Breves do fútbol costeiro

A Xunta Directiva do Baio anuncia que o próximo sñabado 16 de xullo vai celebrar a Asemblea Xeral Ordinaria no Auditorio do Pavillón Polideportivo de Baio en horario de 19:30 horas (1ª convocatoria) e 20:00 horas (2ª convocatoria), para a que están convocados todos os socios e socias deste club.

A orde do día será a seguinte:

  • 1) Balance deportivo da temporada 2010-2011.
  • 2) Balance económico da temporada 2010-2011.
  • 3) Proxecto deportivo para a temporada 2011-2012.
  • 4) Rogos e preguntas.

Borja Munitis volve a Fisterra

A directiva da S.D.Fisterra ten a ben anunciala fichaxe de Borja Blanco Dominguez, xogador fisterrán que a mediados da campaña pasada tivo que saír do clube en búsqueda dos minutos que non dispoñia na entidade verde fichando pola U.D.Corcubión, ca cal acadou o ascenso de terceira rexional á liga da costa. Este xogador pode xogar tanto de lateral como de extremo dereito.

Novas relacionadas

Novas de fútbol base

Máis información

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal)