Camariñas prepara a súa San Silvestre
07:31 04/12/14
Pendentes estamos da simpática proba baiesa, pero a San Silvestre camariñá xa se está convertindo en referencia na zona. Ademais, con este auxe do atletismo, que non do runnin, seguro que a proba vai ser sonada. Xa o ano pasado foi todo un éxito de participación, e este domingo 28 de decembro terá lugar a 2ª San Silvestre Camariñá, organizada polo Club Balonmán Camariñas.
Unha proba que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).
Novas relacionadas
- O coristanqués Cristian Muíño, campión do I Circuito Correndo pola Costa da Morte.
- Saio a correr, non saio a running.
- 2013: Dous vimianceses no podio da San Silvestre de Camariñas e outra na Pedestre carballesa.
- 2012: A San Silvestre disfrazada de Baio.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).