Borracheira de trofeos para taekwondistas e bailaríns de Arte e Movemento
Non para de colleitar bos resultados o Club Baile Deportivo Arte e Movemento, tanto en baile como en tawkwondo.
E comezamos co baile, pois este domingo 1 de abril, o clube ceense desprazouse a Narón, con 72 bailaríns (36 parellas) desde dististos concellos da Costa da Morte.
Participaron as 8 parellas que forman o equipo de competición e que xa compiten habitualmente, obtendo estupendos resultados por todo a comunidade, e nesta ocasión non foi menos.
As 8 parellas chegaron as finais e trouxeron trofeos para o clube, 6 de elas no podio.
- Iván Antelo - Aida Carril (Vimianzo - Santa Comba) - 1º categoría E.
- Juan Luis Lista- Noelia Regueira (Muxía - Mazaricos) - 2º categoría E.
- Manuel Otero - Lucía Lavandeira (Rois) - 2º categoría D.
- Cristian Domínguez- Laura Rivadulla (Cee) - 2º categoría D.
- Martín Otero- María Otero (Rois) - 3º categoría E.
- Roberto Ézara - Patricia Túñez (Cee) - 3º categoría B.
O baile, un deporte esixente
Cómpre lembrar que o baile deportivo é unha modalidade deportiva reconocida xa en Galicia dende fai 1 ano, e que ten xa Federacion Española dende fai a penas un mes.
Calquera das parellas que forman o equipo de competicion de Arte e Movemento, desprazanse a Cee 3 veces por semana para entrenar varias horas. Moitas das parellas estan formadas por deportistas de moi distantes concellos, que dende o clube forman para buscar "a parella" que teñan igual idade, carácter, técnica e sobre todo disciplina. Trátase dun deporte moi duro, tanto fisica como técnicamente, e que precisa de moitas horas para alcanzar o nivel necesario para a competicion.
28 novas parellas
Ademais o equipo Arte e Movemento ofreceulle a posibilidade de participar nesta competición en categorías de Iniciacion a 28 parellas máis do clube, que para elas era a súa primeira competición.
Por encima das espectativas iniciais, todas defenderon ó clube acadando 13 das parellas a final e polo tanto 13 trofeos máis, en grupos moi numerosos, e mesmo 4 de elas o podio.
- Tomás Facal e Antía Vidal (Zas) - 1º posto Categoría F.
- Javier Negreira e Melani Lois (Santa Comba) - 1º posto categoría F.
- Lara Trillo e Alexia Mariño (Cee- Dumbría) - 2º posto categoría H.
- Iria Muiño e Noelia Quintáns (Santa Comba) - 3º posto categoría H.
Máis éxitos deportivos
Ademais, traemos traen a crónica do Campionato provincial de tecnica, celebrado o pasado 18 de marzo no pavillon de Cee. O clube organizador Arte e Movemento acadou 6 clasificados para o Autonómico nesta modalidade.
E por se foran poucos os bos resutados, o pasado sábado 31 de marzo Arte e Movemento desprazouse a Betanzos onde brillou no provincial de exhibicion e combate. En Exhibicion o Club presentou 3 equipos: dous en cadete e un en alevin e os 3 equipos foron clasificados para o Autonómico que se celebrará neste mes de abril:
- O Arte e Movemento Cadete (Cee) quedou subcampeon provincial.
- O Arte e Movemento B Cadete (carnota) quedou cuarto.
- O Arte e Movemento infantil (Cee) quedou terceiro.
En Combate case todos os rapaces do club acadaron a medalla, polo tanto clasifícanse tamén para o Autonómico.
- Ylenia Martínez (Vimianzo) - 3º posto Peso superlixeiro.
- Andrea Pazos (Vimianzo) - 1º posto Peso medio.
- Andrea Canosa (Vimianzo)- 2º posto peso medio.
- Ismael Senande (Carnota)- 3º posto peso minimosca.
- Brais Fernández (Carnota)- 3º posto peso mosca.
- Adrián Saborido (Carnota)- 1º posto peso pesado.
- Adrián Vázquez (Carnota) - 3º posto peso pluma.
Novas relacionadas
- O carnotán Anxo Fernández representará a Galicia nun Open Internacional de Taekwondo.
- 3 medallas costeiras no Campionato Galego Infantil de Combate.
- O baile de Arte e Movemento estreou 4 novas parellas en Marín.
- Unha prata e un bronce con humildade para os taekwondistas da Costa da Morte.
- Xornada de aprendizaxe a nivel galego para os taekwondistas da Costa.
- Unha prata galega para o taekwondo ceense.
- Un ouro, dúas pratas e dous bronces para os taekwondistas da Costa en Malpica.
- 9 deportistas costeiros clasificados para a Copa Xunta de Galicia de Taekwondo.
- Comeza a campaña de taekwondo para ducias ducias de rapaces da bisbarra.
- 880 veciños participan nas actividades deportivas de Cee.
- Exhibición 2011: 2.000 persoas vibraron en Cee cunha tarde preciosa de baile e taekwondo.
- Exibición 2010: Máis de 1.500 persoas disfrutaron da beleza das artes marciais en Cee.
- Os taekwondistas costeiros acadaron o 2º posto nos Provinciais e preparan a exhibición anual.
- 3 pequenos taekwondistas da Costa clasifícanse para o Campionato Galego.
- Camariñas puxo o quimono.
- Doble éxito do taekwondo e do baile da Costa da Morte.
- A escola Arte e Movemento baila e pelexa.
Fonte
- Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.