos da comarca. estes son os compromisos.

    Sábado 6 de outubro, todos os encontros as 17 horas:
    - 2ª división nacional, en Sigüeiro, Oroso: Oroso TM - AD Zas Ponciano NIeto.
    - 1ª división galega grupo centro, no ximnasio do CPI de Zas: AD Zas Construcciones Cernadas - Relojería Enrique de Cambados.
    - 2ª división galega, grupo centro, todos as 17 horas: VTM Pinturas Figueiras - Finisterre Sphera de A Coruña, en Vimianzo; Arteal Promesas - AD Zas O PInar; e Club del Mar infantil - AD Zas Dimobel Bazar Baio.

    Domingo 7 de outubro ás 11 horas no pavillón de Mazaricos:
    - 3ª división nacional: Concello de Mazaricos- CD San Ciprian de Lugo.

Comentarios