Luns. 09.12.2019
El tiempo

Bota andar, co prazo de inscrición aínda aberto, a pioneira Escola de Xadrez de Muxía

Bota andar, co prazo de inscrición aínda aberto, a pioneira Escola de Xadrez de Muxía
David Lariño, o mestre da Escola de Xadrez de Muxia David Lariño, o mestre da Escola de Xadrez de Muxía, durante a presentación

Xa son 25 os inscritos na fantástica Escola Municipal de Xadrez, pero esperan que sexan moitos máis porque non é doado contar en Galicia cun nivel tan alto en materia formativa. As clases comezan este martes 20 de marzo, se ben aínda está aberto o prazo de inscrición.

Este pasado venres tivo lugar a presentación oficial da Escola, cunha posta en marcha moi intensa na que o protagonista foi o mestre da escola, David Lariño, todo un campión de España, Maestro fide (MF) en 2004, Maestro internacional en 2006 e Gran maestro (GM) en 2013.

Os/as asistentes tiveron a oportunidade de xogar unhas partidas de xadrez simultáneas contra todo un campión como é David Lariño, e codearse por uns intres, contra un xogador de nivel internacional.

Partidas simultaneas na Escola Municipal de Xadrez de Muxia Lariño disputou varias partidas simultaneas na Escola Municipal de Xadrez de Muxia Novos alumnos da Escola Municipal de Xadrez de Muxia [email protected] [email protected] da Escola Municipal de Xadrez de Muxía

Inscrición

As clases estarán separadas por niveis, serán impartidas os martes, mércores e venres de 18:00 a 21:00 horas e desenvolveranse no edificio de servizos múltiples do Concello de Muxía.

O prazo de inscrición segue aberto, e para formalizar a mesma, ten que poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello (de 8:30 a 13:00 h. de luns a venres) no tlf. 981 742 001 ou no enderezo eléctrónico [email protected]

De todas as idades Lariño con Santi Pérez, o gran promotor da escola dende o Club Cabo Touriñán, durante a presentación Lariño con Santi Pérez, o gran promotor da escola dende o Club Cabo Touriñán, durante a presentación

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios