Carballo acolle esta sábado unha xornada da liga Babybasket
08:13 25/04/17
O vindeiro sábado, día 29, terá lugar en Carballo unha nova xornada da liga de Babybasket organizada pola federación galega de Baloncesto. Nesta liga participan nenos e nenas nadoes entre o 2009 e o 2012 e na que participan xogadores de toda a xeografía galega.
Xogarán en formato concebido para 4×4 e cun marcado carácter non competitivo. Os xogadores e xogadoras máis novos están a ser partícipes da cara máis necesaria do Basket, aquela que implica fomentar a práctica do deporte e fai crecer nos valores que este transmite. Nesta ocasión a organización recae sobre os dous equipos de Carballo, o club Baloncesto Artai e Escola Basket Xiria.
Nesta competición xogan os xogadores máis pequenos dos clubes ( nados no 2012, 2011,2010 e 2009) e teñen un peculiar formato pois xogan catro contra catro en dous periodos de doce minutos, sen árbitros e no que non hai resultado final, primando a formación sobre o aspecto competitivo. É a primeira vez que se disputa esta competición en Galicia, logo da boa acollida da idea do día autonómico do Pequebasket, creado xa fai cinco anos pola Escola Basket Xiria, e que se repetirá este ano o 17 de Maio do 2017.
Os partidos que no pavillón Bergantiños empezarán ás once da mañán e durarán ata a unha e media da tarde. Paticiparán os equipos da escola pequebasket Xiria Carballo; CB Artai Carballo; Escola Primaria; Franciscanos; CB Culleredo; Emilia Pardo Bazán; CD Los Rosales; Liceo La Paz; Dominicos e Esclavas.
Máis información
Novas relacionadas
- Basket: O Xiria xogará a Fase de Ascenso e pensa no Babybasket e no Basket Surf Camp de Razo
- Mirando en fite as fases de ascenso.
- O Vázquez y Reino métese na Fase de Ascenso no ano da súa estrea.
- A 3 pasos da Fase de Ascenso á Liga EBA.
- Volveu o baloncesto con regalo tardío de Reis.
- Líder Xiria.
- Sol polo Norte e frío polo Sur.
- Un debut de Peli.
- O Basket ponse de negro contra a violencia de xénero.
- Basket: Carballo vence á Coruña.
- As Junior do Peugeot Dimolk Basket Xiria únense ao Mannequin Challenge.
- O Vázquez y Reino tamén sabe gañar fóra da casa.
- Xornada de derrotas para o basket costeiro.
- Arrincou a tempada para Xiria, coa gran estrea do Sénior Feminino, Artai e ACB.
- Carballo vístese de verde Xiria.
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).