Carballo tírase á piscina co AD Fogar


Hoxe poñemos o gorro, pero o de baño, e marchamos ata Carballo. E o facemos da man da Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude, un equipo de Natación, Triatlón e Aventura que toma parte nas competicións federadas de nivel rexional, nacional e internacional, en tódalas categorías dende Benxamíns ata veteráns.
De entre todos, cómpre destacar a labor dos Veterans (maiores de 20 anos), que tras dúas xornadas disputadas da Liga Galega en Lugo e Carballo, o equipo Master carballés lidera a clasificación provisional con 196,5 pts de vantaxe sobre o 2º clasificado, o CN.Travesas de Vigo.
Toca agora facer un breve parón invernal ata o próximo 16 de marzo, data na que Monforte será sé da 3ª xornada.
Tamén os infantís

Pero non só destacan os Veterans. Este pasado sábado disputábase na Piscina Municipal Santa Isabel de Santiago de Compostela (25m e 8 rúas), o Campionato Galego de Longa Distancia sobre 2000m (Categoría Infantil) e 3000m (Categorías Junior e Senior). Participaban uns 60 nadadores de toda Galicia, e entre eles un carballés.
Alberto Tomé Brandón (1999) quedou 12º en categoría Libre Masculino Infantil . Un Alberto que pasa por ser o mellor nadador da AD.Fogar de Carballo e Oleiros durante a pasada campaña tras sumar 17 mellores marcas do club (14 anos) e tomar parte como broche final da tempada nos Nacionais de Verán disputados en Manresa.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).